A natación galega tivo representación no XII Meeting Internacional da Póvoa de Varzim coas deportistas Ana Cernadas, Paula Otero e Rosalía Marín, que acadaron un total de seis medallas.
Cernadas, nadadora do Fluvial de Lugo, foi a mellor clasificada, cun ouro nos 100 metros costas rematando a proba nun tempo de 1:04.66. Nesa mesma competición, a tamén galega Rosalía Marín, do CN Coruña, foi bronce cunha marca de 1:06.17.
As dúas galegas colgáronse un bronce máis cada unha, nos 200m costas no caso de Marín e nos 200m libres para Cernadas.
Pola súa banda, Paula Otero, do CN Arteixo, volveu a casa con dúas pratas, unha delas nos 100m bolboreta, finalizando a proba en 1:05.10, e a outra nos 200m estilos, cunha marca de 2:24.17.
Consulta aquí os resultados completos.