Presentouse a 18.ª edición do Autocross Carballo, terceira cita do Campionato de España de Autocross (CEAX Loterías). A proba vaise disputar do 10 ao 12 de xullo no circuíto municipal de Carballo, en Bértoa.
O Auto cross Carballo está organizada polo Club Rally Coruña e volverá marcar un récord de participación, con 127 pilotos inscritos.
Ver esta publicación en Instagram
Adestramentos do Autocross Carballo o venres 10 de xullo
Segundo informa a organización nas súas redes sociais, o vindeiro venres 10 de xullo, os participantes inscritos no 18º Auto cross Carballo – CEAX 2026 poderán gozar dunha xornada de adestramentos libres no Circuíto Municipal de Carballo. Os adestramentos celebraranse entre as 16:00 e as 19:00 horas, cun máximo de dúas tandas de cinco voltas por participante.
Ver esta publicación en Instagram





















