Oito taekwondistas galegos (tres rapazas e cinco rapaces) participan no Campionato de Europa Júnior de Pesos Olímpicos, que se está a celebrar estes días en Riga (Letonia), segundo informa a Federación Galega de Taekwondo.
A nosa ‘selección galega’ xa se atopa en Riga preparándose para esta importante cita. Mañá xoves comezará a competición no Campionato de Europa para os nosos, con catro representantes sobre o tapiz. Onte foi a xornada de pesada e todos eles cumpriron co peso.
Así, hoxe xoves 6 de outubro, será o momento de ver en acción a Inés González (+67, Mat´s), Helena García (+67, Dobok), Adrián Salanova (-68, Maniotas) e Sergio Troitiño (+78, Mat´s).
O venres 7/10/22 participarán os tres galegos restantes que son Noa Romero (Natural Sport), Javier Otero (Kae Sport), Samuel Meilán (Tao) e Mateo Boudjenane (Boudsport).

As e os nosos deportistas levan semanas traballando na súa preparación para este Campionato de Europa, xunto ao técnico Pablo Carou, informa a Federación Galega de Taekwondo.