• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
Contido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.net
Inicio Máis Deporte Máis disciplinas deportivas

Arrinca ‘A Mente en Forma’, a 1.ª gran cita en Galicia que conecta xuventude, deporte e saúde mental

Redacción As Nosas por Redacción As Nosas
11/12/2025
en Máis Deporte, Máis disciplinas deportivas
A mente en forma / XUNTA

A mente en forma / XUNTA

69
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter

`A mente en forma’, o primeiro gran evento celebrado en Galicia para promover o coidado psicolóxico das persoas vinculadas ao deporte, terá lugar mañá, venres 12 de decembro, no pavillón de Fontiñas en Santiago de Compostela, entre as 16:45 e as 19:15 horas.

A xornada, que contará con grandes referentes do deporte galego, nace coa intención de promover a importancia do coidado da saúde mental no ámbito deportivo, ao tempo que pon en valor os valores tradicionalmente asociados ao deporte, como o traballo en equipo, a igualdade, o respecto e a superación persoal.

A capital galega reunirá a deportistas, adestradores, rapaces e rapazas, que poderán asistir a conferencias e espazos de diálogo, situando a Galicia como punto de referencia en saúde mental, coidado persoal e práctica deportiva. ‘A mente en forma’ pretende motivar á mocidade e reforzar o traballo conxunto entre os distintos axentes do tecido deportivo galego no coidado do benestar emocional.

A quen se dirixe o evento

Segundo recolle a páxina web da Xunta de Galicia, o evento A mente en forma está dirixido a deportistas de todas as idades, con especial atención a mozos e mozas en formación; clubs deportivos, federacións e asociacións; universidades e centros de investigación en ciencias do deporte; e institucións e organismos públicos interesados no progreso no ámbito social e deportivo.

Obxectivos de `A mente en forma´

Os fins principais desta primeira edición de `A mente en forma´ son:  difundir os valores do deporte, como a convivencia, o compromiso e as actitudes positivas; motivar á mocidade mediante exemplos reais de compromiso, persistencia e superación; dar a coñecer oportunidades formativas e profesionais vinculadas ao deporte; concienciar sobre a importancia da saúde mental e da preparación psicolóxica no rendemento deportivo e consolidar a posición de Galicia como exemplo de talento, esforzo e benestar emocional.

Servizo de transporte gratuíto

CidadeHoraPunto de saída
A Coruña15:20 hAlfonso Molina (parada de bus Repsol)
Ferrol15:00 hPlaza España
Santiago de Compostela16:15 hEstación Intermodal
Ourense15:00 hEstación autobuses
Lugo15:00 hPazo Provincial dos Deportes
Pontevedra15:30 hParada de Vialia
Vigo15:10 hArenal

Deportistas confirmados que participarán en A Mente en Forma

Melania Rodríguez (29 de xaneiro de 2001) 

Dúas veces campioa do mundo en Doble Mini-Tramp, Melania Rodríguez, revalidou o título conseguido en 2023 o pasado novembro no Campeonato Mundial de Trampolín celebrado en Pamplona. É unha das ximnastas galegas máis destacadas do panorama actual, especializada en Trampolín e Doble Mini-Tramp, e recoñece abertamente que recibe axuda profesional para xestionar as emocións e a presión que lle supón competir no deporte de élite.

Estrella López Sheriff (22 de decembro de 1992)

Actual campioa de España de Judo e gañadora de sete medallas en Grand Prix e Grand Slam, Estrella combina a súa faceta de judoca coa de psicóloga deportiva. Na súa carreira, destaca non só polo rendemento físico, senón tamén pola preparación psicolóxica, subliñando a importancia da intelixencia emocional e da psicoloxía á hora de afrontar os momentos decisivos da competición.

Carolina García (23 de novembro de 1999)

A gañadora da medalla de bronce no Mundial de 2023, Carolina García, ademais de piragüista de augas tranquilas, é licenciada en Biomedicina Básica e Experimental pola Universidade de Sevilla. Combinar estudos e deporte de élite reforzou a súa disciplina e vontade, claves no seu éxito tanto na auga como na investigación científica.

Xisela Aranda (4 de marzo de 1986)

Xisela Aranda, sete veces campioa de España de squash e exfutbolista do CD Tenerife, combina a súa experiencia deportiva coa súa actual actividade profesional na xestión deportiva. Destaca a importancia de construír equipos e ambientes saudables, subliñando que o benestar mental debe acompañar a carreira deportiva dende a base ata a elite.

Borja Iglesias (17 de xaneiro de 1993) 

Actual xogador do Celta de Vigo, cunha ampla traxectoria en distintos clubs da máxima categoría nacional, Borja Iglesias é un futbolista comprometido con diversas causas sociais. Participa neste encontro para compartir a súa experiencia no deporte de elite e reflexionar sobre o impacto psicológico que implica a presión e a búsqueda da excelencia. 

Brais Méndez (7 de xaneiro de 1997)

O xogador da Real Sociedad é un firme defensor da saúde mental no fútbol profesional. Xa relatou en diversas ocasións as dificultades que experimentou de mozo no Celta, destacando o efecto dos silbidos da afección e das presións negativas das redes sociais. 

Javier Gómez Noya (25 de marzo de 1983)

Foi cinco veces campión do mundo de triatlón, catro veces campión de Europa e medalla de prata en Londres 2012, é un referente galego do deporte, chegando a recibir o Premio Princesa de Asturias dos Deportes. A súa carreira combina éxitos deportivos con retos persoais que puxeron á proba a súa disciplina e resiliencia mental, como o longo veto por unha anomalía cardíaca.

Lucas Pérez (10 de setembro de 1988)

Ex-xogador do RC Deportivo de A Coruña e do Arsenal, entre outros clubs, cunha carreira marcada pola perseveranza, a superación persoal e a paixón polo fútbol. Destacou especialmente no Deportivo de A Coruña, vivindo momentos intensos como campañas de éxito, goles decisivos e unha conexión especial coa afección. Como deportista de alto nivel e como persoa que coñece a complexidade do éxito, pode ofrecer unha visión honesta e profunda sobre a saúde mental no deporte de elite.

Santi Tarrío (7 de novembro de 1990)

Dobre campión do Challenge Tour de Golf, comezou a súa carreira moi novo, destacando polo seu talento e a súa alta capacidade de concentración. Despois de sobresair no Challenge Tour, onde acadou importantes vitorias e chegou ao número 1 do ranking, deu o salto ao DP World Tour, consolidándose como unha das figuras claves do golf en Europa.

Guille Carracedo (5 de agosto de 1993)

Campión de España e subcampión mundial de paddle‑surf coa selección española, é tamén licenciado en Medicina pola USC. A súa experiencia combina o deporte de alto nivel coa saúde, ofrecendo unha visión única sobre superación e preparación física e mental. En diversas entrevistas subliña que os retos, a aventura e o risco requiren unha preparación psicolóxica importante.

Víctor Pérez (3 de xuño de 1973)

Conta cunha extensa carreira como técnico en distintas categorías do baloncesto e actualmente é adestrador do CB Breogán, que compite na Liga ACB. Entre os seus logros, destaca a súa participación no corpo técnico da Selección Española Sub-19, que se proclamou campioa do mundo en 2023.

  • Consulta a programación da mente en forma 
  • Inscríbete en A Mente en Forma nesta ligazón
Etiquetas Carolina GarcíaEstrella LópezMelania Rodríguezsáude mentalXisela ArandaXunta
ComparteChía
Publicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As Nosas

Relacionado co tema

Publicadas no DOG modificacións na Lei do Deporte de Galicia / MOTION ARRAY

A Lei do Deporte de Galicia presenta as súas modificacións afondando no bo goberno das federacións e na loita contra a violencia

por Redacción As Nosas
18/12/2025
0

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a Lei 3/2025, do 15 de decembro, pola que se modifica a Lei...

Plan Patrocinio Equipos Alta Competición Galicia Tempada 2025/2026 da Xunta de Galicia, 1.ª Fase / XUNTA DE GALICIA

O Plan de Patrocinio dos Equipos de Alta Competición da Xunta chega á súa 17ª edición con 2,2M€ e 117 equipos convidados para a 1.ª fase

por Redacción As Nosas
05/12/2025
0

A Secretaría Xeral para o Deporte, a través da Fundación Deporte Galego, vén de publicar o anuncio da primeira fase...

Imaxe tomada no inicio do curso 2019 no CGTD con deportistas de alto nivel / XUNTA DE GALICIA

As axudas do deporte de alto nivel de Galicia pódense solicitar ata o 4 de decembro e contarán cun orzamento inicial de 800.000 euros

por Redacción As Nosas
28/11/2025
0

 A Xunta de Galicia, a través da Fundación Deporte Galego da Secretaría Xeral para o Deporte, vén de anunciar a...

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, recibiu hoxe os representantes de Galicia vinculados ao Centro Galego de Tecnificación Deportiva (CGTD) que participaron no Campionato de Mundo de Ximnasia de Trampolín / XUNTA DE GALICIA

Diego Calvo define aos deportistas que participaron no Mundial de Ximnasia de Trampolín como os mellores representantes da marca Galicia Calidade pola súa excelencia e compromiso cos valores do deporte

por Redacción As Nosas
20/11/2025
0

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, recibiu hoxe os representantes de Galicia vinculados ao Centro Galego de...

A Xunta entrega á Federación Galega de Remo unha embarcación skiff / XUNTA DE GALICIA

As 287 entidades beneficiarias das axudas para equipamento deportivo da Xunta xa poden pedir o anticipo do 100%

por Redacción As Nosas
13/11/2025
0

O Diario Oficial de Galicia vén de publicar a resolución do 3 de novembro de 2025 pola que se conceden...

Ver máis
KIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - Publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022
Presentación da Liga de Inverno de Cruceiros Cíes - Rande / XUNTA DE GALICIA

A Xunta gaba a oferta deportiva desestacionalizada de Galicia coa Liga de Inverno de Cruceiros

0
Plantilla do Viaxes Amarelle FSF na Copa da Raíña / VIAXES AMARELLE

O Viaxes Amarelle visita Esteiro para conseguir o liderado

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0
Presentación da Liga de Inverno de Cruceiros Cíes - Rande / XUNTA DE GALICIA

A Xunta gaba a oferta deportiva desestacionalizada de Galicia coa Liga de Inverno de Cruceiros

14/01/2026
Esperanza Segade e Nerea Vilas son árbitras de loita / CEDIDA

No tapiz elas tamén mandan: Esperanza Segade e Nerea Vila, dúas xeracións na arbitraxe galega de loita

13/01/2026
A árbitro de loita Nerea Vila dirixindo un combate / CEDIDA ROBERTO ÉCIJA / @difusion_sport

Nerea Vila, árbitro de loita: “Cando falo coa xente da loita olímpica, a maioría non sabe nin o que é, e pensa que nos pegamos”

13/01/2026
Esperanza Segade, 1.ª árbitro de loita olímpica en España: “Tiven a sorte de ter apoios importantes e iso axudoume moito”

Esperanza Segade, 1.ª árbitro de loita olímpica en España: “Tiven a sorte de ter apoios importantes e iso axudoume moito”

13/01/2026
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos

© 2019 As Nosas SL.