A MMR Power Race León outorga este domingo, 25 de maio, os títulos do Campionato de España de Cross Country Maratón (XCM). A Selección Galega acode a esta cita con sete bikers, catro mulleres e tres homes, e contará con representación en tres categorías (elite feminina, elite masculina e sub-23 masculina).
A convocatoria confeccionada polo seleccionador Jacobo Ucha para a Selección Galega é a seguinte:
Elite F
- Tamara Seijas Fernández (RG Bikes Scott Team)
- Raquel Román Sarmiento (Bici Verde)
- Lara Lois García (RG Bikes Scott Team)
- Mar Delgado González (Monteneme Calvo XC Team)
Elite M
- Brandán Márquez Fernández (V Bikes Team)
Sub-23 M
- Adrián Caamaño Rico (Extol Zambora.es)
- Iago Carou Moledo (Máster da Louriña)
Entre os candidatos á vitoria na categoría elite masculina está o macedao Pablo Rodríguez, que competirá co seu equipo Buff Megamo Team, segundo informa a Federación Ciclismo Galego.
León será o punto de partido e de chegada dun percorrido de 101 quilómetros e máis de 2.100 metros de desnivel positivo acumulado.
O Club Deportivo Maragatos Bike organiza a 10ª edición da MMR Power Race León, que nesta edición é Campionato de España de XCM. Faise sobre un recorrido de 101 km e máis de 2.100 metros de desnivel positivo acumulado. A proba, con inicio e final na cidade de León, pasará polos concellos de Carbajal de la Legua, Cabanillas, La Seca, Benllera, Camposagrado e Valsemana. A saída está prevista para ás 10:00 horas, coa cerimonia de entrega de premios prevista contra das 15:30 horas.