- Os máis de 50 participantes realizaron un reagrupamiento no municipio das Pontes antes de emprender regreso á praza de María Pita onde esta tarde finalizará a competición.
- Os pilotos percorrerán hoxe máis de 200 quilómetros penetrándose por primeira vez na provincia de Lugo, concretamente na localidade de Xermade.
Os máis de 50 participantes que conforman a grella deste 9.º Repsol Eco Rallye A Coruña chegaron á localidade das Pontes onde realizarán unha parada intermedia antes de poñer rumbo novamente á praza de María Pita para finalizar a competición.
Durante a xornada de hoxe os participantes enfróntanse a máis de 200 quilómetros de percorrido cos que completarán os 574 totais. Coa chegada á Coruña, prevista para as 18:20 horas desta tarde, os participantes poñerán fin á edición máis extensa do Repsol Eco Rallye A Coruña con 574 quilómetros percorridos e 39 municipios atravesados.
É, ademais, a edición máis internacional dado que ata 10 nacionalidades están representadas. A entrega de premios será mañá ás 12:00 horas.
Mañá, domingo 21 de setembro, coñeceranse os diferentes vencedores oficiais do 9.º Repsol Eco Rallye A Coruña e posteriormente terá lugar o acto de entrega de premios, prevista para as 12:00 horas na praza de María Pita.
- A evolución da proba pode seguirse en directo a través da plataforma Sportity, dispoñible nesta ligazón.





















