• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
Contido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.net
Inicio Máis Deporte Máis disciplinas deportivas

“A idade é só un número, nunca un obstáculo”, as veteranas do Club Remo Puebla dan o pistoletazo de saída ás festas do Carme dos Pincheiros dando o pregón

As veteranas aseguraron que "significa moito para nós ser pioneiras e referentes para outras mulleres"

Redacción As Nosas por Redacción As Nosas
15/08/2025
en Máis Deporte, Máis disciplinas deportivas
As veteranas do Club Remo Puebla, pregoeiras das festas / CONCELLO DA POBRA DO CARAMIÑAL

As veteranas do Club Remo Puebla, pregoeiras das festas / CONCELLO DA POBRA DO CARAMIÑAL

73
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter

 

  • As Veteranas do Club Remo Puebla asumiron este ano o pregón das festas da Pobra do Caramiñal.

As remeiras, falando desde o balcón da casa consistorial, deron o pistoletazo de saída a deste período festivo na vila. A súa elección foi unha merecida homenaxe ás mulleres que levan o nome da Pobra aló a onde e que este ano lograron facerse co Campionato Galego de Veteranas.

As veteranas do Club Remo Puebla, pregoeiras das festas / CONCELLO DA POBRA DO CARAMIÑAL
As veteranas do Club Remo Puebla, pregoeiras das festas / CONCELLO DA POBRA DO CARAMIÑAL

Hoxe, 15 de agosto, botou andar a festa do Carme dos Pincheiros, cunha programación que encherá ao longo destes catro días as rúas da Pobra de música e animación. A cita, organizada pola Comisión de Festas Carme dos Pincheiros en colaboración co Concello da Pobra do Caramiñal e a Xunta de Galicia, estenderase ata o 18 de agosto, ofrecendo un completo programa no que os xigantes e cabezudos compartirán protagonismo coa música, os xogos e os xa clásicos San Juerguines.

“Para nós é un orgullo ser pregoeiras”

Falándolle á veciñanza da Pobra do Caramiñal, as Veteranas do Club Remo Puebla manifestaron a súa fachenda por ser elixidas como pregoeiras. “Para nós é un orgullo inmenso estar hoxe aquí como pregoeiras do Carme dos Pincheiros”, comezaron, destacando que “quen nos ía dicir que aquilo que comezou cun inocente paseo pola ría, nos ía levar co tempo a acadar tantos logros”.

As veteranas aseguraron que “significa moito para nós ser pioneiras e referentes para outras mulleres. Xa había remeiras, pero non nesta categoría. Comezamos nós e agora xa somos 5 clubs os que competimos, e seguirán medrando”.

As veteranas do Club Remo Puebla, pregoeiras das festas / CONCELLO DA POBRA DO CARAMIÑAL
As veteranas do Club Remo Puebla, pregoeiras das festas / CONCELLO DA POBRA DO CARAMIÑAL

Nun día tan importante para o municipio, quixeron botar a vista atrás a xaneiro deste ano, cando na noite de Reis as instalacións do club sufriron un grave incendio “aló foron embarcacións, bandeiras, trofeos… todo o acadado ao longo dos 46 anos de camiño. Esa noite A Pobra chorou polo club de remo, pero tiñamos que seguir remando e, grazas ao gran apoio do noso Concello, clubs, organismos e, en especial, a todas as persoas que achegaron o seu gran de area, ás dúas semanas estabamos de volta no mar”.

As veteranas do Club Remo Puebla, pregoeiras das festas / CONCELLO DA POBRA DO CARAMIÑAL
As veteranas do Club Remo Puebla, pregoeiras das festas / CONCELLO DA POBRA DO CARAMIÑAL

Un deporte que definen como “unha atrevida aventura” e do que “aprendemos moitísimas cousas, entre elas lembramos algo moi importante: a idade é só un número, nunca un obstáculo”. Unhas palabras coas que deron o pistoletazo de saída, de maneira oficial, á programación festiva.

A programación das festas do Carme dos Pincheiros

Rematada a súa intervención, ás 22.00 horas comezou a ambientación musical incluída no programa Verán Culural do Concello. A praza Alcalde Segundo Durán acolle os concertos da banda de versión Ajencia Trivutaria (22.00 horas) e de Martin Human (23.00 horas). O remate da festa correrá a cargo de Chocolate Disco Móvil.

A troula continuará o sábado, 16 de agosto, ás 11.00 horas coa música da Banda de Música de Rianxo, da Banda de Gaitas Os Castros de Ames, o Grupo de Gaitas Xiada, Os Caraveiros, o Grupo de Gaitas O Ar de Loureda e o Grupo de Gaitas Os Argalleiros. Ás 12.30 horas tomarán a remuda os xigantes e cabezudos ao son do Grupo de Gaitas Trécola e, entre as 12.00 e as 14.00 horas, haberá tamén xogos populares no Cantón da Leña. A Banda de Música de Rianxo realizará un recital ás 13.00 horas nos xardíns de Valle-Inclán.

Os San Juerguines serán unha das actividades máis agardadas no sábado. Comezarán ás 13.30 horas cunha sesión vermú na que actuarán Mekánika Rolling Band e na que haberá, ademais, unha sesión DJ. Ás 16.30 horas terá lugar a Festa da Auga, un clásico nestas festas e na que se prevé a participación de centos de persoas. Nese momento, as rúas do núcleo urbano convértense nunha auténtica batalla na que o obxectivo é mollar a calquera persoa que pase pola zona. Ás 18.00 horas terán lugar as Olimpíadas Pincheiras e, ás 22.00 horas, a festa continuará con Planet Disco Móvil, Mateo Abelleira e Tito Maverick.

En paralelo, haberá tamén unha actuación da Orquestra Mar Azul (22.30 horas) e Condutores Suicidas (00.00 horas), banda tributo a Sabina.

O domingo, 17 de agosto, as propostas arrincarán tamén ás 11.00 horas coa música da Banda de Música de Rianxo, da Banda de Gaitas Os Castros de Ames, o Grupo de Gaitas Xiada, Os Caraveiros, o Grupo de Gaitas O Ar de Loureda e o Grupo de Gaitas Os Argalleiros. Ás 11.30 horas haberá unha entrada na vila e un desfile da Banda Militar da Brilat, que tamén dará un concerto ás 12.00 horas no Campo da Leña.

A continuación, a Banda de Música de Vilaboa (ás 13.00 horas) fará o propio, ofrecendo un recital nos xardíns de Valle-Inclán. Ás 18.30 horas terá lugar a misa solemne e a procesión na honra da Virxe do Carme. A Asociación de Amas de Casa e da Confraría de Pescadores fará unha ofrenda no pantalán.

A Olimpus actuará ás 22.30 horas e o remate da xornada estará marcado por Chocolate Disco Móvil.

O luns, 18 de agosto, os xigantes e cabezudos farán acto de presenza ás 12.30 horas. Entre as 12.00 e as 14.00 horas os máis pequenos e pequenas da casa gozarán da Pincherolandia e da festa da espuma na praza Alcalde Segundo Durán (haberá un segundo pase entre as 17.00 e as 19.00 horas) e, ás 13.00 horas, está previsto o concerto da Banda de Música de Lantaño nos xardíns Valle-Inclán.

Ás 20.00 horas levarase a cabo un desfile de despedida dos xigantes e cabezudos acompañados polos grupos de gaitas. O remate do Carme dos Pincheiros chegará cunha actuación do grupo The Broken Peach (22.30 horas), coa gran queima de fogos artificiais e combate naval (00.15 horas) e coa sesión de Chocolate Disco Móvil (00.30 horas).

Espazo violeta

Durante os catro días de festas, a concellería de Igualdade porá en marcha, un ano máis, un conxunto de medidas centradas en que as festas do Carme dos Pincheiros se desenvolvan nun ambiente seguro e respectuoso, libres de agresións machistas.

Habilitarase un espazo violeta na praza Alcalde Segundo Durán o venres 15, domingo 17 e luns 18 o horario será de 23:00 a 01:00 horas, mentres que o sábado 16 ampliará o seu horario desde as 20:00 ata as 01:00 horas.

Ademais, repartiranse materiais para promover a mensaxe da campaña, entre elas pegatinas antisubmisión, saquetas, mochilas, chapas, bolígrafos, panoletas, sombreiros e folletos informativos con indicacións sobre como actuar no caso dunha agresión sexual e cos recursos telefónicos dispoñibles en galego, castelán e inglés.

Ademais, nos establecementos hostaleiros colaboradores haberá planos coa localización e horarios do Espazo Violeta.

Etiquetas A Pobra do CaramiñalClub de Remo Pueblaremo
ComparteChía
Publicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As Nosas

Relacionado co tema

Regata de barco dragón no Nautical Festival 2025 na Coruña / CONCELLO DA CORUÑA

A Coruña acolle este sábado a Regata de Dragóns, enmarcada no Nautical Festival 2025

por Redacción As Nosas
24/10/2025
0

  Este sábado A Coruña volverá situarse no mapa nacional da náutica coa II edición da Regata de Dragóns, que...

VII Trofeo Teresa Herrera - 4ª Bandeira feminina de Traiñeiras / @RAULFC_FILM

A Coruña acolle esta fin de semana a 39.ª Bandeira Teresa Herrera, unha das probas clásicas da bahía coruñesa e broche final das festas da cidade

por Redacción As Nosas
25/08/2025
0

  A cidade da Coruña acolle esta fin de semana a 39.ª edición da Bandeira Teresa Herrera de traiñeiras, unha...

Presentación das festas do Carme dos Pincheiros nas que darán o pregón as veteráns do Club de Remo Puebla / CONCELLO DA POBRA DO CARAMIÑAL

As veteráns do Club Remo Puebla darán o pregón das festas do Carme dos Pincheiros

por Redacción As Nosas
28/07/2025
0

  As remeiras veteráns do Club de Remo Puebla foron elixidas para ser pregoeiras das festas do Carme dos Pincheiros...

Chapela-Wofco venceu a Bandeira Feminina Virxe do Carme no O Grove / LIGA GALEGA DE TRAIÑEIRAS

Chapela-Wofco imponse por partida dobre en Pedras Negras

por Redacción As Nosas
12/07/2025
0

  A Liga Feminina e a Liga A ofreceron unha tarde de remo en San Vicente do Mar (O Grove)...

As remeiras de Chapela-Wofco, gañadoras do Tereresa Herrera de traiñeiras na Coruña / LIGA LGT

A conta atrás para o inicio da temporada 2025 da Liga Galega de Traiñeiras

por Redacción As Nosas
16/06/2025
0

  O calendario de bandeiras da Liga Galega de Traiñeiras soltará estacha o vindeiro día 28 A Liga Feminina é...

Ver máis
KIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - Publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022
Banco do Durán Maquinaria Ensino / CAB ESTEPONA - FLORIN NOVA

Ensino e BAXI, á procura de ser o galego mellor situado na Liga Femenina Endesa

0
Plantilla do Viaxes Amarelle FSF na Copa da Raíña / VIAXES AMARELLE

O Viaxes Amarelle visita Esteiro para conseguir o liderado

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0
Banco do Durán Maquinaria Ensino / CAB ESTEPONA - FLORIN NOVA

Ensino e BAXI, á procura de ser o galego mellor situado na Liga Femenina Endesa

22/02/2026
Imaxe de arquivo da Selección Galega de técnica / FEDERACIÓN GALEGA DE TAEKWONDO

A Selección Galega, á procura de revalidar o seu título de campioa de España de Poomsae e Freestyle

20/02/2026
O encoro de Pontillón de Castro, Verducido, acollerá unha formación superior dentro das previstas para a artellar a Rede de Voluntariado naútico seguro/ RFEP

“Padexa con nós”, unha rede galega de voluntariado náutico seguro que aspira a poñer en marcha a FEGAPI captando a 100 persoas

20/02/2026
Presentación Campionato Galego Xunta de Galicia K1 C1 5000 metros de piragüismo / FEGAPI

Máis de 550 deportistas estarán no Campionato Galego CGI K1/C1 5.000 mts de piragüismo

20/02/2026
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos

© 2019 As Nosas SL.