• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
Inicio Máis Deporte Atletismo

A marcha contra o cancro xunta a 2.400 persoas na Coruña

Redacción As Nosas por Redacción As Nosas
05/06/2023
en Máis Deporte, Atletismo
Andaina contra o cancro na Coruña / AECC

Andaina contra o cancro na Coruña / AECC

152
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter
En Reforma - PublicidadeEn Reforma - PublicidadeEn Reforma - Publicidade

 

A andaina solidaria da AECC volveu a tinguir de verde as rúas coruñesas. Na súa X Andaina Solidaria A Coruña en marcha contra o cancro contou coa participación de 2.400 persoas, que vestiron a camiseta verde en apoio á investigación oncolóxica e simbolizando a loita contra a enfermidade.

Neste décimo aniversario, “os coruñeses e coruñesas volveron a demostrar, unha vez máis, a súa solidariedade nun día no que familias enteiras, con amigos e veciños, camiñamos xuntos, unidos, porque o cancro é cousa de todos”, afirmou Manuel Aguilar, presidente da Xunta Provincial da  Asociación Española Contra o Cancro na Coruña.

Andaina contra o cancro na Coruña / AECC
Andaina na Coruña / AECC

O Obelisco converteuse no punto de encontro para as 2.400 persoas participantes que acudiron á cita solidaria. Durante o evento, repleto de actividades lúdicas e deportivas, gozouse de sesións de zumba, salsation e sh’ bam por Forus A Coruña, DOS Deportes e Termaria. A música tamén foi protagonista grazas ao ritmo das batucadas de Malandros, Kilomberos, a sesión de Más Music e as gaitas de Maruxía, que puxeron a banda sonora e animaron aos camiñantes en cada fase do circuíto.

Tras realizar o percorrido de 5 quilómetros, os participantes cruzaron a meta en momentos cargados de emoción, por haber dedicando os seus pasos solidarios a familiares, amigos e aos miles de pacientes e familias que afrontan a enfermidade.

Andaina contra o cancro na Coruña / AECC
Andaina na Coruña / AECC

Os pequenos da casa tiveron unha zona de xogos especialmente habilitada para actividades cooperativas, carreiras de sacos, substitucións, pintacaras e xogos de paracaídas, nunha mañá de solidariedade e diversión.

Apoio a investigación, por un futuro sen cancro

O cancro é o problema sanitario máis importante do mundo e de España. No mundo, 1 de cada 2 homes e 1 de cada 3 mulleres terá cancro ao longo da súa vida. En Galicia diagnostícanse 20.000 novos casos de cancro ao ano, o que a converte nunha das comunidades autónomas con mayora taxa de incidencia da enfermidade.

Actualmente, grazas á investigación, a taxa de supervivencia en homes é do 55,3% e en mulleres do 61,7%. É por iso que é necesario seguir impulsando a investigación oncolóxica para alcanzar o obxectivo do 70% de supervivencia á enfermidade en 2030 e que o seu investimento se traduza en dar resposta ás necesidades das persoas enfermas.

Grazas ao apoio da sociedade e a iniciativas solidarias como esta andaina, a Asociación Española Contra o Cancro leva máis 50 anos impulsando a investigación en cancro, sendo a entidade social e privada que máis fondos destina a investigar o cancro e máis investigadores apoia. En concreto en Galicia, as axudas activas a investigación oncolóxica ascenden a máis de 3,3 millóns de euros distribuídos nun total de 26 proxectos, dos que 21 desenvólvense na provincia coruñesa.

Xuntos contra o cancro

Esta iniciativa é posible grazas ao apoio do Concello da Coruña, Vegalsa, Fundación San Rafael, Mastil Rotulación, Andrones, Innovisual, HM Hospitales, Solán de Cabras, El Corte Inglés, Basquet Coruña, Grupo Arc Eurobanan, RC Deportivo, CEGA Audiovisuais, Nosolomadera, AparcaT Palexco, Sanbrandán, DOS Deportes, Asociación Provincial de Empresarios de Hostalaría da Coruña, Kilomberos, Lexión 501, Porto da Coruña, Moteiros Solidarios, Hockey Club Liceo, Coruña Sport Center, Club del Mar de San Amaro, Protección Civil da Coruña, Deporte Gestión, Xeograf, Forus, Termaria, Pixeling, Bikram Ioga, Radio Voz, La Voz de Galicia, La Opinión A Coruña, Tranvias da Coruña, Radio Marca, Cruz Vermella, Banda de Gaitas Maruxia, Más Music, El Ideal Gallego, Miraveo, Gadis, Radio Intercoruña e Malandros.

Andaina contra o cancro na Coruña / AECC
Andaina na Coruña / AECC

Sobre a AECC 

A Asociación Española Contra o Cancro é a entidade de referencia na loita contra o cancro desde hai 70 anos. Dedica os seus esforzos a mostrar a realidade do cancro en España, detectar áreas de mellora e pór en marcha un proceso de transformación social que permita corrixilas para obter unha abordaxe do cancro integral e multidisciplinar.

No seu ADN está estar á beira das persoas polo que o seu traballo tamén se orienta a axudalas a previr o cancro; estar con elas e as súas familias durante todo o proceso de a enfermidade, se llo diagnostican; e mellorar o seu futuro co impulso á investigación oncolóxica.

Neste sentido, a través da súa Fundación Científica, a Asociación aglutina a demanda social de investigación contra o cancro, financiando por concurso público programas de investigación científica oncolóxica de calidade. Hoxe en día, é a entidade social e privada que máis fondos destina a investigar o cancro: 104 millóns de euros en 565 proxectos, nos que participan máis de 1.000 investigadores.

A Asociación integra a pacientes, familiares, persoas voluntarias e profesionais que traballan unidos para previr, sensibilizar, acompañar ás persoas afectadas e financiar proxectos de investigación oncolóxica que permitirán un mellor diagnóstico e tratamento do cancro. Estruturada en 52 Sedes Provinciais, e presente en máis de 2.000 localidades españolas, conta con máis de 30.000 persoas voluntarias, máis de 500.000 socios e case 1.000 profesionais.

Durante o 2022, a Asociación Española Contra o Cancro atendeu a 140.595 persoas afectadas pola enfermidade.

Etiquetas A Coruñaandainaatletismocancro
Comparte1Chía1
Publicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As Nosas

Relacionado co tema

Participantes do Día da Bicicleta na Coruña á altura da Torre de Hércules / AGAXORDE

Máis de 2.000 persoas participan no Día da Bicicleta da Coruña organizado por Agaxorde

por Redacción As Nosas
22/06/2025
0

  Más de dúas mil persoas chegadas desde diferentes puntos de Galicia, España e ata de dez países, participaron este...

Día do deporte na rúa a Coruña / CONCELLO DA CORUÑA

Milleiros de persoas participaron este domingo nunha nova edición do Día do Deporte na Rúa na Coruña

por Redacción As Nosas
15/06/2025
0

  A contorna da cidade deportiva de Riazor e as praias de Riazor e Orzán acolleron este domingo a edición...

Andaina XII A Coruña Marcha contra o Cancro / CONCELLO DA CORUÑA

A Coruña mobilizouse contra o cancro cunha andaina cidadá solidaria na que participaron máis de 3.300 persoas

por Redacción As Nosas
08/06/2025
0

  A Coruña acolleu hoxe a andaina solidaria 'A Coruña en Marcha contra o Cancro', unha iniciativa da Asociación Española...

HC Coruña Feminino vs CH Mataró / MANU BOUTUREIRA

Un empate entre HC Coruña Feminino e CH Mataró (2-2) sentenza ás catalás ao descenso

por Redacción As Nosas
08/06/2025
0

  O  HC Coruña Feminino e o  CH Mataró asinaron un empate vibrante (2-2) nun duelo cargado de emoción, presión...

María Pérez vence o GP Cantóns de marcha / CONCELLO DA CORUÑA

María Pérez e Toshikazu Yamanishi gañan o GP Cantóns de Marcha da Coruña

por Redacción As Nosas
07/06/2025
0

  A medallista olímpica española María Pérez e Toshikazu Yamanishi, vencedores do GP Cantóns de marcha na Coruña A Coruña...

Ver máis
KIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - Publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022
Teresa Portela nos Xogos Olímpicos / RFEP

Teresa Portela, Medalla Emilia Pardo Bazán 2025

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0

O Ensino arrasa no Pazo Universitario

0
Teresa Portela nos Xogos Olímpicos / RFEP

Teresa Portela, Medalla Emilia Pardo Bazán 2025

11/07/2025
Belén Feal, nova adestradora do Burela FS / BURELA FS

Belén Feal é a nova adestradora do Burela FS

11/07/2025
Sara del Castillo, en Vejen / CLUB DEL MAR DE SAN AMARO

Sara del Castillo, entre os 7 españois que están no Team Europe Summer Camp en Vejen, Dinamarca

09/07/2025
Dépor ABANCA - Granada CF correspondente á 27 xornada da Liga F / @wykaszkowski

O Dépor ABANCA 2025-26 toma forma

09/07/2025
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos

© 2019 As Nosas SL.