- Ángela Mataix súmase ao BAXI Ferrol procedente do Jairis
O BAXI Ferrol avanza novas incorporacións e vai dando forma ao equipo co que competirá a próxima tempada na liga Challenge e ao novo proxecto do conxunto ferrolán únese a base alacantina Ángela Mataix.
Ángela Mataix, nueva jugadora del BAXI Ferrol.@angela_mataix: “Es un lugar ideal para seguir creciendo. Me considero una jugadora implicada y trabajadora, que le gusta jugar para el equipo y vaciarse en cada entrenamiento y partido”.
¡Bienvenida a Ferrol! pic.twitter.com/YLVoMFJUGh
— Baxi Ferrol (@UniFerrol) July 12, 2022
É unha xogadora que o próximo día 31 cumprirá vinte e dous anos de idade, que mide 1.79 metros e que se formou nas filas da Fundación Lucentum Alicante, da que pasou ao Jairis, co que acaba de lograr o ascenso á liga Endesa. Coa escuadra murciana xogou unha media de dezaseis minutos por partido.
Ángela Mataix é unha xogadora que pode alternar a posición de base coa de escolta e vén a Ferrol coa intención de repetir o éxito que logrou en Murcia.
A xogadora comenta que para ela o “BAXI Ferrol é un club con grandes aspiracións, que sempre loita por estar arriba na competición. Ademais, creo que é un lugar ideal para seguir crecendo, xa que me vai a esixir sacar o mellor de min”.
Ángela Mataix: “BAXI Ferrol é un club con grandes aspiracións, que sempre loita por estar arriba na competición. Ademais, creo que é un lugar ideal para seguir crecendo, xa que me vai a esixir sacar o mellor de min”.
Ángela Mataix engade que se considera “unha xogadora implicada e traballadora, que lle gusta xogar para o equipo e baleirarse en cada adestramento e partido”.

Pola súa banda, o técnico que a vai adestrar no BAXI Ferrol, Lino López, comenta sobre a nova integrante do cadro ferrolán que “Ángela Mataix é unha xogadora nova que tivo unha gran progresión estas dúas últimas tempadas, xogando o ano pasado en Murcia, un dos mellores equipos da liga, e conseguindo o ascenso”.
Lino López destaca de Ángela Mataix que é “moi traballadora”
Na opinión de Lino López, a nova deportista que se suma á disciplina do BAXI Ferrol como base: “É unha xogadora moi traballadora que sempre tenta facer o mellor para o equipo, dando o seu máximo para o conxunto”.
Para o adestrador do conxunto ferrolá, Ángela Mataix, tanto ofensiva como defensivamente “é unha xogadora completa con bo físico e con moitas ganas de crecer e de traballar”.
Lino López di da nova fichaxe do BAXI Ferrol: “É unha xogadora moi traballadora que sempre tenta facer o mellor para o equipo, dando o seu máximo para o conxunto. Tanto ofensiva como defensivamente é unha xogadora completa con bo físico e con moitas ganas de crecer e de traballar”.
Desta forma, coa fichaxe da base Ángela Mataix o equipo xa dispón de nove xogadoras tras anunciar as incorporacións á disciplina do BAXI Ferrol da deportista finesa Marianne Kalin, á americana Jenna Allen, ás hispano-arxentinas Andrea Boquete e Julieta Mungo, á cántabra Marta Gómez, a catalá Claudia Soriano, a canadiense Jessica Fequiere e á valenciana Irene Garí.
A campaña de abonados do BAXI Ferrol conta xa con 544 persoas socias do club
Por outro parte, segue aberta a campaña de abonados para poder renovar ou darse de alta. Polo momento, renovaron o seu abono 544 persoas, mentres que se produciron 59 altas, o que fai un total de 603 persoas.
Segundo informa o club da Cidade Departamental, todas aquelas persoas que estean interesadas en facerse socias da entidade poden pasarse pola Taberna Arauxa, no Cantón de Molins 6, de martes a domingo de 12.00 a 22.00 horas. Tamén se poden facer as xestións de asociarse a través do correo electrónico abonadosuniferrol@gmail.com.





















