Galicia conta con ata nove deportistas convocados para tomar parte de diferentes concentracións internacionais de loitas olímpicas que se están a celebrar entre o 24 e o 18 de abril nos Centros de Alto Rendemento de Murcia e de Madrid.
O Centro de Alto Rendemento de Los Alcázares en Murcia, está a ser a sede das concentracións internacionais cos deportistas U17 e U20, onde Galicia ten a Candela Castro (loita feminina, Club Atila de Ourense), a Alex Silva (loita grecorromana, Club Keltoi de Vila de Cruces) e ao técnico nacional Ruben Méndez.
No Centro de Alto Rendemento de Madrid acolle a concentración estatal de loita libre olímpica cos deportistas: Alessandro Lemma (Club Ciudad de Vigo), Saul Bello e Moises Bello (Club San Ignacio de Vigo), Yassine Fouzi (Club Keltoi de Vila de Cruces), Iago Fernández (Club de Loita Pontevedra) e o técnico estatal Marcos Miragaya.
Estas actividades pódense levar a cabo grazas á cooperación entre os clubs e a Federación Galega de Loita e D.A. para a cofinanciación de estas actividades, segundo explica FEGALOITA.
Esta temporada é especial e os deportistas gallegos da categoría U20, buscan cumprir cos criterios establecidos para participar no Campionato de Europa U20 que se organizará na cidade de Santiago de Compostela a finais de xuño e principios de xullo.
Velaí a relación de nove deportistas que participan nestas concentracións de loitas olímpicas:
CATEGORIA | MOD. | CONCENTRACIÓN MURCIA | CONCENTRACIÓN MADRID | NOMBRE | APELLIDO | CLUB |
JUNIOR | LO | X | MOISES | BELLO | SAN IGNACIO | |
JUNIOR | LO | X | YASSINE | FOUZI | KELTOI | |
JUNIOR | LO | X | ALESSANDRO | IEMMA | CIUDAD DE VIGO | |
JUNIOR | LO | X | IAGO | FERNÁNDEZ | PONTEVEDRA | |
JUNIOR | LO | X | SAÚL | BELLO | SAN IGNACIO | |
TÉCNICO | TEC | X | MARCOS | MIRAGAYA | TÉCNICO | |
JUNIOR | GR | X | ALEX | SILVA | KELTOI | |
CAD/JUN | LF | X | CANDELA | CASTRO | ATILA | |
TÉCNICO | TEC | X | RUBÉN | MÉNDEZ | TÉCNICO |