• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
Contido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.net
Inicio Baloncesto Liga Feminina Endesa

A falta de ritmo pásalle factura ao Ensino (68-65)

O Bembibre soubo aproveitar as debilidades do equipo de Carlos Cantero para levarse o partido

Redacción As Nosas por Redacción As Nosas
12/02/2021
en Liga Feminina Endesa, Baloncesto
Bembibre vs Ensino / EMBUTIDOS PAJARIEL BEMBIBRE TW

Bembibre vs Ensino / EMBUTIDOS PAJARIEL BEMBIBRE TW

79
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter

 

Xa o vaticinaba Carlos Cantero: “Imos entrar na parte máis difícil da tempada“. E primeiro paso e primeiro tropezo para o Durán Maquinaria Ensino. O parón na Liga Feminina Endesa freou o crecemento das lucenses, que retomaron a competición cunha derrota ante un perigoso Embutidos Pajariel Bembibre (68-63).

O Ensino afronta este tramo final de tempada con relativa tranquilidade. Gañaron a pulso estar na zona media da táboa, mantendo as opcións de acadar os ambiciosos obxectivos marcados para este curso: competir na Copa da Raíña e ter posibilidades nos playoffs. Pero non todos chegan nestas posicións.

Un exemplo é o Bembibre. Un equipo que loita por saír dos postos de descenso, pero que ten experiencia nisto de salvar a categoría. Por iso, malia ter peores resultados que as lucenses, presentábase como un rival perigoso, que tiña moito que gañar e pouco que perder neste enfrontamento ante o equipo de Cantero.

A predición do adestrador, que advertía na previa ás súas xogadoras da importancia de non confiarse ante un contrincante destas características cumpriuse. As locais souberon dominar o partido ante un Ensino frouxo e desconcentrado.

A falta de ritmo castiga ao Ensino

Desconcentradas e desconectadas. Así se puido ver ás xogadoras do Ensino sobre a pista do Bembibre Arena. Nesta ocasión, o primeiro cuarto non foi definitorio para o desenlace do partido.

Nos primeiros minutos, as lucenses fixeron gala do seu suposto superior nivel sobre as penúltimas clasificadas, pero deixando pouca marxe para evitar a remontada local.

Hempe foi a encargada de abrir o marcador, con dúas canastras baixo o aro lucindo o seu xogo interior que adiantaban ao seu equipo. No bando local, a efectividade da lucense víase contestada por Batouly Camara, a outra 5 sobre o parqué.

Pero foi Sara Rhine, co seu triple, quen lle deu a primeira vantaxe ás locais. Porén, o mando do partido cambiaba constantemente de mans. A defensa do Bembibre era cada vez máis forte, dificultando o xogo do Ensino, onde Stanacev buscaba crear ocasións, pero sen moito éxito.

Á terceira, a serbia logrou colar o balón no aro desde a liña de tres e con outro tiro de campo poñía o 15-16 no marcador. Outro triple de Stanacev aumentaba a distancia coas locais, no momento do debut de Helena Oma.

A nova incorporación ás filas do Ensino non defraudou e competiu a un nivel moi alto na defensa lucense. Á súa vez, Stanacev, outra vez desde os 6,75 metros, deixaba ás visitantes con tres puntos por riba á fin do primeiro cuarto.

Para o segundo tempo, un Bembibre que non ía deixar escapar a vitoria na súa casa reorganizouse e saíu a por todas. No conxunto visitante, Chatrice White estaba lista para contraatacar e manter ao seu equipo por diante. Xunto con Stanacev e Vega Gimeno, as galegas aguantaban o ritmo, ata que o adestrador local, Pepe Vázquez, solicitou un tempo morto.

O discurso do técnico fixo que o Bembibre reaccionase, e ao volver á pista asinaron un parcial 7-0, poñendo a un tiro de pedra a remontada, cun apretado 37-38 no marcador para o descanso.

Bembibre vs Ensino / EMBUTIDOS PAJARIEL BEMBIBRE tw
Bembibre vs Ensino / EMBUTIDOS PAJARIEL BEMBIBRE tw

O Ensino non soubo reaccionar na segunda metade

O Ensino foi de máis a menos na primeira metade, pero na segunda afundiu por completo. Superadas por un Bembibre concentrado e traballador, o partido escapóuselles ás galegas neste terceiro cuarto.

As leonesas crearon unha muralla inquebrantable en defensa, impedindo que as de Lugo se reencontrasen co aro. O cadro de Cantero comezou a fallar canastras fáciles, que afectaron ao estado mental do equipo e, polo tanto, á súa actuación na pista.

Nos primeiros tres minutos tras a reanudación, o Ensino non acertou baixo o aro, mentres que o Bembibre aumentaba a súa renda. O adestrador lucense organizou ás súas pupilas en zona e apostaba polo xogo interior, pero o acerto de xogadoras como White e Gimeno quedou en Galicia.

Un triple de Gladkova situaba ás locais a dez puntos das de Lugo, que xogaban xa desesperadas intentando tiros de tres para recuperar o ritmo anotador. Un robo de Stanacev á borde da fin deste parcial puxo o 55-48 no luminoso.

Nos últimos 10 minutos o plantel visitante pareceu espertar, grazas a un triple de Gimeno, e querer loitar por un partido, do que estivo desconectado a maior parte do tempo. Cando as de Cantero reducían distancias, as de Vázquez replicaban baixo o aro.

A medida que se achegaba o final, a tensión no parqué aumentaba e ambos equipos mantiñan un pulso cada vez máis igualado. O Ensino adiantouse cun triple de Aliaga, pero un 2+1 de Higgs devolveulle o liderado ao Bembibre.

Os fallos nos tiros e o nerviosismo apoderáronse das galegas neste último tempo, imposibilitando a buscada remontada. Nos segundos finais, unha falta de Bea Sánchez deulle ás locais a oportunidade de meter os dous tiros libres, deixando o 68-65 no marcador, que xa non cambiaría no final.

Stanacev, única lucense metida no partido

Os acertos do Ensino nesta xornada foron obra de Stanacev, elixida MVP do encontro, xunto con Silva no bando local. A serbia do equipo lucense foi a autora de 19 dos 65 puntos do seu conxunto e tamén se fixo con 4 rebotes.

Ao final do duelo, Stanacev logrou 24 créditos valorativos, unha variación en negativo de 7 puntos respecto a súa renda media.

FICHA TÉCNICA

68) EMBUTIDOS PAJARIEL BEMBIBRE: Silva (13), Palma (9), Higgs (9), Camara (8), Rhine (11) — quinteto inicial —. Tamén xogaron: Mendez (2), Mongomo (-), Kalin (4), Brotons (-), Gladkova (12) e Naczk (-).

65) DURÁN MAQUINARIA ENSINO: Hempe (12), Stanacev (19), Gimeno (15), Sánchez (3), Prieto — quinteto inicial —. Tamén xogaron: Aliaga (7), Oma (3) e White (6).

PARCIAIS: 19-22, 18-16, 18-10 e 13-17

ÁRBITROS: Francisco Zafra, Juan Carpallo e Igor Esteve.

INCIDENCIAS: Partido correspondente á xornada 23 da Liga Femenina Endesa disputado no pavillón do Bembibre Arena.

Etiquetas baloncestobasketCarlos CanteroDurán Maquinaria EnsinoEnsinoHelena OmaLiga Femenina EndesaLiga Feminina EndesaLugoStanacev
ComparteChía
Publicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As Nosas

Relacionado co tema

A galega Paula Ginzo coa Selección Española na final do Eurobasket 23 contra Bélxica / FEB

Tres galegas, na convocatoria da Selección Española de baloncesto do vigués Miguel Méndez para preparar a Copa do Mundo

por Redacción As Nosas
25/07/2026
0

O técnico vigues Miguel Méndez, actual adestrador da Selección Española Absoluta feminina de baloncesto, convocou a 21 xogadoras para preparar...

Circuíto 3x3 Urban Deputación de Pontevedra / FEGABA

A primeira parada do Circuíto de Baloncesto “3×3 URBAN – Deputación de Pontevedra” en Vilagarcía de Arousa reprográmase para os días 1 e 2 de agosto

por Redacción As Nosas
10/07/2026
0

A Federación Galega de Baloncesto (FEGABA) comunica que a primeira parada do circuíto “3x3 URBAN – Deputación de Pontevedra”, prevista inicialmente para esta...

Presentación da Axenda Deportiva lucense por parte da vicepresidencia da Deputación de Lugo / ZAR Belén Rodríguez Reyes Fernández Efrén Castro Alisa Urdaneta Uxía Folgueira Inés Mourenza Elena López Elsa Pena Tania Fernández Noa López Clara Carreira Carmen Carballada Silvia Rubal Sandra Pumares

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo pon en valor ás deportistas da provincia visibilizando as súas figuras cunha axenda deportiva que protagonizan 18 delas

por Redacción As Nosas
09/07/2026
0

  Esta Axenda Deportiva Tempada 2026-27 vaise distribuír ao longo do ano en actos institucionais ligados ao deporte. Os relatorios...

O baloncesto pode ser unha das disciplinas beneficiarias da plataforma Terra Move / SABELA MOSCOSO

Queres arbitrar baloncesto? o CGAB abre a inscripción dos Cursos de Iniciación 2026-2027

por Redacción As Nosas
08/07/2026
0

A  Federación Galega de Baloncesto (FEGABA), a través do Comité Galego de Árbitros de Baloncesto (CGAB), abre o prazo de inscrición para os...

Presentación do Games Series Galicia en Lugo / XUNTA DE GALICIA

Lugo acolle o domingo o Circuíto Games Series Galicia

por Redacción As Nosas
08/07/2026
0

O circuíto Games Series Galicia desenvolverase nas pistas de atletismo Gregorio Perez Rivera da capital lucense o vindeiro domingo, 12...

Ver máis
KIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - Publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022
O Dépor ABANCA leva o Teresa Herrera 2026 ao vencer por 2-0 ao FC Porto

O Dépor ABANCA leva o Teresa Herrera 2026 ao vencer por 2-0 ao FC Porto

0
Plantilla do Viaxes Amarelle FSF na Copa da Raíña / VIAXES AMARELLE

O Viaxes Amarelle visita Esteiro para conseguir o liderado

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0
O Dépor ABANCA leva o Teresa Herrera 2026 ao vencer por 2-0 ao FC Porto

O Dépor ABANCA leva o Teresa Herrera 2026 ao vencer por 2-0 ao FC Porto

13/08/2026
Belén Toimil, acada o seu sétimo campionato de España de lanzamento de peso no absoluto ao aire libre 2026, na imaxe posa no podio coa medalla de ouro / RFEA - SPORT MEDIA

Oito medallas para o atletismo galego no Campionato de España Absoluto, a metade corresponden a atletas femininas

28/07/2026
RC Deportivo ABANCA vs Valencia CF / SABELA MOSCOSO

Tere Abelleira podería estar barallando o seu regreso ao Dépor ABANCA

26/07/2026
Antía Chamosa (prata), María Pérez (ouro) e Aldara Meilán (bronce) nos 10.000 metros marcha do Campionato de España de atletismo / RFEA SPORTMEDIA

Antía Chamosa e Aldara Meilán, prata e bronce nos 10.000 metros marcha do Campionato de España

25/07/2026
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos

© 2019 As Nosas SL.