Cristina Pérez, a cinco do Pescados Rubén Burela FS terá que volver pasar polo quirófano o vindeiro martes, 2 de marzo, para someterse á terceira cirurxía do seu xeonllo dereito.
Tras a rotura de ligamento cruzado anterior e ligamento colateral medial da que foi operada en abril de 2019 na clínica FREMAP de Majadahonda, a pivote murciana puido regresar ás pistas a finais de ano.
Cristina Pérez xa foi intervida de novo en xuño
Con todo, tras o título de liga conquistado co Burela en Málaga en xuño de 2020, foi intervida de novo por unhas adherencias no xeonllo. Nesta ocasión, o persoal de traumatoloxía da clínica San José de Alcantarilla encargarase de realizar unha artroscopia, ademais de tratar a inestabilidade da zona.