• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
Contido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.net
Inicio Fútbol Máis fútbol

Os 75 anos de historia do Trofeo Teresa Herrera, recompilados nun libro

Conta con artigos de mulleres como Lis Franco, Cristina López, Inma Castañón, Miriam Ríos | A obra, '75 aniversario Teresa Herrera de Fútbol', presentouse na Deputación da Coruña que edita a publicación xunto co Concello herculino

Redacción As Nosas por Redacción As Nosas
18/12/2020
en Fútbol, Máis fútbol
Presentación do libro sobre o 75 Aniversario do Trofeo Teresa Herrera / CONCELLO DA CORUÑA

Presentación do libro sobre o 75 Aniversario do Trofeo Teresa Herrera / CONCELLO DA CORUÑA

297
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter
  • O libro sobre os 75 anos do trofeo , ademais de explicar a historia da cita deportiva, conta cun amplo álbum fotográfico e artigos de homes e mulleres vencellados á tradicional cita de verán. 
  • “Máis que un torneo de verán, o Teresa Herrera é toda unha institución, unha tradición coruñesa e unha cita obrigada para os fieis seguidores do Deportivo e para os miles de afeccionados ao fútbol de toda a provincia”, afirmou González Formoso, presidente da Deputación da Coruña.

A sede da Deputación da Coruña acolleu a presentación do libro ’75 aniversario Teresa Herrera de Fútbol’, unha publicación editada pola Deputación e o Concello da Coruña que repasa en 358 páxinas e centos de fotografías a historia do veterano torneo coruñés.

No acto estiveron presentes o presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, a alcaldesa da Coruña, Inés Rey García, o presidente do Real Club Deportivo da Coruña, Fernando Vidal, o vicepresidente provincial, Xosé Regueira, o concelleiro de Turismo da Coruña, Juan Ignacio Borrego, e a concelleira de Deportes da Coruña, Mónica Martínez,

Presentación do libro sobre o 75 Aniversario do Trofeo Teresa Herrera / DEPUTACIÓN DA CORUÑA
Presentación do libro sobre o 75 Aniversario do Trofeo Teresa Herrera / DEPUTACIÓN DA CORUÑA

O libro fai un percorrido por todas as edicións do torneo a través de datos de cada unha das finais, con aliñacións, resultado dos partidos, goleadores e fotos do torneo masculino, ademais da do feminino a partir da edición número 68 (ano 2013), cun apartado de fotos que reflicte momentos inesquecibles do trofeo.

O libro conta con artigos futbolistas, xornalistas e investigadoras

Ademais, a obra tamén inclúe artigos nos que se contan vivencias de persoas vencelladas ao Teresa Herrera, como o de Emilio Quesada, exconcelleiro e membro da organización dalgunhas das edicións dos anos setenta; Cristina López Villar, profesora da Facultade de Ciencias do Deporte e da Educación Física da Universidade da Coruña; Nacho Carretero, xornalista e escritor; Lis Franco, Moncho Viñas, Manuel González e Antón Luaces, xornalistas; Inma Castañón, exxogadora do clube coruñés Karbo; Miriam Ríos, xogadora en activo; Joaquín Pedrido, xornalista e Xosé A. Touriñán, actor, entre outros.

O libro conta tamén cun apartado para o estadio de Riazor, que cumpre tamén 75 anos, a través dun álbum fotográfico que aporta imaxes inéditas da súa construción e outras que permiten apreciar a evolución experimentada co paso do tempo polo fogar do fútbol coruñés.

Presentación do libro sobre o 75 Aniversario do Trofeo Teresa Herrera / CONCELLO DA CORUÑA
Presentación do libro sobre o 75 Aniversario do Trofeo Teresa Herrera / CONCELLO DA CORUÑA

Valentín González Formoso destacou que “máis que un torneo de verán, o Teresa Herrera é toda unha institución, unha tradición coruñesa e unha cita obrigada para os fieis seguidores do RC Deportivo e para os miles de afeccionados ao fútbol de toda a provincia”, afirmou.

“O Dépor é un motivo de orgullo para a provincia da Coruña e parte da súa historia vén plasmada neste libro a través de artigos de numerosos colaboradores e de imaxes que repasan os 75 anos do Teresa Herrera”, apuntou o presidente provincial, que agradeceu a colaboración dos articulistas e fotógrafos que colaboraron na publicación.

Presentación do libro sobre o 75 Aniversario do Trofeo Teresa Herrera / DEPUTACIÓN DA CORUÑA
Presentación do libro 75 Aniversario do TH / DEPUTACIÓN CORUÑA

Pola súa banda, a alcaldesa Inés Rey sostivo que o Teresa Herrera ten sido “un mundial de clubes oficioso” no que participaron algúns dos mellores fútbolistas e equipos do mundo, algúns deles coruñeses coma Luis Suárez ou Amancio. A alcaldesa destacou tamén a dimensión “de celebración colectiva e familiar” que ten o torneo, atraendo xente de Bergantiños, Costa da Morte, As Mariñas e moitos outros puntos da provincia para gozar dunha tarde de fútbol.

A rexedora sinalou que “este magnífico libro reflicte a grandeza do trofeo, da nosa Torre de Hércules e do deporte da nosa cidade” e deulles os parabéns a todas as persoas que participaron na súa elaboración.

Inés Rey, alcaldesa da Coruña: “Este magnífico libro reflicte a grandeza do trofeo, da nosa Torre de Hércules e do deporte da nosa cidade”

Un libro, dixo, que recolle 75 anos fecundos, “de deporte e de cidade, tamén de Concello, de implicación municipal, de capacidade para ir da man do Deportivo, un dos nosos grandes emblemas de cidade, antes e, máis que nunca, agora”. Por iso, lembrou que o domingo temos  unha cita en Riazor co fútbol coruñés na súa máxima expresión e tamén coa solidariedade; “temos unha cita todo o ano co que significa o Teresa Herrera, un valor que non só nos negamos a perder, senón que máis ben queremos exaltar como merece”, apuntou.

Pola súa banda, o presidente do RC Deportivo, Fernando Vidal, agradeceu a colaboración institucional que fixo posible este libro, así como a das persoas que narran nel a sua particular visión do toreno, que este ano recuperará a súa orixe benéfica e será “un homenaxe ao fútbol modesto” debido ás restriccións ocasionadas pola pandemia.

O trofeo leva o nome da benefactora coruñesa Teresa Herrera

O trofeo Teresa Herrera naceu como resposta ás necesidades sociais que se vivían na cidade na posguerra na que estaba inmerso o país. Para paliar as penurias dos cidadáns, a Corporación municipal deu un paso adiante e ideou unha competición futbolística que poría os piares do que hoxe é una cita ineludible, tanto para os coruñeses como para todos os que visitan a cidade na verán.

O nome do trofeo débese a Teresa Herrera, muller devota e entregada aos máis necesitados, que pasou á posteridade sen nin sequera sospeitalo cando loitaba porque se construíra un hospital para tódolos pobres da cidade. Nada en 1712 nunha familia humilde, quedou sen pai con catro anos e tivo que axudar á súa nai no mantemento da familia, o que lle impediu recibir formación académica.

Ao morrer a nai tivo que facerse cargo de dúas irmás o que non lle supuxo problema para dedicar o seu esforzo aos máis desfavorecidos. Aínda que morreu sen ver cumprido o seu sono de abrir un hospital para os pobres, o recoñecemento da súa obra chega ata hoxe, xa que o hospital materno-infantil leva o seu nome, así como unha rúa da cidade e o trofeo de fútbol.

Presentación do libro sobre o 75 Aniversario do Trofeo Teresa Herrera / CONCELLO DA CORUÑA
Presentación do libro sobre o 75 Aniversario do Trofeo Teresa Herrera / CONCELLO DA CORUÑA

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, sinalou que o Teresa Herrera é un fío esencial da historia da Coruña, da súa proxección internacional, da súa forma de entender a vida” e destacou que o trofeo leva o nome dunha benefactora”, unha persoa que forma parte da estirpe das María Pita, das Emilia Pardo Bazán e das Rosalía de Castro”. A rexedora tamén fixo fincapé na orixe solidaria dun torneo que nesta edición recupera ese espírito de lles axudar a aquelas persoas que máis o precisan.

Rey Indicou que a orixe do Teresa Herrera tampouco se pode entender sen o seu fogar, o estadio de Riazor. “Foi Riazor un dos estadios máis espectaculares de Europa como foi o Teresa Herrera un Mundial de Clubs oficioso”. Para a alcaldesa, en contra de tópicos mal intencionados, “A Coruña é todo o contrario a unha cidade pechada en si mesma. Temos mirada exterior e internacional, sabemos competir no máis alto, por iso o Teresa Herrera acollía os mellores equipos e xogadores existentes”.

Presentación do libro sobre o 75 Aniversario do Trofeo Teresa Herrera / DEPUTACIÓN DA CORUÑA
Presentación do libro sobre o 75 Aniversario do Trofeo Teresa Herrera / DEPUTACIÓN DA CORUÑA

A través do Teresa Herrera, A Coruña abriuse ao mundo e o mundo recalou na nosa cidade cada verán destes 75 anos traendo aos mellores equipos coas súas figuras de cada momento. Unha historia que comezou a escribirse un lonxano 30 de xuño de 1946 cando o Sevilla se enfrentou ao Atlhetic de Bilbao, partido que marcou a senda do que hoxe é considerado o mellor trofeo do mundo.

A alcaldesa da cidade herculina non quixo esquecer todo o que o Teresa Herrera nos conta da forma de ser coruñesa, do noso gusto pola socialización e do traballo dos clubs de barrio. “O fútbol como celebración colectiva, iso é o Teresa Herrera, tamén grazas ao traballo e músculo que sempre lle achegaron os nosos clubs de barrio, o querido fútbol modesto”.

Inés Rey, alcaldesa da Coruña, falou do: “Fútbol como celebración colectiva, iso é o Teresa Herrera, tamén grazas ao traballo e músculo que sempre lle achegaron os nosos clubs de barrio, o querido fútbol modesto”

Pola súa banda, o concelleiro de Turismo da Coruña, Juan Ignacio Borrego, agradeceulles o seu traballo a todas e todos os implicados nun proxecto en que que se realiza un percorrido por todas as edicións do torneo e que inclúe artigos de vivencias propias de persoas moi vencellas ao torneo. Tamén tivo palabras de agradecemento para os xornais da cidade que colaboraron prestando parte do seu arquivo gráfico.

Juan Ignacio Borrego, concelleiro de Turismo da Coruña: “O libro recolle tamén os 75 anos do estadio de Riazor”

O libro, explicou Borrego, conta tamén cun apartado para o estadio de Riazor, que cumpre tamén 75 anos, a través dun álbum fotográfico que achega imaxes inéditas da súa construción e outras que permiten apreciar a evolución experimentada co paso do tempo polo fogar do fútbol coruñés.

 

O Teresa Herrera de fútbol habilita unha Fila 0 para sumar achegas benéficas

O Dépor ABANCA competirá na 75ª edición do Teresa Herrera

Etiquetas Concello da CoruñaCristina López VillarDEPUTACIÓN DA CORUÑAFernando VidalfútbolInés ReyInma CastañónJUAN IGNACIO BORREGOLIS FRANCOMiriam RíosMónica MartínezREGUEIRATeresa HerreraValentín González Formoso
Comparte1Chía1
Publicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As Nosas

Relacionado co tema

Millene logo de anotar o tanto que abría o marcador esta mañá en ABANCA Riazor | wykazszkowski

O Dépor ABANCA estrea o 2026 cun punto que sabe a pouco

por Martín Pais
11/01/2026
0

Máis dunha hora durou a ledicia na casa das Nosas contra un correoso rival, o UD Costa Adeje Tenerife, quinto...

A futbolista galega Lúa Arufe xoga no FC Barcelona / LÚA ARUFE IG

Lúa Arufe, a xoia galega do FC Barcelona

por Sara González
18/12/2025
0

A dianteira do FC Barcelona, aínda con ficha do filial, debutou onte na Champions League fronte ao París FC, nun...

O RC Celta de Vigo xoga na 2.ª Federación / AS CELTAS IG

A 2.ª Federación pecha a última xornada o 2025 sen ningunha vitoria entre os equipos galegos

por Redacción As Nosas
16/12/2025
0

  O última xornada do ano na Segunda Federación rematou coa derrota do Dépor ABANCA `B´ ante o Burgos C.F....

Millene Cabral dispara a porta no Dépor ABANCA vs Granada en Riazor | @wykazszkowski

Reto de altura para o Dépor ABANCA ante o 3.º clasificado da Liga F

por Sara González
13/12/2025
0

Tras a valiosa vitoria do pasado sábado en Riazor fronte ao Granada CF por 2-0, o Dépor ABANCA enfróntase agora...

Futbolistas do equipo galego de 2.ª Federación RC Celta de Vigo / AS CELTAS IG

Xornada sen triunfos para os equipos galegos na 2.ª Federación

por Redacción As Nosas
10/12/2025
0

  Non houbo triunfo para os equipos galegos da Segunda Federación de fútbol. O encontro que enfrontaba ao Atlético Villalonga...

Ver máis
KIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - Publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022
Banco do Durán Maquinaria Ensino / CAB ESTEPONA - FLORIN NOVA

Ensino e BAXI, á procura de ser o galego mellor situado na Liga Femenina Endesa

0
Plantilla do Viaxes Amarelle FSF na Copa da Raíña / VIAXES AMARELLE

O Viaxes Amarelle visita Esteiro para conseguir o liderado

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0
Banco do Durán Maquinaria Ensino / CAB ESTEPONA - FLORIN NOVA

Ensino e BAXI, á procura de ser o galego mellor situado na Liga Femenina Endesa

22/02/2026
Imaxe de arquivo da Selección Galega de técnica / FEDERACIÓN GALEGA DE TAEKWONDO

A Selección Galega, á procura de revalidar o seu título de campioa de España de Poomsae e Freestyle

20/02/2026
O encoro de Pontillón de Castro, Verducido, acollerá unha formación superior dentro das previstas para a artellar a Rede de Voluntariado naútico seguro/ RFEP

“Padexa con nós”, unha rede galega de voluntariado náutico seguro que aspira a poñer en marcha a FEGAPI captando a 100 persoas

20/02/2026
Presentación Campionato Galego Xunta de Galicia K1 C1 5000 metros de piragüismo / FEGAPI

Máis de 550 deportistas estarán no Campionato Galego CGI K1/C1 5.000 mts de piragüismo

20/02/2026
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos

© 2019 As Nosas SL.