A organización da carreira San Silvestre Coruña comunica que pecha as inscricións da décimo cuarta edición ao esgotarse todos os dorsais dispoñibles para as diferentes categorías.
A organización da proba tamén agradece a todos os participantes e colaboradores “o seu apoio e motivación para que, un ano máis, a San Silvestre Coruña sexa unha festa polas rúas da cidade o día de fin de ano”.
Nesta ocasión, ao ser domingo, o evento realizarase en horario de mañá. As probas de infantil A (+/-1000 m), infantil B (+/-500 m) e infantil C (+/-100 m) serán ás 10:30, 10:45 e 11:00 h. respectivamente.
A saída da carreira absoluta será ás 11:30 horas, seguindo a seguinte orde: Caixón A (Participantes con tempos inferiores a 31 minutos), caixón B, andaina, Marcha Nórdica e, último caixón, a CanSilvestre.
O percorrido que finalmente terá a carreira será Riazor-Torre de Hércules-Riazor. Debido ás obras que se están realizando no paseo marítimo, entre Adormideras e o dique de abrigo.
Percorrido da San Silvestre Coruña 2023:
- Saída: Diante do estadio de Riazor en sentido da circulación do tráfico rodado dirección Torre de Hércules.
- Meta: Diante do estadio de Riazor.
Para obter máis información e detalles sobre o evento, visita www.sansilvescoruna.com.