A III Carreira popular e a andaina José Yáñez García se celebrarán en Pastoriza o próximo domingo, día 12, organizadas polo Concello, o colectivo Miño Vivo e a Asociación de Comerciantes e Empresarios do municipio.
As carreiras comezarán ás 11:15 coa primeira das tres categorías infantís, e tanto a proba absoluta como a andaina iniciaranse ás 12:00 horas; estas suman un percorrido de 7 e 4,5 quilómetros respectivamente.
Esta proba da Pastoriza conta con 330 participantes
O delegado territorial da Xunta en Lugo, Alfonso Villares, participou na presentación e destacou a gran acollida que ten esta proposta, que conxuga natureza e actividade física; rexistra xa arredor de 330 participantes a falta de tres días para que se peche o prazo de inscricións.



















