A Selección Española Feminina de Fútbol Sala fala máis galego que nunca. Os seleccionadores dos combinados Sub 19 e Sub 21, Íñigo Martínez e Clàudia Pons respectivamente, deron a coñecer este mércores, 5 de maio, senllas convocatorias para unha concentración en terras andaluzas.
En total son sete as futbolistas galegas que forman parte das citacións. O adestrador da Sub-19 Íñigo Martínez convocou á porteira Iria Varela (Poio Pescamar FS) e Carmen Carballada (Ourense Envialia FSF), así como a Fara Antolín e Sol Pedrera (ambas do Cidade de As Burgas).

Pola súa banda, na convocatoria facilitada por Clàudia Pons coa Sub-21 figuran Patri Arruti (AD Alcorcón FSF), Cristina Lourés (Viaxes Amarelle FSF) e Clara Fernández (Cidade de As Burgas).
Ambas as dúas seleccións adestrarán en Andalucía
Os combinados nacionais concentraranse o próximo 16 de maio e ata o xoves 20 na localidade malagueña de Fuengirola. Mijas e Alhaurín de la Torre acollerán ambos os partidos de preparación nos que se enfrontarán ambas as seleccións. Os partidos de preparación xogaranse o martes 18 e o mércores 19 ás 19:00 horas.