• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
Contido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.net
Inicio Opinión

A necesaria visibilidade

Silvia Carregal

Silvia Carregal por Silvia Carregal
10/01/2020
en Opinión
124
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter

Véseme?

Se cadra a pregunta parécelles improcedente, rara ou nin a entenden. Pero créanme, preguntar pola miña visibilidade ten unha razón de ser. Así que voulles poñer en situación.

Son muller, ex deportista e xornalista con especial devoción polo xornalismo deportivo que foi o que me trouxo a este oficio hai xa máis de 25 anos. Logo chegou a información cultural, a económica, ata a política, pero o deporte sempre foi o meu recuncho favorito, a miña zona de confort, como agora lle chaman.

E pregunto se se me ve debido a que hai informes que din que nos medios de comunicación a muller no deporte non conta con moita visibilidade. A experiencia persoal dime que, logo de ollar non poucas portadas con certa asiduidade, a aseveración apunta á verdade.

Lembro cando Ana Peleteiro inscribiu o seu nome na historia do atletismo español acadando a medalla de bronce cunha marca de 14,40 metros na proba de triplo salto no Mundial de Pista Cuberta de Birmingham en 2018. Houbo repercusión mediática, pero teño para min que non á altura do fito deportivo acadado. É certo que a situación está mellorando a paso rápido, pero aínda hai moito recorrido por diante para alcanzar a necesaria igualdade na visibilidade.

Segundo as estatísticas do Ministerio de Cultura e Deporte, o número de mulleres federadas en Galicia en 2018 ascendía a 67.273. Esa cifra representaba o 23,5% do total de persoas federadas na nosa comunidade. É certo que o número de féminas é menor ca de homes, pero pensan que a presenza nos medios é parella a esa porcentaxe? E sobre todo, consideran que de contar con máis presenza mediática aumentarían as licencias? Doutra banda, pensemos non só en cantidade senón tamén en calidade e preguntémonos se os méritos deportivos que acadan as deportistas galegas están a ser suficientemente postos en valor polos xornalistas que comunicamos á opinión pública esos fitos deportivos. Na última década teñen colleitado ouros olímpicos, subcampionatos de Europa, Champions… son parte das Leonas de rugby, das Guerreras de balonmán, da Roja de fútbol. Remo, atletismo, halterofilia, vela, voleibol, taekwondo, busquen unha disciplina deportiva e seguro que atopan unha galega que destaca.

Son das que pensa que os xornalistas non debemos ser noticia, pero desta volta vanme permitir que si dea un paso adiante e me presente con fachenda como a directora dun medio xornalístico adicado a pór en valor e visibilizar o deporte das nosas deportistas

Cando miro cara aos lados, de cando empecei a agora, o número de compañeiras que fan información deportiva nos medios galegos aumentou notablemente. Con todo, somos minoría nunhas redaccións con teitos de cristal nas que o home decide que información abre páxina.

Arrincamos proxecto ilusionante que pretende precisamente iso: visibilizar ás mulleres do deporte en Galicia. Formar parte de As Nosas é un honra. Liderar como directora o grupo que integra esta redacción, un soño feito realidade.

Son das que pensa que os xornalistas non debemos ser noticia, pero desta volta vanme permitir que si dea un paso adiante e me presente con fachenda como a directora dun medio xornalístico adicado a pór en valor e visibilizar o deporte das nosas deportistas. Ese paso adiante non é por min. Hai tempo que son unha máis que suma, artigo a artigo, chío a chío, post a post nas redes sociais.

Sei como comunicadora que o que non se ve, o que non se conta, case nin existe para o mundo. Dou este paso á fronte por todas as que andaron camiño antes, polas que están camiñando e sobre todo polas que veñen detrás.

Así que repito a pregunta: Véseme?

Diso se trata, de que as mulleres que formamos parte do deporte en Galicia sexamos máis visibles. Diso vai As Nosas.

Etiquetas IgualdadeopiniónSilvia Carregal
Publicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As Nosas
Silvia Carregal

Silvia Carregal

Licenciada en Xornalismo e máster en xornalismo dixital. Directora de As Nosas. En 1994 iniciu súa andaina como xornalista deportiva. Ten traballado en televisión, prensa, radio, medios dixitais e axencias, asumindo diferentes responsabilidades entre das que estivo a de xefa de deportes. Nos anos oitenta participa, como xogadora, na fundación do Sal-Lence Fútbol Sala. Como xornalista puxo en marcha o espazo Ellas También Juegan adicado á visibilización do papel da muller no deporte en Galicia. En 2013 o colectivo MUDEGA premia a súa traxectoria xornalística pola achega á hora de visibilizar o deporte feminino galego.

KIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - Publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022
Banco do Durán Maquinaria Ensino / CAB ESTEPONA - FLORIN NOVA

Ensino e BAXI, á procura de ser o galego mellor situado na Liga Femenina Endesa

0
Plantilla do Viaxes Amarelle FSF na Copa da Raíña / VIAXES AMARELLE

O Viaxes Amarelle visita Esteiro para conseguir o liderado

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0
Banco do Durán Maquinaria Ensino / CAB ESTEPONA - FLORIN NOVA

Ensino e BAXI, á procura de ser o galego mellor situado na Liga Femenina Endesa

22/02/2026
Imaxe de arquivo da Selección Galega de técnica / FEDERACIÓN GALEGA DE TAEKWONDO

A Selección Galega, á procura de revalidar o seu título de campioa de España de Poomsae e Freestyle

20/02/2026
O encoro de Pontillón de Castro, Verducido, acollerá unha formación superior dentro das previstas para a artellar a Rede de Voluntariado naútico seguro/ RFEP

“Padexa con nós”, unha rede galega de voluntariado náutico seguro que aspira a poñer en marcha a FEGAPI captando a 100 persoas

20/02/2026
Presentación Campionato Galego Xunta de Galicia K1 C1 5000 metros de piragüismo / FEGAPI

Máis de 550 deportistas estarán no Campionato Galego CGI K1/C1 5.000 mts de piragüismo

20/02/2026
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos

© 2019 As Nosas SL.