• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
Contido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.net
Inicio Balonmán Máis balonmán

A Federación Española de balonmán incrementa as medidas sanitarias pola COVID-19

Ante o aumento de casos nos clubs, a organización estatal reuniuse cos equipos para actualizar o protocolo

Redacción As Nosas por Redacción As Nosas
27/01/2021
en Balonmán, Máis balonmán
All Star solidario do balonmán galego / FGBM

All Star solidario do balonmán galego / FGBM

83
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter

 

Polo de agora, nin Conservas Orbe Rubensa BM Porriño nin Atlético Guardés teñen que lamentar casos positivos en COVID-19 nas súas filas, pero outros clubs non corren a mesma sorte. Os adiamentos ou suspensión de partidos por este motivo son cada vez máis comúns. Por iso, a Real Federación Española de Balonmano e os equipos actualizan o protocolo.

O pasado mércores, 20 de xaneiro, a Xunta Directiva da Federación acordou negociar novas medidas tras poñerse en contacto con varios conxuntos da Liga Guerreras Iberdrola e da División de Honor Plata Masculina. Por este motivo, este martes, 26 de xaneiro, convocouse unha reunión de carácter urxente para tratar o tema.

Outro motivo da actualización do protocolo é que, a comezos de semana, a Asociación de Jugadoras de Balonmano púxose en contacto coa Federación. As xogadoras expresaron as súas preocupacións sobre a seguridade sanitaria nas competicións debido ao incremento no número de positivos detectados nos clubs.

Así, os tests de antíxenos pasan a ser obrigatorios antes de cada partido, e deben realizarse nunha marxe de entre 72 e 48 horas previas ao encontro.

Ata este momento, só en Galicia as medidas obrigaban a realizar as probas cada dúas semanas. Noutros territorios isto non estaba contemplado, polo que moitos equipos de balonmán só realizaban as probas ao viaxar á comunidade galega.

O obxectivo destas conversacións e acordos é o de incrementar as medidas sanitarias que existían ata agora. Tanto o organismo estatal como varios equipos mostraron interese en crear un marco único para preservar aos deportistas e que actúe como reforzo dos protocolos xa establecidos.

Desta forma, segundo informa a Federación nun comunicado, actualmente están a xestionar “un volume importante de test de antíxenos a prezos adquiribles para distribuir entre os clubs de ambas categorías e que se comecen a realizar probas contínuas”.

A COVID-19 afecta indirectamente ás xogadoras galegas de balonmán

Seguindo a obriga de facer controis regulares, ademais do resto de recomendacións e medidas, ningún dos equipos galegos da máxima categoría detectou positivos polo de agora. Porén, si o fixeron algúns dos seus rivais, o que afectou de cheo ás competicións nas que militan tanto Atlético Guardés, como o Porriño.

No caso das primeiras, os positivos de COVID-19 en equipos rivais modificaron por completo o calendario das galegas para este mes de xaneiro. En lugar de disputar os seis partidos de tres competicións distintas que tiñan previstos, as de Prades só puideron xogar a Liga Guerreiras contra o Bera Bera.

Os primeiros encontros que tiveron que cancelar foron os relativos ao Last16 da EHF European Cup. Os positivos no Club Balonmano Elche impediron xogar a eliminatoria e o Guardés pasou de fase sen competir.

Nas mesmas datas, adiouse o partido ligueiro ante o Lanzarote Puerto del Carmen, retrasando a volta á competición regular. No caso da Copa da Raíña, a eliminatoria prevista co Zubileta Evolution Bm. Zuazo terá que cambiar de datas ao ter un positivo no seu plantel.

O Guardés deberá agardar para disputar a segunda fase da Copa da Raíña

As xogadoras do Porriño tiveron menos interrupción no seu calendario, pero tamén tiveron que adaptarse ás circunstancias. O seu partido de Liga ante o CB Morvedre tivo que aprazarse e ambos equipos deben buscar unha nova data.

O que si xogarán é a eliminatoria da segunda fase da Copa da Raíña de balonmán. Os encontros co Aula Alimentos de Valladolid desta semana disputaranse con normalidade. Pero incluso estes duelos estiveron no aire, xa que as vallisoletanas enfrontáronse a pasada fin de semana ao Zuazo, que anunciou esta semana un contaxio nas súas filas.

O Porriño recibe ao Aula Alimentos para a eliminatoria de Copa

Etiquetas Atlético GuardésbalonmánBM PorriñoConservas Orbe Rubensa PorriñoCOVID-19Liga Guerreiras IberdrolaLiga Guerreras IberdrolaReal Federación Española de Balonmano
ComparteChía
Publicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As Nosas

Relacionado co tema

Mecalia Atlético Guardés vs Balonmano Morvedre /

O Guardés sofre para despedir 2025 cunha vitoria (20-16)

por Redacción As Nosas
22/12/2025
0

As xogadoras que adestra Ana Seabra tiveron problemas para impoñerse xa na primeira parte e non lograron consolidar a súa...

Conservas Orbe Zendal BM Porriño vs Grafometal Sporting La Rioja / BM PORRIÑO

O Conservas Orbe Zendal Bm Porriño imponse 23-18 ao Grafometal Sporting La Rioja

por Redacción As Nosas
22/12/2025
0

O partido comezou igualado, con defensa intensa por ambos dous equipos. O Conservas Orbe Zendal Bm Porriño impuxo o seu...

Elda vs Mecalia Atlético Guardés da Liga Guerreras Iberdrola / VICEN MUÑOZ

Volta á acción dos equipos galegos na Liga Guerreras Iberdrola con senllas vitorias logo do parón de seleccións

por Redacción As Nosas
18/12/2025
0

  A Liga Guerreras Iberdrola chega á súa duodécima xornada despois da interrupción provocada polo Campionato do Mundo 2025, que...

As Guerreras da Selección Española de balonmán participaron no Mundial coas galegas Alicia Fernández e Elba Álvarez / RFEBM

As Guerreras, con dúas galegas nas súas filas, despídense do Mundial fronte a Alemaña (25-29)

por Redacción As Nosas
10/12/2025
0

A Selección Española non foi capaz de facer fronte á anfitrioa do torneo e dixo adeus ao soño mundialista que...

Selección de España de balonmán feminino / CSD IG

As Guerreras perden ante Serbia o primeiro partido da ‘main round’ do Mundial (29-31)

por Redacción As Nosas
03/12/2025
0

  A Selección Española Feminina de Balonmán estreouse cunha amarga derrota na Main Round do Mundial tras caer ante Serbia...

Ver máis
KIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - Publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022
Presentación da Liga de Inverno de Cruceiros Cíes - Rande / XUNTA DE GALICIA

A Xunta gaba a oferta deportiva desestacionalizada de Galicia coa Liga de Inverno de Cruceiros

0
Plantilla do Viaxes Amarelle FSF na Copa da Raíña / VIAXES AMARELLE

O Viaxes Amarelle visita Esteiro para conseguir o liderado

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0
Presentación da Liga de Inverno de Cruceiros Cíes - Rande / XUNTA DE GALICIA

A Xunta gaba a oferta deportiva desestacionalizada de Galicia coa Liga de Inverno de Cruceiros

14/01/2026
Esperanza Segade e Nerea Vilas son árbitras de loita / CEDIDA

No tapiz elas tamén mandan: Esperanza Segade e Nerea Vila, dúas xeracións na arbitraxe galega de loita

13/01/2026
A árbitro de loita Nerea Vila dirixindo un combate / CEDIDA ROBERTO ÉCIJA / @difusion_sport

Nerea Vila, árbitro de loita: “Cando falo coa xente da loita olímpica, a maioría non sabe nin o que é, e pensa que nos pegamos”

13/01/2026
Esperanza Segade, 1.ª árbitro de loita olímpica en España: “Tiven a sorte de ter apoios importantes e iso axudoume moito”

Esperanza Segade, 1.ª árbitro de loita olímpica en España: “Tiven a sorte de ter apoios importantes e iso axudoume moito”

13/01/2026
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos

© 2019 As Nosas SL.