Mañá sábado 25 de febreiro (a partir das 09:00 horas) celebrarase a XVII edición da Copa Internacional Cidade da Coruña de taekwondo no Coliseum da Coruña cuns 900 participantes entre deportistas, técnicos, colectivo arbitral e membros da organización.
Como todos os anos, a organización desta Copa Internacional Cidade da Coruña de taekwondo realizará unha recollida de alimentos a favor da Cocina Económica da cidade herculina.
En total estarán representados na competición 55 clubs de Galicia, España e Portugal e entre os inscritos atópanse medallistas, tanto nacionais como internacionais nas diferentes categorías.
✅ Todo listo no Coliseum da Coruña para acoller este sábado a 🥋 XVII Copa Cidade da Coruña de #Taekwondo.
👉 Durante o evento, no que participarán preto de 700 deportistas, a @tkdgarrapucho fará unha recollida de alimentos non perecedoiros para a Cociña Económica.
Chío 1/2 pic.twitter.com/sh1PpA42cv
— A Coruña Deportes (@coruna_deportes) February 23, 2023
A Copa Interancional Cidade da Coruña, organizada pola Escola de Taekwondo Garrapucho, disputarase na modalidade de combate en todas as categorías (máster, sénior, júnior, cadete, precadete e infantil) e para a celebración de todos os combates disporanse 10 tapices. Os horarios serán de 9 a 14:00 horas e de 15:00 a 20:00 horas.
Como todos os anos, a Escola de Taekwondo Garrapucho organiza unha recollida de alimentos a favor da Cocina Económica da Coruña, con máis de 130 anos de historia. A entrada ao recinto será gratuíta, polo que a organización anima a todos os participantes no evento (deportistas, árbitros, técnicos e público) a doar alimentos non perecedoiros, que se entregarán a esta institución benéfica.