A Federación Galega de Atletismo (FGA) e a Universidade de Vigo veñen de asinar un convenio de colaboración que une a ambas entidades. O obxectivo principal deste acordo é a promoción do ateltismo, e con el os clubs con licencia da Federación desfrutarán de vantaxes.
Concretamente, este convenio permitirá que os equipos vinculados á FGA se beneficien funha taxa de exención de pagos dos prezos públicos vixentes polo uso das instalacións da Universidade de Vigo. O pacto inclúe o Campus de Ourense e as taxas ascenden ata a cifra de 10.000 euros.
Pola súa parte, a Federación será a responsable de establecer os criterios de prelación para o goce desas excencións entre os clubs e atletas.