A San Silvestre regresa un ano máis á Coruña e desta volta con formato presencial. Será a primeira vez desde o inicio da pandemia na que as corredoras e corredores poidan desfrutar da tradicional carreira popular polas rúas, aínda que para esta duodécima edición manterase o formato virtual. A competición está organizada polo Club Rialto e o Concello da Coruña.
Neste 2021, o aforo estará limitado a 4.000 persoas para cumprir coas medidas de seguridade sanitaria e evitar aglomeracións, así como manter as distancias. Nesta liña, as saídas faranse de forma escalonada e contarase cun plan de autoprotección para extremar as precaucións.
Percorridos
Para os participantes maiores de 11 anos haberá un percorrido absoluto de 7.250 metros, que comezará ás 17:00 horas no Parrote. Tamén haberá dúas probas infantís, unha para nenas e nenos de entre 7 e 8 anos, nun circuíto pechado de 350 metros, e outra para deportistas de 9 e 10 anos, tamén cun circuíto pechado, pero de 500 metros.
Estas probas darán comezo ás 16:00 horas, tamén no Parrote.
San Silvestre virtual
Tendo en conta as restriccións e o éxito da pasada edición, este ano mantense a versión online da San Silvestre Coruña. Grazas á aplicación oficial da carreira, que se pode descargar para dispositivos Android, Apple ou na páxina web, as persoas interesadas poderán formar parte da carreira a distancia.
A San Silvestre coruñesa, das carreiras virtuais con maiores cifras de participación
Carreira solidaria
Como en pasadas edicióins, a San Silvestre mantén o seu carácter solidario apoiando a dous proxectos. Un deles é a recollida de alimentos para a Cociña Económica, con puntos de recollida durante a entrega de dorsais e no mesmo día da carreira.
O outro é a iniciativa Reyes Magos de Verdad, coa que se recollen cartas de pequenos e maiores para que quenes desexen colaborar poidan converterse en paxes das Súas Maxestades de Oriente e levar así regalos e sorrisos a quenes máis o precisan. Para participar é necesario apuntarse na súa web.
Como carreira integradora, a San Silvestre Coruña dispón ademais de “dorsais solidarios” de apoio aos corredores e corredoras con capacidades especiais que o precisen.