A Coruña acolle esta fin de semana un seminario técnico organizado polo Comité Nacional de Fútbol Sala da Real Federación Española de Fútbol (RFEF), no que participan 110 árbitros e árbitras das principais competicións estatais: Primeira División, Primeira División Feminina e Segunda División.
O encontro reúne na cidade ao colectivo arbitral das máximas categorías do fútbol sala español para preparar a nova tempada, unificar criterios técnicos e compartir sesións de formación.
⚽ Estivemos hoxe na Coruña para participar no I seminario CTAFS.
A xornada contou, entre outros, coa presenza do presidente do CTAFS, Álvaro Cid; o mánager xeral de fútbol sala, Mario Hernando e o presidente do comité de entrenadores, Iván Cancela.
Moito talento arbitral! 👏 pic.twitter.com/wmu57oX79V
— Pablo Prieto (@pabloprietoRFGF) July 23, 2026
O concelleiro de Deportes do Concello da Coruña, Manuel Vázquez, participou na apertura do seminario para arbitros e arbitras en representación municipal e deu a benvida ás persoas asistentes.
O papel de arbitros e arbitrqas no desenvolvemento das competicións
“É unha satisfacción que A Coruña acolla un encontro desta relevancia para o fútbol sala español”, sinalou Manuel Vázquez.
O edil destacou tamén o papel de arbitras e arbitros no desenvolvemento das competicións. “O voso traballo é fundamental para garantir o respecto, a igualdade e o xogo limpo”, afirmou.
Manuel Vázquez agradeceu ao Comité Nacional de Fútbol Sala a elección da cidade como sede deste seminario e reiterou o compromiso do Concello coa organización de eventos deportivos de ámbito estatal.
A celebración deste encontro reforza a aposta do Concello da Coruña por consolidar a cidade como sede de congresos, competicións e citas deportivas de referencia, contribuíndo á proxección da cidade e ao impulso da súa actividade deportiva.





















