A Federación Galega de Balonmán presentou, no programa De Volta e Media, á súa mascota, Petro, que terá un papel protagonista no programa Balonmán na Escola.
A mascota da Federación Galega de Balonmán chega para formar parte dun ambicioso proxecto de promoción do balonmán na escola, que se porá en marcha a partir deste ano 2022 nas catro provincias galegas.
Petro representa as nosas raíces, xa que é un boneco que nace da pedra e que vai a amosar a súa simpatía cos máis pequenos para contaxiarlles a paixón polo deporte do balonmán.