Onte celebrouse a VII Carreira Popular de Matogrande, que forma parte do circuíto Coruña Corre. A proba congregou nas rúas do barrio a 856 corredores e corredoras das diferentes categorías, participando un total de 554 na competición absoluta, desta cita organizada polo Concello da Coruña.
O trazado desta carreira popular, cun percorrido total de 7.140 metros, tivo o seu punto de inicio na rúa Sebastián Martínez Risco, na contorna do colexio Liceo La Paz, e transcorreu entre o barrio e o campus universitario de Elviña.
Os tres primeiros clasificados da categoría masculina foron Fernando Diez, Rubén Liñares e Mikel Ocerin. Na proba feminina, gañou Nati García, Melania Mariño quedou segunda e Vanessa Rama, terceira.
👟 Esta mañá celebrouse a VII Carreira Popular de #Matogrande, dentro do circuíto #CoruñaCorre.
👉 A proba congregou a 865 participantes nas diferentes categorías, cun total de 554 na competición absoluta.
Chío 1/3 pic.twitter.com/onSS6tfI3n
— A Coruña Deportes (@coruna_deportes) June 25, 2023
O concelleiro da área de Fomento e Promoción da Cidade, Gonzalo Castro, e o concelleiro de Deportes, Manuel Vázquez, entregaron os premios das diferentes categorías, unha vez finalizada a proba.
Datas do circuíto Coruña Corre tras Matogrande
Tras o desenvolvemento da carreira popular de Matogrande, o circuíto Coruña Corre supera o ecuador da programación de datas para esta edición. O circuíto volverá ás rúas da cidade coa XI Carreira Popular da Volta a Oza, que terá lugar o 10 de setembro. Estas son as vindeiras datas previstas:
- XI Carreira Popular da Volta a Oza: 10 de setembro.
- VIII Carreira Popular do Ventorrillo: 22 de outubro.
- XI Carreira Popular de Novo Mesoiro: 26 de novembro.
👟 A xente dos barrios correu hoxe en #Matogrande!
👉 Máis de 800 deportistas participaron na VII Carreira Popular de Matogrande, dentro do circuíto #CoruñaCorre.
⤵️ Velaquí vos deixamos o vídeo resumo desta xornada! pic.twitter.com/Qx91KJs1lh
— A Coruña Deportes (@coruna_deportes) June 25, 2023