• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
Inicio Fútbol Máis fútbol

A Selección Española xogará contra Bélxica en Riazor antes de ir aos Xogos de París 2024 nunha homenaxe ao Karbo

O encontro celebrarase o martes 16 de xullo ás 19.00 horas | As entradas pódense mercar na web da RFEF

Redacción As Nosas por Redacción As Nosas
05/07/2024
en Máis fútbol, Fútbol
Presentación do partido fútbol da Selección Española vs Bélxica en Riazor / CONCELLO DA CORUÑA

Presentación do partido fútbol da Selección Española vs Bélxica en Riazor / CONCELLO DA CORUÑA

42
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter
En Reforma - PublicidadeEn Reforma - PublicidadeEn Reforma - Publicidade

 

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, presidiu esta mañá a presentación do partido España-Bélxica que se disputará o martes 16 de xullo ás 19.00 horas no estadio municipal de Riazor e que servirá de homenaxe ao Karbo. O acto tivo lugar no propio recinto que acollerá o encontro.

Como lembran desde a RFEF, “cando a Selección Española feminina de fútbol comezaba a abrirse paso, de forma oficial, no noso país, A Coruña era un dos polos máis importantes para nosas xogadoras. O Karbo, un equipo fundado nun colexio do barrio de dos Mallos, converteuse nunha referencia entre aquelas pioneiras, logrando catro títulos nacionais, equivalentes á Copa da Raíña, entre 1981 e 1985. Moitos anos despois, cun Mundial e unha Nations League nas vitrinas da Selección Española, A Coruña quere lembrar a esas mulleres que abriron camiño co España-Bélxica que se disputará o próximo 16 de xullo (19:00 horas) no estadio ABANCA-RIAZOR”.

Ademais da alcaldesa, Inés Rey, na presentación tamén participaron o concelleiro de Deportes, Manuel Vázquez, e o concelleiro de Cultura e Turismo, Gonzalo Castro, tamén interviñeron no acto o vicepresidente da Real Federación Española de Fútbol e presidente da Real Federación Galega de Fútbol, Rafael Louzán, o secretario xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, José Ramón Lete, o deputado de Deportes da Deputación da Coruña, Antonio Leira, a conselleira do Real Club Deportivo, Michelle Clemente, e Inma Castañón, ex futbolista internacional e ex integrante do Karbo.

Presentado en A Coruña el ̃ – ́ del próximo 16 de julio

‍ La ciudad gallega celebra la vuelta de la @sefutbolfem, vigente campeona del mundo

https://t.co/rKZmEKSuJG

Entradas: https://t.co/E82MIUzYaA#JugarLucharYGanar | #WEURO2025 pic.twitter.com/Fj0qvufwch

— Selección Española Femenina de Fútbol (@SEFutbolFem) July 5, 2024

“A Coruña sempre foi unha cidade pioneira no fútbol feminino, comezando coa figura de Irene Gonzalez Basanta e continuando con aquel histórico Karbo e o noso querido Dépor ABANCA, que este 2024 volve á élite”, apuntou a alcaldesa na súa intervención.

Inés Rey rememorou o partido que enfrontou á Selección Española e Azerbaiyán en Riazor no ano 2019 e que supuxo o récord de asistencia nun encontro feminino no país. “Non se me ocorre mellor momento para recibir a segunda visita da selección, nun estadio que neste 2024 deunos moitas alegrías aos coruñeses e coruñesas”, sinalou a alcaldesa da Coruña.

A Selección Española regresará á cidade herculina como o mellor equipo do ránking FIFA e tras conseguir o Mundial 2023 e a Copa de Nacións 2024. Será o último partido de clasificación para a Eurocopa 2025, para a cal o equipo dirixido por Montse Tomé xa está clasificada e celebrarase dúas semanas antes do debut da selección feminina nos Xogos Olímpicos de París 2024. “Esperamos que A Coruña sexa talismán e a próxima visita de España a Riazor poidamos falar dunha selección campioa olímpica ou de Europa”, dixo Inés Rey.

Inma Castañón: “Oxalá o 16 vivamos unha festa”

A primeira capitá oficial da Selección Española feminina de fútbol foi Inma Castañón, ex futbolista do Karbo que tamén interveu durante o acto. Castañón lembrou que, cando era capitá, “o único que estaba a esperar era a calzarme as botas e saír ao campo; era unha emoción enorme”. “Oxalá o próximo día 16 vivamos unha gran festa neste estadio”, desexou esta pioneira do futfem estatal e galego.

Michelle Clemente, conselleira do RC Deportivo, que estivo acompañada por Kevin Cabado, responsable do Dépor ABANCA, deu a “benvida” ás campioas do mundo: “Estamos moi orgullosos e moi contentos de ter aquí á Selección Española feminina. En 2019 xa a tivemos aquí cunha asistencia récord. Agora repite con catro xogadoras que estiveron no Depor ABANCA. E como anfitrións que somos esperemos que sintades en casa. Como locais queremos a vitoria da selección española”.

🇪🇸 La @sefutbolfem volverá a jugar en A Coruña y Riazor acogió el acto de presentación.

📹 Así transcurrió la jornada en la ciudad gallega.#JugarLucharYGanar | #WEURO2025 pic.twitter.com/Km6hjC5ced

— Selección Española Femenina de Fútbol (@SEFutbolFem) July 5, 2024

Desde a Deputación provincial da Coruña, Antonio Leira puxo á Selección Española como exemplo de que “os soños, cando se perseguen con humildade, conséguense; e esta é unha lección e un referente tamén para a nosa Deputación en materia deportiva”. Cualificou como “unha festa do deporte” o día 16 de xullo: “é un partido para gozar”.

Onde mercar as entradas para ver á Selección Española?

As entradas para o partido, que se puxeron á venda este venres, terán un prezo de 10 a 15 euros e contarán con descontos especiais de ata un 20% para as persoas que as merquen entre este venres e o próximo martes, 9 de xullo. Poderán adquirirse unicamente a través de tickets.rfef.es.

Haberá entradas especiais para persoas con mobilidade reducida a un prezo de 10 euros que inclúe tamén o pase dunha persoa acompañante.

Narración para persoas cegas, exposición no Obelisco e Fan Zone 

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, celebrou que este encontro conte co sistema de narración para persoas cegas ideado polo coruñés Jesús Suárez co apoio do Concello da Coruña e que a RFEF incorporou para os seus partidos.

Por outra banda, tal e como anunciou a alcaldesa, desde o luns 8 ao domingo 14 haberá unha exposición fotográfica da historia da Selección Española feminina na contorna do Obelisco.

Ademais, durante o venres 12 e sábado 13 instalarase na explanada do Palacio dos Deportes unha zona fan con actividades para todas as idades. “Animo á cidadanía a asistir en masa a este encontro e superar as máis de 10.000 persoas que viviron a primeira visita de España á nosa cidade”, concluíu Inés Rey.

Lete Lasa destaca a puxanza do fútbol galego

O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, foi outra das persoas que participou na presentación deste partido de fútbol entre as seleccións absolutas femininas de España e Bélxica clasificatorio para a Eurocopa de 2025.

O mandatario galego destacou a “puxanza do fútbol galego que pon de manifesto o papel protagonista dos futbolistas da nosa terra nas seleccións nacionais como Tere Abelleira, que vén de ser convocada por Montse Tomé para a a participación nos Xogos de París, ou Joselu Mato, que esta mesma tarde xoga os cuartos de final do Europeo masculino”.

Lete Lasa centrou o foco no fútbol feminino e na lista de xogadoras galegas de gran importancia para o fútbol de todo o país como foron Mari Paz Vilas, que foi quen de marcar nun partido coa Selección Española ata sete goles e é a máxima goleadora histórica do Valencia; Vero Boquete, a primeira muller española en gañar a Champions League e que lle dá nome ao estadio de Santiago; ou Nuria Rábano, campioa da Champions League co Barcelona en 2023.

O secretario xeral para o Deporte lembrou que “no pasado mes de decembro, Pontevedra xa acolleu un partido da Liga de Nacións da selección feminina” e que Riazor xa acolleu en 2019 un encontro da selección feminina clasificatorio para a Eurocopa de 2021. Agora repite acollendo este España-Bélxica que contará “cun acicate especial xa que será o primeiro partido oficial que se disputará desde que Riazor foi escollido definitivamente como sede para o Mundial de 2030”.

Etiquetas Antonio LeiraBélxicafútbolGonzalo CastroInés ReyInma CastañónIrene González BasantaJosé Ramón Lete LasaKarboManuel VázquezRafael LouzánRiazorSelección española
ComparteChía
Publicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As Nosas

Relacionado co tema

Presentación no Real Club Náutico de Portosín da XXV Regata Ramiro Carregal / XUNTA DE GALICIA

A Regata Ramiro Carregal – Gran Trofeo Faro de Corrubedo chega á súa 25 edición

por Redacción As Nosas
24/06/2025
0

  Lete Lasa pon en valor o papel do Real Club Náutico de Portosín na vela galega na presentación da...

Presentación Torneo F11 'Ría de Arousa' / CONCELLO DA POBRA DO CARAMIÑAL

A Pobra reunirá a unha decena conxuntos no seu primeiro Torneo F11 ‘Ría de Arousa’ de fútbol feminino

por Redacción As Nosas
18/06/2025
0

  O campo de fútbol de Cadreche da Pobra converterase este sábado, 21 de xuño, no escenario do primeiro Torneo...

Kevin Cabado / RCD

Kevin Cabado considera que no RC Deportivo hai unha “aposta clara e decidida polo fútbol feminino”

por Redacción As Nosas
18/06/2025
0

  Kevin Cabado, responsable do Dépor ABANCA, fixo balance da temporada 2024-25, renovacións, incorporacións e obxectivos foron algúns dos temas...

Presentación da fase final da Liga Galega de Hip Hop organizada pola Federación Galega de Baile Deportivo / XUNTA DE GALICIA

Presentouse a final da Liga Galega de Hip Hop organizada pola Federación Galega de Baile Deportivo

por Redacción As Nosas
18/06/2025
0

  Lete Lasa destaca a puxanza do Hip Hop galego con 14 medallas no mundial de Narón, na presentación da...

O Dépor ABANCA continuará un ano máis na elite do fútbol feminino nacional | @wykazszkowski

O Dépor ABANCA arrinca a Liga F na última fin de semana de agosto de 2025

por Redacción As Nosas
14/06/2025
0

  O Dépor ABANCA comezará a Liga F a fin de semana do 30 e 31 de agosto segundo o...

Ver máis
KIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - Publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022
Marta Llamedo / CV ARENAL EMEVE

A líbero Marta Llamedo reforza ao CV Arenal Emevé

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0

O Ensino arrasa no Pazo Universitario

0
Marta Llamedo / CV ARENAL EMEVE

A líbero Marta Llamedo reforza ao CV Arenal Emevé

04/07/2025
Jéssica Bouzas está competindo en Wimblendon / WIMBLENDON

Jéssica Bouzas, á segunda rolda en Wimbledon

02/07/2025
Irene Osayande / CV ARENAL EMEVÉ

Irene Osayande, potencia e personalidade para o centro da rede do CV Arenal Emevé

01/07/2025
Lorena Patiño, ouro na categoría Junior da proba de Amurrioko Ziklokrosa do Campionato de España de Ciclocrós en 2024/ RFEC

A Selección de Galicia Júnior de XCO triunfa con Lorena Patiño no colofón da Copa de España

30/06/2025
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos

© 2019 As Nosas SL.