• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
Contido publicitario | Xunta de Galicia Día de GaliciaContido publicitario | Xunta de Galicia Día de GaliciaContido publicitario | Xunta de Galicia Día de Galicia
Inicio Fútbol Máis fútbol

A revolución Paralluelo mete a España na final do Mundial (2-1)

Tere Abelleira sirve, botando un córner, o pase do segundo gol co que a Selección Española volve facer historia

Silvia Carregal por Silvia Carregal
15/08/2023
en Fútbol, Máis fútbol
Salma Paralluelo, futbolista de España no Mundial / RFEF

Salma Paralluelo, futbolista de España no Mundial / RFEF

109
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter
Contido publicitario | Xunta de Galicia Día de GaliciaContido publicitario | Xunta de Galicia Día de GaliciaContido publicitario | Xunta de Galicia Día de Galicia

 

  • Salma Paralluelo foi o revulsivo que España necesitaba para que agromase o seu fútbol e sobre todo, os goles.
  • A Selección Española está na final da Copa do Mundo cunha galega nas súas filas: Tere Abelleira. 

A futbolista espertou a ansia de marcar nunha Selección Española que ata a súa saída se limitaba a defenderse. Certamente facíao con criterio, seguridade e efectividade diante dunha Suecia que mandaba no campo. Pero do banco xurdiu a revolución Paralluelo e todo mudou. España pasou da contención á acción. A fame de marcar desta futbolista é tan forte como irrefreable.

Unha vez máis foi a mellor xogadora, e por iso, unha vez máis, foi elixida a MVP do partido. Desequilibrante, rápida, e letal. Así é Salma Paralluelo unha futbolista que foi tamén atleta que elixou a redonda sen deixar de empregar esa punta de velocidade para voar e correr máis rápido que as súas rivais cara á meta e asinar goles.

Contido publicitario | Xunta de Galicia Día de GaliciaContido publicitario | Xunta de Galicia Día de GaliciaContido publicitario | Xunta de Galicia Día de Galicia

¡!! ¡¡!! ¡¡ !!

Un golazo decisivo y otra actuación memorable hacen que @SalmaParalluelo sea designada como la MEJOR JUGADORA de la semifinal del Mundial.

Bravo, Salma. ¡¡Qué futbolista(s) tenemos!!#JugarLucharYGanar I #FIFAWWC pic.twitter.com/XgH5LXvus2

— Selección Española Femenina de Fútbol (@SEFutbolFem) August 15, 2023

Desde que saltou ao campo a xogadora do Barça foi determinante para dotar a España de chegada, pegada e verticalidade. As súas asociacións con Jenni Hermoso levaron unha e outra vez perigo á meta sueca ata que chegou o gol.

Logo dunha primeira metade na que Suecia tiña á Vermella metida na súa área, concentrada en defenderse dos repetidos intentos das amarelas. España foi quen de meterlle pólvora ao balón cando empezábamos a pensar que se lle mollara toda nos pasos previos a chegar ata esta semifinal do Mundial.

O primeiro tempo foi das suecas

Na primeira metade Suecia achicou espazos e metou a España na súa área. Defendeu ben e moi concentrada a Selección Española.  As futbolistas da Vermella estiveron moi atentas ás segundas xogadas aos rexeitamentos e ás coberturas. Unha última parcela na que brillou especialmente Tere Abelleira. Pero so defendéndose non se consigue avanzar nunha Copa do Mundo. España non chegaba á meta rival.

Para mudar esa situación, a entrada de Salma Paralluelo foi desequilibrante. España deixou de estar no seu campo e pasou a xogar máis en cancha rival e a controlar por fin a posesión.

Ata entón Suecia tiña o control a posesión e a chegada, pode que sen perigo real nos remates, pero controlando o partido. Grande a mallorquina Cata Coll sacando os balóns altos con mans e puños prodixiosos que evitaron que os tiros chegasen a dar coas mallas da meta que defendía.

Outra que traballou arreo na en tarefas defensivas foi Irene Paredes que freou unha e outra vez a capacidade de remate das suecas.

O cambio de Alexia Putellas por Salma Paralluelo foi determinante. Jorge Vilda conseguiu mudar ao todo un equipo simplemente con introducir a una futbolista. Unha peza no xadrez desta semifinal pode derivar nun xaque mate. Sobre todo se estamos ante unha raíña que se move con libertade, efectividade e verticalidade buscando as mallas e o balón a como dea lugar. As súas compañeiras parecían telo tan claro como ela: balóns a Salma Paralluelo. A pelota ía sempre cara á posición da futbalista vermella máis famenta de gol por que algo dicía nas cabezas das españolas que Salma ía saciar a súa fame de anotar si ou si.

Once da Selección Española na semifinal do Mundial con Tere Abelleira / RFEF
Once da Selección Española na semifinal do Mundial con Tere Abelleira / RFEF

 

E xa co partido en mans das españolas, no minuto 81 chegaba o tanto que abría a lata. Anotou Salma Paralluelo. Outra vez a futbolista culé marcaba neste Mundial. Outra vez, facía historia.

E cando España case se vía na final chegou o gol de Suecia que meteu o medo no corpo as vermellas. Ese empate, 1-1, a minutos para o final podería ter sido un xarro de auga fría pero España non baixou os brazos. Era o seu momento.

O 2-1 de España, froito dun córner botado por Abelleira

Parecía que a prórroga era inevitable cando a futbolista galega Tere Abelleira botou un córner que rematou Olga Carmona cun remate cruzado a media altura coa zurda que desata a tolemia nas españolas. O tiro converteuse no 2-1 e puxo a alfombra vermella no camiño á final dun Mundial para España. Un novo chanzo histórico ao alcance da man da Selección Española .

Os sete minutos de engadido foron eternos. Emborcouse ao ataque Suecia nos minutos finais pero España conseguiu aguantar o resultado. Orde, concentración e o obxectivo de estar na final como o mellor dos alicientes para non deixar pasar un balón.

Agotouse o tempo. Pitou o final a colexiada brasileira Edina Alves Batista. Histórico. España está na final do Mundial e  unha galega, Tere Abelleira, é parte importante deste logro.

O seguinte soño será levantar a Copa do Mundo e adornar a camisola Vermella cunha estrela. Quen dixo medo?

¡¡¡, , !!!!

VAMOS A ESTAR EN LA FINAL DE UN MUNDIAL.

VAMOS A LUCHAR POR EL ORO.

¡¡OTRA CITA CON LA HISTORIA!!

#ESP – #SWE I 2-1 #JugarLucharYGanar I #FIFAWWC pic.twitter.com/8LzGyAFn5O

— Selección Española Femenina de Fútbol (@SEFutbolFem) August 15, 2023

FICHA TÉCNICA

2) ESPAÑA: Cata Coll, Ona Batlle, Irene Paredes, Laia Codina, Olga Carmona, Tere Abelleira, Aitana Bonmatí, Alexia Putellas (Salma Paralluelo 57´), Alba Redondo (Eva Navarro 72´), Mariona Caldentey (Esther González 95´) y Jennifer Hermoso.

1) SUECIA: Musovic, Jonna Andersson, Eriksson, Ilestedt, Bjorn, Asllani, Angeldal, Rolfö, Kaneryd (Schough 77´), Rubensson (Hurtig 87´) y Blackstenius (Blomqvist 77´).

GOLES: 1-0 | Salma Paralluelo (81´) al rematar de primeras, recogiendo un rechace dentro del área. 1-1 | Blomqvist (88´) remacha dentro del área tras dejada de Hurtig de cabeza. 2-1 | Olga Carmona (90´) de zurdazo desde fuera del área que sorprende a Musovic.

EQUIPO ARBITRAL: Edina Alves Batista (Brasil): Sen cartóns. Árbitras asistentes: Neuza Ines Back y Leila Cruz (Brasil). Cuarta árbitra: Melissa Borjas (Honduras). Árbitra asistente de vídeo: Nicolás Gallo (Colombia)

INCIDENCIAS: Semifinal da Copa do Mundo Femenina de Australia – Nueva Zelanda 2023. Partido disputado no Estadio Eden Park de Auckland (New Zealand). A bancada estivo chea e contou con 43.217 espectadores que asistiron en vivo a esta semifinal do Mundial. Seguiron o partido en directo desde o palco de autoridades os presidentes da Real Federación Española de Fútbol, Luis Rubiales, e da FIFA, Gianni Infantino, entre outras autoridades. Partido retransmitido pola 1 de TVE.

Etiquetas Españafútboljorge vildaSalma ParallueloTere Abelleira
ComparteChía
Publicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As Nosas

Relacionado co tema

Dépor ABANCA - Granada CF correspondente á 27 xornada da Liga F / @wykaszkowski

O Dépor ABANCA 2025-26 toma forma

por Redacción As Nosas
09/07/2025
0

  Renovacións, fichaxes, futbolistas da canteira que se incorporan definitivamente ao primeiro equipo... o Dépor ABANCA 2025-26 vai tomando forma...

Presentación Torneo F11 'Ría de Arousa' / CONCELLO DA POBRA DO CARAMIÑAL

A Pobra reunirá a unha decena conxuntos no seu primeiro Torneo F11 ‘Ría de Arousa’ de fútbol feminino

por Redacción As Nosas
18/06/2025
0

  O campo de fútbol de Cadreche da Pobra converterase este sábado, 21 de xuño, no escenario do primeiro Torneo...

Kevin Cabado / RCD

Kevin Cabado considera que no RC Deportivo hai unha “aposta clara e decidida polo fútbol feminino”

por Redacción As Nosas
18/06/2025
0

  Kevin Cabado, responsable do Dépor ABANCA, fixo balance da temporada 2024-25, renovacións, incorporacións e obxectivos foron algúns dos temas...

O Dépor ABANCA continuará un ano máis na elite do fútbol feminino nacional | @wykazszkowski

O Dépor ABANCA arrinca a Liga F na última fin de semana de agosto de 2025

por Redacción As Nosas
14/06/2025
0

  O Dépor ABANCA comezará a Liga F a fin de semana do 30 e 31 de agosto segundo o...

Lóstrego, campión da Liga Galega Alevín Feminina / RFGF

O Lóstrego CF proclámase campión da Liga Galega Alevín Feminina de fútbol

por Redacción As Nosas
31/05/2025
0

O Lóstrego CF levantou o trofeo de campión da Liga Galega Alevín Feminina na fase final que se disputou esta...

Ver máis
KIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - Publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022
Bea Seijas é a deseñadora gráfica responsable do novo escudo do Ourense FSF que ten unha flor de toxo como elemento central / BEA SEIJAS DESEÑO GRÁFICO

Bea Seijas: “Conseguimos captar no escudo do Ourense FSF a esencia de todos os elementos: a ponte, as augas termais, os ríos, Galicia e a flor de toxo”

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0

O Ensino arrasa no Pazo Universitario

0
Bea Seijas é a deseñadora gráfica responsable do novo escudo do Ourense FSF que ten unha flor de toxo como elemento central / BEA SEIJAS DESEÑO GRÁFICO

Bea Seijas: “Conseguimos captar no escudo do Ourense FSF a esencia de todos os elementos: a ponte, as augas termais, os ríos, Galicia e a flor de toxo”

16/07/2025
Novo escudo do Ourense Ontime FSF / BEA SEIJAS DISEÑO GRÁFICO

O Ourense Ontime FSF redeseña o seu escudo e incorpora unha flor de toxo con moito significado

16/07/2025
Selección de Galicia feminina de fútbol gaélico / ASOCIACIÓN GALEGA DE FÚTBOL GÁELICO

As seleccións de Galicia fan o seu ‘Camiño Celta’ en Irlanda con tres días preparando os World Games”

15/07/2025
Selección Galega / FEDERACIÓN GALEGA DE ATLETISMO

Galicia remata en sexta posición o Campionato de España de Atletismo de federacións autonómicas

14/07/2025
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos

© 2019 As Nosas SL.