A escola de natación e tríatlon AD Fogar organiza como cada ano o Campamento MERA TRI CAMP 2021, en colaboración co Concello de Oleiros e a Deputación de A Coruña. As actividades terán lugar na praia de Mera, pero este verán terán que seguir un formato reducido.
Só a rapazada nada entre 2011 e 2015, ambos incluídos, poderán formar parte do MERA TRI CAMP 2021. Esta edición seguirá todas as normas, protocolos e recomendacións sanitarias.
Como será o MERA TRI CAMP 2021 da AD Fogar?
Como ven sendo costume, o campamento desenvolverase entre luns e venres durante xullo e agosto, en horario matinal de 11 a 14 horas.
Nestas actividades da AD Fogar poderán participar entre 30 e 45 nenas e nenos de idades comprendidas entre os 6 e os 10 anos, co obxectivo de pasar un verán divertido e dinámico. Os exercicios centraranse nas habilidades básicas e os valores propios do tríatlon, é dicir, a práctica da natación en augas abertas, o ciclismo e a carreira a pé.
Como xa sucedeu en anteriores edicións, a contorna e a organización e control por parte das monitoras e adestradoras da AD Fogar é unha garantía de éxito.
As inscricións
Unha vez confirmada a participación das persoas asociadas, e segundo a dispoñibilidade de prazas, a AD Fogar abrirá o 18 de maio a quenda de inscricións para as familias non afiliadas pero interesadas en participar no MERA TRI CAMP 2021.
A web do club incluirá a partir desa data o formulario a completar para xestionar as reservas de praza.