• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
Contido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.net
Inicio Máis Deporte Atletismo

A Coruña agarda a 2.000 corredoras na Media Maratón C21

Dorsais elaborados con papel reciclado e medallas Finisher de madeira son algúns dos elementos dunha proba que quere apostar polo medio ambiente

Redacción As Nosas por Redacción As Nosas
15/02/2020
en Máis Deporte, Atletismo
Coruña21 C21 e C10 son dúas das probas de atletismo na Coruña / CONCELLO DA CORUÑA

C21 / CONCELLO DA CORUÑA

127
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter
A zona centro do Concello da Coruña volverá ser escenario dunha proba deportiva atlética. A cidade herculina sempre responde con éxito de público e de participación a eventos deportivos deste tipo. A veciñanza bótase á rúa para seguir a competición e as corredoras e corredores participan en amplo número. Nesta ocasión o número de persoas inscritas para a Media Maratón Coruña 21 ronda as 2.000. Ademais, nesta ocasión, a Concellería de Deportes coruñesa fai unha aposta decidida polo coidado do medio ambiente e a visibilización das enfermidades raras.Haberá un establecerá un dispositivo especial de tráfico durante o percorrido da proba que partirá dende o Obelisco ata a Dársena de Oza e dende alí ata a rotonda das Ánimas, no dique de abrigo. 

Case dous mil deportistas, o mesmo número que en anos anteriores, participarán este domingo, día 16, no Medio Maratón C21, que se desenvolverá dende as 10.00 ata as 12.30 horas. Según informa o Concello coruñés, o percorrido da proba, organizada pola Concellería de Deportes en colaboración coa Federación Galega de Atletismo, partirá dende o Obelisco ata a Dársena de Oza e dende alí ata a rotonda das Ánimas, no dique de abrigo.

Atletas destacadas/os

Nesta edición correrán de novo atletas destacadas/os tanto na categoría feminina como na masculina, como Marisa Barros, Adawork Aberta, El Bajjaoui Hanan, Samir Ait, Hassane Elkhiadi, Bekele Reta, Derara Aduguma e Cherkaoui Laalami. En canto ás e aos atletas nacionais, sobresaen Manuel Hurtado e Pedro Nimo, ambos os dous galegos, así como Álvaro Marín e Mónica Gutiérrez. Segundo informa o Concello da Coruña, das/os participantes, cinco homes e dúas mulleres chegan cunha marca na presente temporada que supera o récord da proba C21.

As persoas gañadoras do ano pasado foron na categoría feminina Alemaddis Eyayu Sesay, cunha marca de 1:11:18., e na categoría masculina Haimanot Mateb Muleneh, cun tempo de 1:03:02.

Percorrido da C21

O percorrido estará libre de tráfico e acoutado con valados. Os únicos vehículos que poderán circular serán os designados pola organización; deste xeito e mentres dure a proba non se poderá circular polo Cantón Grande, Cantón Pequeno, praza de Mina, praza de Ourense, Sánchez Bregua, Primo de Rivera, praza da Palloza, avda. do Exército e Estrada do Porto ata a rotonda de Oza; tamén permanecerá libre de tráfico o tramo dende o Obelisco ata os Pelamios, avda. de Montoto, da Mariña, Porta Real e Paseo Marítimo ata a Escola de Pablo Picasso.

Neste medio maratón, como ocorreu na Carreira Popular Coruña C10 no pasado mes de outubro, fíxose unha modificación do regulamento da proba co fin de permitir a presenza na carreira de menores con discapacidade en cadeira de rodas.

Informa o Concello da Coruña que se teñen inscrito na proba dous atletas que irán empuxando as cadeiras de rodas de dous menores moi coñecidos nas carreiras populares desta cidade e que lles axudarán a vivir a experiencia de percorrer 21 quilómetros. Ademais, vaise contar coa presenza dunha atleta con discapacidade visual e outro máis con discapacidade física. Con este cambio no regulamento, tanto o Concello da Coruña como a Federación Galega de Atletismo pretenden dar un paso mais na inclusión das persoas con diversidade funcional nos eventos deportivos municipais.

Aposta polo medio ambiente

A Concellería de Deportes fai unha aposta forte polo coidado do medio con medidas como a utilización de dorsais fabricados con papel reciclado e nos que vai unha semente para plantar posteriormente. Ademais, as medallas Finisher, que se lles darán a todas aquelas persoas que cheguen á meta, están feitas en madeira.

Nos puntos de avituallamento intermedio entregaráselles ás persoas participantes auga en vasos biodegradables co fin de intentar eliminar o plástico nestas probas.

Colocaranse colectores de lixo específicos para que se depositen os residuos e haberá unha maior presenza de xuíces e xuízas que controlarán que quen participe cumpra coas normas de reciclaxe como establece o regulamento. O reparto de comida ás persoas voluntarias farase en bicicleta.

Doutra banda, por primeira vez todos os carteis e folletos imprimiranse en papel reciclado. Na entrega de dorsais faráselles unha enquisa ás persoas participantes co fin de que quede un rexistro da pegada de carbono para acudir á carreira.

Imparable coas enfermidades raras

A carreira C21 visibilizará o compromiso desta concellería coa loita contra as enfermidades raras cunha foto de familia antes de comezar a proba.

Para iso despregarase unha lona onde quedará de manifesto que a C21 é “Imparable coas enfermidades raras”. Correrase co fin de visibilizar e sensibilizar a poboación da loita diaria das persoas que sofren este tipo de enfermidades, porque como di Federación Galega de Enfermidades Raras e Crónicas “a súa tamén é unha carreira de fondo”. Ademais da pancarta contarase coa presenza da presidenta da Federación Galega de Enfermidades Raras e Crónicas para entregar os trofeos.

Loita pola paz

Por último, o evento contará tamén coa presenza de Marisa Fernández, portavoz da 2.ª Marcha Mundial pola Paz e Non-violencia na Coruña, que está a percorrer o planeta dende o 2 de outubro de 2019 e que remata o día 8 de marzo de 2020 en Madrid coincidindo co Día Internacional da Muller. 

Etiquetas atletismoC21carreira
Comparte21Chía
Publicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As Nosas

Relacionado co tema

Gran Premio Cantones de marcha da Coruña 2021 / GP CANTONES

O G.P. Cantones de marcha contará cun novo circuíto e novas distancias

por Redacción As Nosas
13/05/2026
0

  A cidade da Coruña volverá situarse no epicentro mundial da marcha atlética coa celebración o vindeiro 23 de maio...

María Martínez, atleta de Trail Running / RFEA

María Martínez, primeira galega en debutar ca Selección Española absoluta de Trail Running

por Redacción As Nosas
12/05/2026
0

  Dúas atletas galegas formarán parte da Selección Española no vindeiro Campionato de Europa de Trail e Mountain Running, que se...

Representación de Galicia no podio da proba de 5.000 mts do Campionato de España categoría Sub-18 feminina, na que foi primeira Sabela Castelo, do Sanysec-Ourense e segunda, Paula Fernández da Sociedad Gimnástica de Pontevedra / RFEA

Cinco medallas para Galicia no Campionato de España de atletismo de 5.000 e 10.000 metros

por Redacción As Nosas
12/05/2026
0

  Galicia foi primeira no medalleiro grazas as cinco medallas obtidas polos atletas da nosa comunidade. Acadáronse en total 5...

Presentación do II Meeting Internacional de Ourense en Pista Curta / FEDERACIÓN GALEGA DE ATLETISMO

Conta atrás para o II Meeting Internacional de Ourense

por Redacción As Nosas
20/02/2026
0

A cidade de Ourense volverá situarse no centro do atletismo internacional coa celebración do II Meeting Internacional de Ourense en...

II Gala do Trail Running Galego / FEDERACIÓN GALEGA DE ATLETISMO

A II Gala do Trail Running Galego premia aos mellores do ano 2025

por Redacción As Nosas
09/01/2026
0

Onte, xoves 8 de xaneiro, tivo lugar no Teatro Princial de Ourense a II Gala do Trail Running do Atletismo...

Ver máis
KIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - Publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022
A coruñesa María Sanjurjo, campioa de Europa CP Esneca Fraga / RFEP

María Sanjurjo, campioa de Europa co CP Esneca Fraga (4-1)

0
Plantilla do Viaxes Amarelle FSF na Copa da Raíña / VIAXES AMARELLE

O Viaxes Amarelle visita Esteiro para conseguir o liderado

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0
A coruñesa María Sanjurjo, campioa de Europa CP Esneca Fraga / RFEP

María Sanjurjo, campioa de Europa co CP Esneca Fraga (4-1)

13/05/2026
O secretario xeral para o Deporte, Roberto García, compareceu na compareceu na Comisión 1ª do Parlamento de Galicia / XUNTA DE GALICIA

A Xunta destina este ano 2026 máis de 5,5 M€ ás federacións deportivas galegas

13/05/2026
Xornada arbitral en Vigo do CTGAF / RFGF - FUTGAL

O Comité Técnico Galego de Árbitros de Fútbol organizou a 2.ª xornada do Programa ACTA Master e unha xornada arbitral feminina

13/05/2026
Gran Premio Cantones de marcha da Coruña 2021 / GP CANTONES

O G.P. Cantones de marcha contará cun novo circuíto e novas distancias

13/05/2026
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos

© 2019 As Nosas SL.