O 2020 péchase cunha nova agridoce para o Celta Zorka Recalvi. A celeste Laura Gallego sufre unha lesión de xeonllo, polo que tivo que ser intervida esta semana. A operación completouse con éxito e inicia xa o proceso de rehabilitación.
A baloncestista estará lonxe da pista durante unha tempada, durante o que dure a súa recuperación. Un tempo que nin club nin xogadora anunciaron. Con todo, Gallego conta co apoio total do Celta e da súa adestradora, Cristina Cantero.
Toda la energía para nuestra jugadora Laura Gallego intervenida con éxito de su lesión de rodilla.
Empieza la cuenta atrás para tu regreso.
Apoyo y cariño infinito!
🏀💙😘#unhadasnosas pic.twitter.com/B2U82zkHdw— CELTA BALONCESTO 💙 (@Celtabaloncesto) December 22, 2020
O Celta Zorka Recalvi atópase xa de vacacións tras vencer ao Maristas Coruña na última xornada da competición. O seu regreso será ante o GDKO Ibaizabal, o 6 de xaneiro, ás 20:00 horas no polideportivo de Navia.
Vitoria do Celta Zorka Recalvi na pista do Maristas Coruña (48-77)