- Esta fin de semana a actividade competitiva de base no atletismo estará centrada na competición que se celebrará o sábado na Coruña: o Campionato Xunta de Galicia Sub-10 e Sub-12.
As categorías base do atletismo galego acuden para tomar parte no Campionato Galego Sub-10 e Sub-12 que xunta a un importante número de atletas achegados de todos os recurrunchos da nosa comunidade.
Máis de cincuenta equipos, clubs, escolas atléticas e formacións, estarán acompañando aós máis novos e novas neste campionato que dará comezo as 10.00 horas e que rematará sobre as 20.30, segundo informa a Federación Galega de Atletismo.
Como sempre nestas categorías, máis alá de resultados e rexistros, búscase unha xornada de aprendizaxes e experiencias na que os máis pequechos e pequechas do noso deporte poidan poñer en práctica da man dos seus adestradores e adestradoras, todo o aprendido ao longo da tempada.





















