• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
Contido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.net
Inicio Máis Deporte Atletismo

Nove récords galegos e un do mundo batéronse no Campionato de Galicia absoluto de atletismo en pista cuberta

Esther Pedrosa volveno facer, a galega tumbou outra vez un récord do mundo, desta volta o dos nos 3.000 m | Expourense acolleu a cita que renovou ata marcas autonómicas

Redacción As Nosas por Redacción As Nosas
13/02/2022
en Máis Deporte, Atletismo
Podio dos 800m do Campionato Galego con Xela Martínez, Raquel Meaños e Maria Carballido, bateuse o récord galego Sub-18 / FEDERACIÓN GALEGA DE ATLETISMO

Podio dos 800m do Campionato Galego con Xela Martínez, Raquel Meaños e Maria Carballido, bateuse o récord galego Sub-18 / FEDERACIÓN GALEGA DE ATLETISMO

614
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter

 

Dez récords se bateron no Campionato de Galicia absoluto de pista cuberta, nove autonómicos e un mundial. A cita deportiva deixou tamén a acreditación de varias marcas mínimas para o estatal absoluto que terá lugar no mesmo escenario os días 25, 26 e 27 deste mesmo mes.

Todo apuntaba a que sería así e finalmente aconteceu. A igualdade predominante en moitas das probas desta cita do atletismo galego fixo que o esforzo das e dos deportistas se traduxese na consecución de excelentes rexistros.

 

Ver esta publicación en Instagram

 

Una publicación compartida de Escuela Atlética Lucense (@escuelaatleticalucense)

Ainhoa Reparaz, campioa galega nos 60 e nos 200m

Para comezar os 60 m. cumpriron os prognósticos con triunfos para os principais favoritos, Javier García do Celta con 6.86 e os excelentes 7.65 de Ainhoa Reparaz do  Val Miñor quen se convertiron nun novo récord galego Sub-18 constatando a gran evolución do sector de velocidade galego nos últimos anos. Non menos importantes foron os segundos postos tanto de Adrián Pérez con 6.88 como a da bimedallista paralímpica en Tokio-20 e principal figura do campionato, Adi Iglesias do Lucus Caixa Rural quen logo dunha mala saída, remontaba ata o segundo posto con 7.81

Nos 200 m. novamente Ainhoa Reparaz facíase co título autonómico cun excelente rexistro de 25.29 polos 21.54 do principal favorito na categoría masculina o plusmarquista galego internacional de 100 m. e 200 m. Mauro Triana, que perfila a súa presenza no campionato nacional. Sergio Rodríguez da  Gimnástica de Pontevedra , lograba o subcampionato e acompañará a Triana ao estatal, grazas aos seus salientables 21.75

Os 400 metros tiveron tanto en María Fernández como en Jacobo Soler aos grandes protagonistas por partida dobre xa que non só lograban a medalla de ouro no Campionato, senón que os seus rexistros de 55.91 e 48.28 representan unha nova plusmarca galega Sub20 o que promete un futuro esperanzador nesta importante especialidade, tal e como apunta desde a Federación Galega de Atletismo.

Nos valos cumpríronse os pronósticos co triunfo de Teresa Rodríguez do Riazor quen volve a alta competición acreditando unha marca de  8.71, namentras que Hugo Vázquez do Marineda con 8.17 lograba un novo récord galego Sub-20 e o triunfo ante un serio rival como é Santi Rozas do Lucus Caixa Rural quen remataba segundo con 8.30.

Xela Martínez, vence nos 800m con récord galego

Os 800 m. resultou ser un dos pratos fortes da competición na categoría feminina. Novamente Xela Martínez da  Atlética Lucense, daba mostras do seu enorme talento impoñéndose nada menos que a Raquel Meaños que a facían rematar cun sencional crono de de 2:09.40 o que representa un novo récord galego Sub-18, quedando ás portas do récord de España (2:09.09) Lembramos que a lucense xa ten os récords nacionais de pista cuberta tanto dos 1.500 m. como dos 3.000 m.

Na categoría masculina, e tamén en vibrante carreira, o atleta da  Gimnástica de Pontevedra Adrián Lago con 1:54.34, entraba en meta por diante de Ignacio del Buey do C.A. Sada quen concluía na segunda posición con 1:55.97.

Xa no fondo, dominio da internacional e campioa galega de Campo a través Esther Navarrete con 4:24.68, sendo a categoría masculina unha das máis emocioantes do campionato con triunfo de Carlos Porto da  Gimnástica de Pontevedra con 3:49.13 quen entraba por diante do compañeiro de equipo Pablo Bocelo con 3:49.26, míninimas en ámbolos dous casos para tomar parte no Campionato nacional.

Récord do mundo para Esther Pedrosa nos 3.000m na categoría W60

Continuando ca proba dos 3.000 m. o atleta estradense El Mehdi El Nabaoui lograba un claro triunfo con bo rexistro de 8:14.78 que serve de excelente estímulo logo da tempada de campo a través realizada ata o momento. Pola súa banda a subcampioa galega absoluta de campo a través, Laura Santos do Lucus Caixa Rural lograba un claro triunfo con 9:20.78.

Nesta distancia salientar novamente a consecución dun novo récord mundial da santiaguesa Esther Pedrosa que suma nada menos que catro plusmarcas mundiais. Desta vez foron os 3.000 m. cun tempo final de 10:56.17 que a permiten recuperar de novo esa plusmarca mundial na categoría W60.

 

Ver esta publicación en Instagram

 

Una publicación compartida de Esther Pedrosa (@estherpedrosa)

Nos concurso de lonxitude protagonismo dos saltadores do Celta, cun Raúl Cortizo que chegaba no seu cuarto salto ata os 7.14 m. que servían para mellorar os 7.05m. de Sergio Coello. Pola súa banda Andrea Villaverde da  Gimnástica de Pontevedra con 5.66 m. vencía a Lucía Sánchez del Valle que rexistraba 5.55 m. no seu último intento. Esta atleta da Escola Atlética Lucense, levou dúas pratas deste campionato autonómico xa que tiña acadado nos 60 mv a súa mellor marca persoal con 8.86 (asinando tamén un segundo posto).

Podio do salto de lonxitude do Campionato Galego absoluto de atletismo en pista cuberta 2022: Andrea Villaverde, Lucía Sánchez Valle e máis Eva Queimaño / ATLÉTICA LUCENSE
Podio do salto de lonxitude do Campionato Galego absoluto de atletismo
en pista cuberta 2022: Andrea Villaverde, Lucía Sánchez Valle e máis Eva Queimaño / ATLÉTICA LUCENSE

Ouro para Alba Cuns no triplo salto

Sen abandoar o foxo, no triplo masculino o principal favorito Alex Barreiro cumplía os pronósticos facéndose con 15.03 m. co campionato galego. En mulleres a campioa de España indoor Sub-18 Alba Cuns, lograba desta vez a medalla de ouro con 12.72 m. por diante da campioa de España de Aire Libre Sub-18 Diaou Diallo do Ría Ferrol quen reservaba o seu tocado seonllo no último salto para o estatal.

Título autonómico no concurso de altura para a medallista do pasado nacional Sub-18 Enma Sihuang Pérez da  Atlética Lucense con 1,70 m. que  iguala a súa MMP. Nos homes o saltador do A. Santiago Mateo Aller facía o propio cun salto de 1.82 m.

Título galego e récord Sub-18 para Lisa Vosberg na pértega

Na pértega Lisa Vosberg non puido estrear de mellor xeito a súa nova camiseta do Celta, lograba o título a dous centímetros do seu récord galego Sub18 con 3.53 m. Completaban podio Bea Viteri do Scorpio71 con 3.43 m. e Manuela Blanco do Ourense Atletismo con 3.25 m.

Pola súa banda na categoría masculina foi o sadense Tomás Lopez quen chegaba ata os 4.55 m. que servía para superar aos 4.50 m. de Adolfo Saínz- Maza do Celta.

Para rematar, no concurso de peso Víctor Gallego da  Gimnástica de Pontevedra recuperaba o título de campión absoluto grazas aos seus 15.57 m. que serviron para vencer a Miguel Angel Granado do Celta con 14.55 m. e a o campión galego Jaime Arias do Riazor Coruña que remataba bronce con 14.23 m. Con este rexistro ademáis, Gallego lograba o récord galego máster 35 onde tamén faría o propio, pero na categoría master 50, Ramón Valdivieso do AVA con 8.79 m.

Raquel Revuelta do Celta con 13.36 m. superaba as súas rivais neste concurso na que a segunda posición foi parar a Xiana Lago do Ría Ferrol con 12.23. De igual modo que acontecía na categoría masculina, María Fernández do Ourense atletismo na categoría máster 50, lograba o récord galego con 8.80 m.

Consulta nesta ligazón todos os resultados do Campionato Galego absoluto de Atletismo en pista cuberta 2022

Nesta cita competitiva autonómica participaron atletas femininas pertencences, entre outros clubs a:
  • Escuela Atlética Lucense
  • Lucus Caixa Rural Galega
  • Club Atletismo Sada
  • Sociedad Gimnástica de Pontevedra
  • Atlética Val Miñor
  • Atletismo Narón
  • Atlética Barbanza
  • AA Mazi
  • ADAS Proinor
  • SA TREGA
  • Atletismo Ribadeo
  • Coruña Comarca
  • Santa Uxía Atletismo
  • Celta Atletismo
  • CD La Purísima
  • Atlética Silva
  • Atletismo Rías Baixas
  • Sprint Atletismo León
  • La Mochila del Deporte
  • Riazor Atletismo
  • Ría de Ferrol Concepción Arenal
  • Atletismo Friol
  • Atletismo Playas de Castellón
  • Atletismo Universidade de Santiago de Compostela
  • FC Barcelona Atletismo
  • Atletismo Deza
  • Super Amara Bat
  • Atletismo Santiago
  • Comesaña Sporting Club
  • Club Ourense Atletismo
  • Atletismo Vila de Cangas
Etiquetas Adi IglesiasAinhoa ReparazAlba CunsAndrea VillaverdeatletismoBea ViteriCampionato GalegoDiaou DialloEnma SihuangEsther NavarreteEsther PedrosaExpourenseLaura SantosLucía Sánchez del ValleMaría Fernándezourensepista cubertaRaquel CosmeRaquel MeañosRaquel RevueltaTeresa RodríguezXela MartínezXiana Lago
Comparte2Chía2
Publicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As Nosas

Relacionado co tema

Belén Toimil, acada o seu sétimo campionato de España de lanzamento de peso no absoluto ao aire libre 2026, na imaxe posa no podio coa medalla de ouro / RFEA - SPORT MEDIA

Oito medallas para o atletismo galego no Campionato de España Absoluto, a metade corresponden a atletas femininas

por Redacción As Nosas
28/07/2026
0

Grande actuación do atletismo galego no Campionato de España absoluto de atletismo celebrado en Málaga esta fin de semana. Galicia...

Antía Chamosa (prata), María Pérez (ouro) e Aldara Meilán (bronce) nos 10.000 metros marcha do Campionato de España de atletismo / RFEA SPORTMEDIA

Antía Chamosa e Aldara Meilán, prata e bronce nos 10.000 metros marcha do Campionato de España

por Redacción As Nosas
25/07/2026
0

As galegas Antía Chamosa e Aldara Meilán asinan a medalla de prata e a de bronce, respectivamente nos 10.000 metros...

Presentación da C10 con cartel de Antón Lezcano / CONCELLO DA CORUÑA

A carreira popular C10 estreará meta nesta vixésima edición: a praza de María Pita

por Redacción As Nosas
25/07/2026
0

A  alcaldesa do Concello da Coruña, Inés Rey, avanzou hoxe os primeiros detalles da próxima C10, a carreira popular máis...

Blanca Pereira, medalla de ouro no lanzamento de martelo no Campionato de España Sub-23 de atletismo 2026 / RFEA - SPORTMEDIA

Galicia regresa con catro medallas do estatal de Sub-23 de atletismo

por Redacción As Nosas
13/07/2026
0

A expedición galega de 37 atletas, asinou unha excelente actuación no Campionato de España Sub23, celebrado esta pasada fin de semana...

A atleta Ainhoa Repáraz é unha das atletas que competirán no XLVI Campionato Xunta Sub-20 de Probas Combinadas pista cuberta / ATLETISMO GALEGO

Galicia acude con 38 atletas ao Campionato de España Sub-23 de Cáceres

por Redacción As Nosas
10/07/2026
0

Un total de 38 atletas de Galicia vanse desprazar esta fin de semana ata a Cidade Deportiva da Xunta de...

Ver máis
KIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - Publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
O Dépor ABANCA leva o Teresa Herrera 2026 ao vencer por 2-0 ao FC Porto

O Dépor ABANCA leva o Teresa Herrera 2026 ao vencer por 2-0 ao FC Porto

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0

O Ensino arrasa no Pazo Universitario

0
O Dépor ABANCA leva o Teresa Herrera 2026 ao vencer por 2-0 ao FC Porto

O Dépor ABANCA leva o Teresa Herrera 2026 ao vencer por 2-0 ao FC Porto

13/08/2026
Belén Toimil, acada o seu sétimo campionato de España de lanzamento de peso no absoluto ao aire libre 2026, na imaxe posa no podio coa medalla de ouro / RFEA - SPORT MEDIA

Oito medallas para o atletismo galego no Campionato de España Absoluto, a metade corresponden a atletas femininas

28/07/2026
RC Deportivo ABANCA vs Valencia CF / SABELA MOSCOSO

Tere Abelleira podería estar barallando o seu regreso ao Dépor ABANCA

26/07/2026
Antía Chamosa (prata), María Pérez (ouro) e Aldara Meilán (bronce) nos 10.000 metros marcha do Campionato de España de atletismo / RFEA SPORTMEDIA

Antía Chamosa e Aldara Meilán, prata e bronce nos 10.000 metros marcha do Campionato de España

25/07/2026
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos

© 2019 As Nosas SL.