No II Torneo Internacional Ferenc Szabo participarán campións de élite mundial e europea, como Ruth Fuentefría ou Eduarda Souza do equipo local, Marta e Laura García do conxunto salmantino ou a alemana Lucy Herweg.
A Coruña acollerá esta fin de semana o II Torneo Internacional Ferenc Szabo, organizado polo Club Halterofilia Coruña en colaboración co Concello. A xornada, que se celebrará durante o sábado 7 de outubro, continúa a situar A Coruña como cidade acollerdora de eventos deportivos de acordo coa estratexia do Concello da Coruña de impulsar e promover a práctica deportiva de nivel nacional e internacional.
A xornada dividirase en dúas partes. Pola mañá desputarase a Copa de Promesas, que contará coa participación dos mellores 50 deportistas de base de Galicia en 4 categorías: sub-15 masculina, sub- 15 feminina, sub-17 masculina e sub-17 feminina. Xa pola tarde terá lugar o a categoría junior (sub-20), entre delegacións de España e de Europa, convidados pola organización.
Nesta II edición participan 8 equipos: Club Urbi de Halterofilia (Biskaia), CDUS (Salamanca), C.H. Cambre (A Coruña), St. Birinus (Gran Bretaña), Frankfurt (Alemaña), Békéscsaba (Hungría) e as seleccións A e B do Club Halterofilia Coruña.
Entre os participantes atópanse campións e campioas de élite mundial e europea, como Ruth Fuentefría ou Eduarda Souza do equipo local Club Halterofilia Coruña, Marta e Laura García do conxunto salmantino ou a alemana Lucy Herweg.
Horarios da competición do II Torneo Internacional Ferenc Szabo
- 9.30 horas – Copa Masculina Promesas de Galicia
- 12.00 horas – Copa Feminina Promesas de Galicia
- 13.30 horas – Entrega de trofeos
- 16.00 horas – Campionato Masculino Internacional
- 18.30 horas – Campionato Femenino Internacional
- 19.30 horas – Entrega de trofeos