• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
Contido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.net
Inicio Máis Deporte Atletismo

A carreira popular C10 estreará meta nesta vixésima edición: a praza de María Pita

A alcaldesa, Inés Rey, informou dos preparativos iniciais para a proba, que abre xa as inscricións cunha oferta inicial de 3.000 prazas | Ademais, haberá descontos nas estadías grazas á colaboración de Hospeco

Redacción As Nosas por Redacción As Nosas
25/07/2026
en Máis Deporte, Atletismo
Presentación da C10 con cartel de Antón Lezcano / CONCELLO DA CORUÑA

Presentación da C10 con cartel de Antón Lezcano / CONCELLO DA CORUÑA

28
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter

A  alcaldesa do Concello da Coruña, Inés Rey, avanzou hoxe os primeiros detalles da próxima C10, a carreira popular máis lonxeva da cidade, e que o vindeiro 4 de outubro chegará á súa vixésima edición estreando unha meta inédita no histórico da proba: a praza de María Pita. Na súa última edición a Coruña10 tivo un 28% de participación feminina.

A escolla desta nova meta, tal e como precisou a rexedora, responde a varios factores. “Un deles, o simbolismo de rematar a proba no corazón da cidade nesta edición tan especial”, expuxo Inés Rey, que destacou tamén a capacidade da praza para acoller os postos e espazos destinados aos servizos complementarios da carreira.

A corredora keniata Selah Busienei venceu a carreira Coruña 10 na edición de 2021 / CONCELLO DA CORUÑA
A corredora keniata Selah Busienei venceu a carreira Coruña 10 na edición de 2021 / CONCELLO DA CORUÑA

Neste sentido, María Pita será o punto e final dun percorrido que comezará novamente na avenida de Montoto e percorrerá os Cantóns, Linares Rivas, avenida do Exército e a estrada do porto a Oza, cun treito polo interior dos peiraos, saída á rotonda da Casa do Mar e volta pola praza de Ourense, Cantóns e, finalmente, chegada á praza.

Iván Sanmartín, presidente da Comisión Xestora da Federación Galega de Atletismo (FGA), agradeceu ao Concello da Coruña o traballo que se está levando a cabo de forma conxunta para promocionar a carreira. “En toda España estase a falar da Coruña e do que se está a facer na cidade, que o 4 de outubro volverá a brillar coa C10”, apuntou Sanmartín, que lembrou que a urbe herculina acollerá no ano 2027 o Campionato de España de Ruta, que engloba as probas de Milla, 5K e media maratón.

Participantes na carreira popular Coruña10 / CONCELLO DA CORUÑA
Imaxe de arquivo de corredores e corredoras participantes na carreira popular C10 / CONCELLO DA CORUÑA

Na comparecencia ante os medios de comunicación, Inés Rey avanzou que nos vindeiros días haberá máis novidades sobre a XX Coruña10, que dará a coñecer o seu primeiro atleta élite o vindeiro martes 28 de xullo, a través das canles oficiais do Concello.

Inscricións abertas para a C10, cos 3.000 primeiros dorsais

Tamén está mañá, a alcaldesa informou da apertura do prazo de inscricións da Coruña10, cos primeiros 3.000 dorsais. En función da demanda existente, o Concello prevé habilitar unha listaxe de agarda para lanzar unha oferta de dorsais extra.

O calendario de inscricións está establecido en tres fases: un primeiro prazo a custo reducido, ata o 16 de agosto; un segundo prazo ordinario ata o 15 de setembro e un terceiro prazo, extraordinario, o 26 e 27 de setembro. Isto, sempre a expensas de que non se esgoten antes as prazas dispoñibles.

Ademais, á hora de inscribirse haberá bonificacións especiais para persoas desempregadas, maiores de 65 anos e tamén para familias numerosas.

O auxe da participación feminina nas carreiras populares da Coruña

Na rolda de prensa deste venres, as autoridades presentes coincidiron en destacar a boa saúde das carreiras populares na Coruña. No caso da C10, con datos recentes que o apoian, xa que na edición do 2025 participaron 3.500 persoas, o mellor balance da proba desde hai unha década.

Na Coruña10 deste 2023 venceu Edymar Brea en categoría feminina / CONCELLO DA CORUÑA
Na C10 de 2023 venceu Edymar Brea en categoría feminina / CONCELLO DA CORUÑA

E indo ao miúdo dos datos, a alcaldesa destacou tamén o incremento progresivo da participación feminina, que vén crecendo edición tras edición. “Nos últimos anos vimos traballando arreo para integrar as actividades deportivas nas políticas municipais en materia de igualdade, e, paso a paso, imos vendo progresos esperanzadores”, expuxo Rey, acompañada tamén polo concelleiro de Deportes, Manuel Vázquez, e por Yolanda González, pertencente á directiva da Federación Galega de Atletismo.

A este respecto, a C10 2025 foi a edición na que se constatou a participación de máis mulleres na carreira: un total de 725. Case un 28% da cifra total de atletas, a porcentaxe máis alta na historia da proba.

A alcaldesa, Inés Rey, entregando o premio correspondente ao seu 3º lugar na C10 a Solange Pereira / CONCELLO DA CORUÑA
A alcaldesa, Inés Rey, entregando o premio correspondente ao seu 3º lugar na Coruña 10 a Solange Pereira / CONCELLO DA CORUÑA

“E non é casualidade, porque este fito tamén tivo réplica na C21 de marzo, onde foron máis de 300 mulleres as que participaron no medio maratón, a cifra máis elevada desde a súa posta en marcha. O noso reto non só é incrementar as cifras globais de participación, senón que o público feminino siga gañando presenza porque iso é sinónimo de avances, de que a sociedade dá pasos adiante”, indicou Inés Rey.

Por iso, e para continuar con esta liña de traballo, as accións promocionais previstas polo Concello nesta Coruña10 contarán coa implicación de referentes como a exatleta Solange Pereira, que deixou un gran legado no palmarés das probas de atletismo na Coruña, xa que é a deportista con máis vitorias na carreira dos dez quilómetros. Ata en catro ocasións.

Colaboración con Hospeco para facilitar as estadías na cidade

Outra das novidades que incorporará a vixésima edición da Coruña10 será a colaboración establecida entre o Consorcio de Turismo e Congresos e a Asociación Empresarial de Hospedaje de A Coruña (Hospeco), que habilitará descontos especiais de entre o 8 e o 25% en once aloxamentos hoteleiros da cidade para facilitar as estadías na Coruña na fin de semana da carreira, entre os días 2 e 4 de outubro.

Inés Rey agradeceu a boa vontade e predisposición amosada desde Hospeco e, en particular, polo presidente da asociación, Agustín Collazos, que amosou o apoio e ilusión da asociación por colaborar nesta edición da C10. “Entendemos que esta iniciativa non só axuda a dinamizar a cidade, senón tamén a consolidar a ocupación hoteleira en meses nos que os niveis de reservas non son tan elevados”, indicou Collazos.

Selo coruñés no cartel oficial desta nova edición

Na rolda de prensa deste venres tamén participou o comunicador gráfico coruñés Antón Lezcano, creador do cartel oficial desta XX edición da Coruña10.

Antón Lezcano profundou no proceso que levou a artellar o cartel, “un proceso que desde a orixe foi moi claro: a C10 é unha carreira referente e moi coñecida. Buscamos sintetizar os conceptos da proba e a cidade a través dunha imaxe directa e moi clara. E así é como naciu a pegada atlántica”.

 

Ver esta publicación en Instagram

 

Una publicación compartida de Concello da Coruña (@coruna_gal)

A alcaldesa, Inés Rey, puxo en valor o traballo de Lezcano para artellar o deseño definitivo do cartel deste ano, caracterizado por un sentimento identitario que busca visibilizar unha carreira emblemática e de prestixio a nivel nacional.

Inés Rey reivindicou o carácter coruñés do cartel da carreira, “unha C10 que cómpre coidar porque desde o Concello entendemos que eventos multitudinarios como as carreiras populares non só promoven os hábitos saudables entre a poboación; tamén son unha forma de facer cidade, de darlle vida ás nosas rúas”.

Etiquetas atletismoC10Coruña 10
ComparteChía
Publicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As Nosas

Relacionado co tema

Belén Toimil, acada o seu sétimo campionato de España de lanzamento de peso no absoluto ao aire libre 2026, na imaxe posa no podio coa medalla de ouro / RFEA - SPORT MEDIA

Oito medallas para o atletismo galego no Campionato de España Absoluto, a metade corresponden a atletas femininas

por Redacción As Nosas
28/07/2026
0

Grande actuación do atletismo galego no Campionato de España absoluto de atletismo celebrado en Málaga esta fin de semana. Galicia...

Antía Chamosa (prata), María Pérez (ouro) e Aldara Meilán (bronce) nos 10.000 metros marcha do Campionato de España de atletismo / RFEA SPORTMEDIA

Antía Chamosa e Aldara Meilán, prata e bronce nos 10.000 metros marcha do Campionato de España

por Redacción As Nosas
25/07/2026
0

As galegas Antía Chamosa e Aldara Meilán asinan a medalla de prata e a de bronce, respectivamente nos 10.000 metros...

Blanca Pereira, medalla de ouro no lanzamento de martelo no Campionato de España Sub-23 de atletismo 2026 / RFEA - SPORTMEDIA

Galicia regresa con catro medallas do estatal de Sub-23 de atletismo

por Redacción As Nosas
13/07/2026
0

A expedición galega de 37 atletas, asinou unha excelente actuación no Campionato de España Sub23, celebrado esta pasada fin de semana...

A atleta Ainhoa Repáraz é unha das atletas que competirán no XLVI Campionato Xunta Sub-20 de Probas Combinadas pista cuberta / ATLETISMO GALEGO

Galicia acude con 38 atletas ao Campionato de España Sub-23 de Cáceres

por Redacción As Nosas
10/07/2026
0

Un total de 38 atletas de Galicia vanse desprazar esta fin de semana ata a Cidade Deportiva da Xunta de...

Equipos do Club Atletismo Sada e Samertolameu no Campionato de España mixto de Atletismo máster / FEDERACIÓN GALEGA DE ATLETISMO

Un milleiro de atletas de todo o país participarán esta fin de semana no Campionato de España Máster por equipos que acolle A Coruña

por Redacción As Nosas
10/07/2026
0

Esta fin de semana, A Coruña acollerá un novo evento deportivo de primeiro nivel: o Campionato de España Máster por Equipos....

Ver máis
KIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - Publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022
Belén Toimil, acada o seu sétimo campionato de España de lanzamento de peso no absoluto ao aire libre 2026, na imaxe posa no podio coa medalla de ouro / RFEA - SPORT MEDIA

Oito medallas para o atletismo galego no Campionato de España Absoluto, a metade corresponden a atletas femininas

0
Plantilla do Viaxes Amarelle FSF na Copa da Raíña / VIAXES AMARELLE

O Viaxes Amarelle visita Esteiro para conseguir o liderado

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0
Belén Toimil, acada o seu sétimo campionato de España de lanzamento de peso no absoluto ao aire libre 2026, na imaxe posa no podio coa medalla de ouro / RFEA - SPORT MEDIA

Oito medallas para o atletismo galego no Campionato de España Absoluto, a metade corresponden a atletas femininas

28/07/2026
RC Deportivo ABANCA vs Valencia CF / SABELA MOSCOSO

Tere Abelleira podería estar barallando o seu regreso ao Dépor ABANCA

26/07/2026
Antía Chamosa (prata), María Pérez (ouro) e Aldara Meilán (bronce) nos 10.000 metros marcha do Campionato de España de atletismo / RFEA SPORTMEDIA

Antía Chamosa e Aldara Meilán, prata e bronce nos 10.000 metros marcha do Campionato de España

25/07/2026
Presentación da C10 con cartel de Antón Lezcano / CONCELLO DA CORUÑA

A carreira popular C10 estreará meta nesta vixésima edición: a praza de María Pita

25/07/2026
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos

© 2019 As Nosas SL.