Grande actuación do atletismo galego no Campionato de España absoluto de atletismo celebrado en Málaga esta fin de semana. Galicia regresa con oito medallas, a metade delas colleitadas por galegas. En concreto dous dos catro ouros que conseguiron Belén Toimil en lanzamento de peso e Yulenmis Aguilar no lanzamento de xavelina. As marchadoras Antía Chamosa e Aldara Meilán foron prata e bronce na proba de 10.000 metros unicamente superadas pola inmensa atleta olímpica María Pérez que bateu o récor de España.

Foto propiedad Sportmedia para la Real Federación Española de Atletismo. Licencia de uso libre editorial. Para uso comercial contactar con contacto@sportmedia.es
O atletismo galego conseguiu un balance de oito medallas, nove postos de finalista e un novo récord galego absoluto, confirmando o excelente momento polo que atravesan os seus principais referentes.
Os títulos chegaron da man das grandes bazas galegas. Belén Toimil volveu demostrar o seu dominio no lanzamento de peso ao proclamarse, por sétima vez consecutiva, campioa de España. A plusmarquista de España acadou unha mellor marca de 16.67 metros (X/16.47/X/16.67/X/X), suficiente para seguir reinando na especialidade unha tempada máis.
@belentoimil 16.67 m
Fiona Mar Vilalrroel 16.15 m
Tilena Martínez 15.54 mENHORABUENA
https://t.co/PAbshw4Owd
https://t.co/hOnT9WVoFV pic.twitter.com/xs82pdxnii— atletismoRFEA (@atletismoRFEA) July 26, 2026
Queda por confirmarse que a RFEA outorga a Belén Toimil praza para competir no Europeo de Birmingham. A lanzadora galega ten a marca mínima para acudir e está dentro por ránking pero a federación ten a última palabra.
A Belén Toimil le bastaron 16,67 metros para ganar su octavo título al aire libre en peso. Con problemas en la técnica, se la jugará en la calificatoria del Europeo. pic.twitter.com/vkQ24MI32M
— Ismael Pérez (@Ismael_Prz) July 26, 2026
Hai pouco que a de Mugardos mudou de adestrador e está perfeccionando a súa técnica. Este proceso faina menos fiable nos lanzamentos, pero busca mellorar a súa progresión. Na mente da galega Belén Toimil seguramente está volver a manterse por encima dos 18 metros. Tal e como declaraba o final da proba está nun momento no que mira a longo prazo cos seguintes xogos como obxectivo, serían os terceiros para ela.

Foto propiedad Sportmedia para la Real Federación Española de Atletismo. Licencia de uso libre editorial. Para uso comercial contactar con contacto@sportmedia.es
Tamén cumpriu cos prognósticos Yulenmis Aguilar, quen chegaba a Málaga tras disputar unicamente dúas competicións nesta tempada. A finalista olímpica conquistou o título de xavelina cun mellor lanzamento de 59.48 metros (57.01/57.45/X/59.48/X/56.44). Máis aló da medalla de ouro, a mellor noticia foi comprobar que completou todo o concurso sen molestias físicas, un feito que devolve á plusmarquista galega ao primeiro plano internacional despois de dúas tempadas marcadas polas lesións.
A cubana Yulenmis Aguilar afincada en Oleiros e nacionalizada española ten moitas esperanzas postas no Campionato de Europa en Birmingham.
Como nos alegra ver a @YulenmisM realizando sus 6 lanzamientos
Las palabras de campeona de #CEatletismo, que llegaba con ganas de más pic.twitter.com/OkUk5bqxOH
— atletismoRFEA (@atletismoRFEA) July 26, 2026
No medio fondo, Adrián Ben sumou o seu cuarto título de España absoluto ao aire libre tras imporse nos 1.500 metros cun tempo de 3:47.54. O campión de Europa en pista cuberta deu unha nova mostra da súa madurez competitiva, interpretando á perfección unha carreira táctica e resolvéndoa cun ataque brillante nos últimos metros.
@adryben44 ⏱️ 3:47.54
Carlos Saez ⏱️3:47.65
@marianoobst97⏱️ 3:47.96ENHORABUENA
https://t.co/PAbshw4Owd
https://t.co/hOnT9WVoFV pic.twitter.com/q5ykX993bK— atletismoRFEA (@atletismoRFEA) July 26, 2026
Galicia, unha potencia na marcha con tres medallas
A marcha volveu converterse nun dos grandes focos de atención para a afección galega. Na primeira xornada do campionato, Dani Chamosa logrou a medalla de bronce nos 10.000 metros marcha cun excelente rexistro de 39:28.23, que supón un novo récord galego absoluto. O atleta da Gimnástica de Pontevedra continúa confirmando a súa progresión cunha tempada de enorme nivel.
Se a categoría masculina deixou grandes sensacións, a feminina ofreceu unha das imaxes do campionato. Nos 10.000 metros marcha, Antía Chamosa proclamouse subcampioa de España cun tempo de 43:29.19, acadando a medalla de prata, mentres que Aldara Meilán, da Atlética Lucense, completou o podio coa medalla de bronce grazas aos seus 44:43.51.
A proba foi gañada pola campioa olímpica María Pérez, quen ademais de levar a medalla de ouro estableceu un novo récord de España, nunha carreira de altísimo nivel na que as marchadoras galegas volveron demostrar o enorme potencial da escola galega.
Unha das grandes sorpresas do campionato chegou da man de David de la Fuente, quen asinou a mellor actuación da súa carreira deportiva ao proclamarse subcampión de España nos 5.000 metros cun tempo de 13:59.70. Un resultado que recompensa o traballo constante, metódico e progresivo desenvolto nas últimas tempadas.
Outra das grandes noticias para o atletismo galego foi a actuación de Pedro Osorio nos 800 metros. Tras clasificarse para a final por tempos con 1:49.82, o atleta protagonizou unha magnífica carreira na final para conquistar a medalla de bronce cun excelente 1:47.35, só superado por Barroso e Attaoui, consolidándose entre a elite nacional da especialidade.
Atletas de Galicia finalistas no Campionato de España de atletismo
Ás portas do podio quedou a atleta galega Blanca Pereira, cuarta no lanzamento de martelo cun mellor intento de 58.50 metros, o mesmo posto que acadou o equipo masculino da Gimnástica de Pontevedra na remuda 4×400 metros, cun rexistro de 3:08.28.
Entre os postos de finalista tamén destacaron Carlos Revuelta, en martelo (58.24 m); Manuela Blanco, en pértega (3.91 m); Gerson Vidal Izaguirre, nos 110 metros valos (16.08); Jonathan Correa, en xavelina (64.92 m); Olaia Guisela Becerril, en lonxitude (6.19 m); Mar Chillón, nos 10.000 metros marcha (49:58.26); Paula Piñón, en xavelina (43.80 m) e Lucía Sánchez del Valle, en heptatlón (5.172 puntos).

Mención especial merecen tamén os atletas que forman parte da nosa selección ao contar con ficha galega, pero que pola súa condición, toman parte como fora de consurso. A colombiana Yiset Magali Jiménez, do Sanysec Ourense, conseguiu o segundo posto no lanzamento de xavelina cun mellor intento de 53.62 metros, (X/53.18/53.62) mentres que o ecuatoriano Juan José Caicedo rematou cuarto no disco cun mellor lanzamento de 58.66 metros (58.27/X/58.66).





















