Este sábado celebrouse a décimo segunda edición da Carreira ENKI, unha iniciativa organizada pola fundación homónima e apoiada polo Concello da Coruña, que, desde hai unha década, promove valores como a visibilización dos colectivos con diversidade funcional, a educación integradora e tamén a inclusión social.

Unhas 15.000 persoas participaron este ano na proba, que se desenvolveu na tarde deste sábado e que contou coa presenza da alcaldesa, Inés Rey, que estivo acompañada pola concelleira de Benestar Social, Igualdade e Participación, Nereida Canosa.
¡GRACIAS!
Un año más 15.000 personas corriendo por la inclusión en A Coruña con la #CarreraENKI
15.000 que se unen al movimiento ENKI disfrutando de una tarde inolvidable
¿Qué tal os lo habéis pasado? Contadnos #enki #eventosacoruña #acoruña #carreraenki pic.twitter.com/LFMgla7dqq
— (@enkifundabrente) October 18, 2025
Trátase dun evento aberto a todos os públicos, lúdico e non competitivo, ideado para o goce das persoas asistentes nun formato de circuíto de obstáculos adaptados na contorna do paseo do Parrote.

A recadación final da Carreira ENKI 2025 destinarase á adquisición de material deportivo adaptado, así como á posta en marcha de actividades de ocio e deporte nas entidades sociais.
Ver esta publicación en Instagram





















