• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
Inicio Máis Deporte Atletismo

Oito clubs da Mariña lucense solicitan a construción de pistas de atletismo

Asinaron un documento co título: "A Mariña unida por unhas pistas de atletismo" | A Federacion Galega apoia a creación e o Concello de Foz apúntase como posible ubicación da infraestrutura

Redacción As Nosas por Redacción As Nosas
02/05/2021
en Atletismo, Máis Deporte
Oito clubs da Mariña Lucense piden a instalación de pistas de atletismo e falan de Foz como ubicación / C.A. RÍA DE FOZ FB

Oito clubs da Mariña Lucense piden a instalación de pistas de atletismo e falan de Foz como ubicación / C.A. RÍA DE FOZ FB

188
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter
En Reforma - PublicidadeEn Reforma - PublicidadeEn Reforma - Publicidade

 

Foz acolleu nestes días unha xuntanza na que oito clubs de atletismo da Mariña lucense asinaron un manifesto no que solicitan a creación dunhas pistas na zona. A Federacion Galega de Atletismo apoia a creación desa infraestrutura. Polo de agora, o Concello de Foz semella a ubicación que maiores posibilidades tería de albergar este recinto deportivo.

Os clubs que se teñen reunido para este fin pretencen a sete localidades desta zona lucense, o que da conta do arraigo das disciplinas atléticas na Mariña. Trátase do Club Atletismo Ría de Foz, Club Atletismo Burela, Club Atletismo Lourenzá, Sociedade Deportiva Albións da Pontenova, Club Atletismo Ribadeo, Toxiza Clube de Montaña de Mondoñedo, Club Deportivo Egovarros de Viveiro e Peña Lar de Viveiro. 

Os clubs alegan no seu manifesto que: “As e os atletas mariñaos teñen que realizar viaxes de ida e volta dunha media de 2h30 de duración, como mínimo, para poder seguir os seus programas de adestramento por carecer dunhas pistas de atletismo”

Cinco dos oito clubs que se reuniron con este fin están integrados na Federación Galega de Atletismo. Segundo informa o organismo federativo as entidades mariñanas terían acordado asinar un manifesto no que se pide a construción dunhas pistas de Atletismo na Mariña, facendo extensiva a proposta ao Concello de Foz, como posible ubicación, á Deputación de Lugo, á Xunta de Galicia e á propia Federación Galega de Atletismo.

Sobre a posible ubicación das pistas, os oito clubs asinantes consideran: “que o concello de Foz, como centro neurálxico da comarca da Mariña, cumpre os requisitos para ser a ubicación lóxica e racional destas futuras pistas de atletismo. Máis aínda cando se dispón dun estudo profesional que acredita na viabilidade do proxecto nesta vila”.

Atletismo
Pistas de Atletismo

O vicepresidente da Federación Galega de Atletismo, Suso Vázquez manifestou que “O Atletismo na Mariña está medrando dunha maneira importante grazas ao gran traballo dos diferentes clubes que medran día a día,  e onde de feito, se está barallando a posibilidade da creación de tres novas entidades, o que pon de manifesto a potencialidade da comarca”.

Suso Vázquez explicaba que trasladou aos clubs que solicitan esta nova instalación deportiva para a práctica do atletismo que a Federación Galega ponse “a súa disposición para celebrar o antes posible unha xuntanza e ver as posibilidades de avance co apoio das diferentes institucións sempre en prol da unidade dos clubes da Mariña”.

O vicepresidente da FGA, Suso Vázquez salienta: “O Atletismo na Mariña está medrando dunha maneira importante grazas ao gran traballo dos diferentes clubes que medran día a día,  e onde de feito, se está barallando a posibilidade da creación de tres novas entidades, o que pon de manifesto a potencialidade da comarca”.

En relación ás posibilidades de colaboración das diferentes institucións, o vicepresidente da FGA, Suso Vázquez, salientou que “é o momento que abordemos entre todos un plantexamento conxunto, mirando un proxecto en clave comarcal, aínda entendendo as necesidades e as demanadas de carácter local de cada Concello. Con nós, en diferentes momentos falaron varios concellos, tanto responsables dos equipos de goberno, como voceiros na oposición, para coñecer a situación e respectamos como non pode ser doutro xeito, cada unha das opinións e opcións. O que si que temos claro é que debemos camiñar cara a unhas pistas homologadas que poidan acoller diferentes eventos de ámbito autonómico e nacional con todo o que conlevaría a nivel positivo para A Mariña “, concluiu.

Imaxe panorámica da Mariña lucense / FGA
Imaxe panorámica da Mariña lucense / FGA

Este é o documento que asinaron os oito clubs da Mariña de Lugo baixo o título:

“A Mariña unida por unhas pistas de atletismo”

O título deste manifesto recolle dúas premisas ben certas: A comarca da Mariña precisa, de xeito prioritario, dunhas pistas de atletismo e esta necesidade fai que diferentes entidades deportivas, vinculadas ao mundo do atletismo e as súas diferentes modalidades, unan os seus camiños para facer posible esta demanda.
As entidades deportivas, e representantes do mundo do atletismo, abaixo asinantes diríxense ás entidades públicas correspondentes (Concello de Foz, Deputación Provincial de Lugo, Xunta de Galicia e Federación Galega de Atletismo) para trasladarlles o seguinte argumentario, moi meditado e razonado, que sustenta a súa solicitude:
  • O atletismo é un deporte que conta, en todas as súas modalidades, cada vez cun maior número de seguidores, cunha base sólida e consolidada na nosa comarca de clubs e atletas. Proba disto son a creación dun maior número de clubs, o aumento exponencial da cifra de licenzas deportivas (tanto a nivel de categorías inferiores como absolutas) e o alto número de eventos deportivos relacionados con esta práctica.
  • O feito de carecer dunhas pistas de atletismo de referencia na comarca dificulta que os atletas poidan competir en igualdade de condicións cos que si teñen a posibilidade de adestrar nunhas. Mérito engadido ao traballo que xa se está a facer.
  • Os atletas mariñaos teñen que realizar viaxes de ida e volta dunha media de 2h30 de duración, como mínimo, para poder seguir os seus programas de adestramento por carecer dunhas pistas de atletismo.
  • A creación dunhas pistas de atletismo na nosa comarca, ademais de potenciar a parcela deportiva, contribuiría a estimular a vida económica da nosa comarca (hostelería, hospedaxe, restauración, etc.), posto que abriría a posibilidade de acoller a organización de diferentes probas de carácter comarcal, autonómico ou estatal nestas instalacións.
  • Axudaría, ademais, de maneira fundamental ao traballo coa base. A comarca da Mariña converteríase, así, nun viveiro de atletas que puidesen ter unha longa e, por que non soñar, exitosa vida deportiva. Por non sinalar o impacto positivo que tería na vida escolar dos centros educativos da comarca.
  • Deste xeito, consideramos que o concello de Foz, como centro neurálxico da comarca da Mariña, cumpre os requisitos para ser a ubicación lóxica e racional destas futuras pistas de atletismo. Máis aínda cando se dispón dun estudo profesional que acredita na viabilidade do proxecto nesta vila.
Finalmente, instamos a todas as administracións públicas implicadas en facer realidade este proxecto (Concello de Foz, Deputación de Lugo, Xunta de Galicia e Federación Galega de Atletismo) a que traballen, dun xeito real e decidido, para facer posible a creación dunhas pistas de atletismo na comarca da Mariña.
Para deixar constancia, e acordo unánime do aquí exposto, asinan, en Foz a día 30 de abril do ano 2021, as seguintes entidades deportivas e representantes do mundo do atletismo da comarca da Mariña:
  1. CLUB ATLETISMO RÍA DE FOZ
  2. CLUB ATLETISMO RIBADEO
  3. CLUB ATLETISMO LOURENZÁ
  4. CLUB ATLETISMO BURELA
  5. CLUB DEPORTIVO EGOVARROS VIVEIRO
  6. PEÑA LAR VIVEIRO
  7. TOXIZA CLUBE DE MONTAÑA
  8. S.D. ALBIÓNS A PONTENOVA
Etiquetas atletismoCLUB ATLETISMO BURELACLUB ATLETISMO LOURENZÁCLUB ATLETISMO RÍA DE FOZCLUB ATLETISMO RIBADEOCLUB DEPORTIVO EGOVARROS VIVEIROConcello de FozDEPUTACIÓN DE LUGOFederación Galega AtletismoinfraestruturasLugoMariñaPEÑA LAR VIVEIROS.D. ALBIÓNS A PONTENOVASuso VázquezTOXIZA CLUBE DE MONTAÑAXunta de Galicia
Comparte1Chía1
Publicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As Nosas

Relacionado co tema

Andaina XII A Coruña Marcha contra o Cancro / CONCELLO DA CORUÑA

A Coruña mobilizouse contra o cancro cunha andaina cidadá solidaria na que participaron máis de 3.300 persoas

por Redacción As Nosas
08/06/2025
0

  A Coruña acolleu hoxe a andaina solidaria 'A Coruña en Marcha contra o Cancro', unha iniciativa da Asociación Española...

María Pérez vence o GP Cantóns de marcha / CONCELLO DA CORUÑA

María Pérez e Toshikazu Yamanishi gañan o GP Cantóns de Marcha da Coruña

por Redacción As Nosas
07/06/2025
0

  A medallista olímpica española María Pérez e Toshikazu Yamanishi, vencedores do GP Cantóns de marcha na Coruña A Coruña...

GP Cantóns marcha 2022 / CONCELLO DA CORUÑA

O Gran Premio Internacional de Marcha Cantóns reúne na Coruña a campións olímpicos da disciplina

por Redacción As Nosas
06/06/2025
0

  Mañá sábado 7 de xuño, a partir das 17.00 horas, A Coruña convértese no epicentro da marcha atlética mundial...

Presentación andaina XII A Coruña Marcha contra o Cancro / CONCELLO DA CORUÑA

A XII Andaina ‘A Coruña en Marcha contra o Cancro’ será o domingo 8

por Redacción As Nosas
05/06/2025
0

  A cidade da Coruña volverá vestirse de verde este domingo 8 de xuño con motivo da celebración da XII...

Podio da carreira dos Rosales do circuíto Coruña Corre con Vanessa Hervada e Pablo Bocelo como vencedores / CONCELLO DA CORUÑA

Vanessa Hervada e Pablo Bocelo subiron ao máis alto do podio na carreira popular dos Rosales

por Redacción As Nosas
01/06/2025
0

  Pablo Bocelo e Vanessa Hervada gañaron hoxe a carreira popular dos Rosales no Concello da Coruña, que celebrou a...

Ver máis
KIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - Publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022
Participantes da actividade Xogando coa auga e co vento do Programa Xogade / XUNTA DE GALICIA

Un total de 500 rapaces e rapazas da zona de Ares participaron nas actividades náuticas Xogando coa auga e co vento, ao abeiro do programa Xogade

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0

O Ensino arrasa no Pazo Universitario

0
Participantes da actividade Xogando coa auga e co vento do Programa Xogade / XUNTA DE GALICIA

Un total de 500 rapaces e rapazas da zona de Ares participaron nas actividades náuticas Xogando coa auga e co vento, ao abeiro do programa Xogade

20/06/2025
Anneclaire Ter Brugge / CV ARENAL EMEVÉ

A internacional neerlandesa Anneclaire Ter Brugge, nova oposta do CV Arenal Emevé

18/06/2025
Presentación Torneo F11 'Ría de Arousa' / CONCELLO DA POBRA DO CARAMIÑAL

A Pobra reunirá a unha decena conxuntos no seu primeiro Torneo F11 ‘Ría de Arousa’ de fútbol feminino

18/06/2025
Presentación da fase final da Liga Galega de Hip Hop organizada pola Federación Galega de Baile Deportivo / XUNTA DE GALICIA

Presentouse a final da Liga Galega de Hip Hop organizada pola Federación Galega de Baile Deportivo

18/06/2025
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos

© 2019 As Nosas SL.