• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
Contido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.net
Inicio Voleibol Liga Iberdrola Volei

Seis das Júnior de bronce do Arenal Emevé disputarán a liga Iberdrola a próxima campaña

As xogadoras lograron o terceiro posto no Campionato de España Júnior celebrado en Gran Canaria

Redacción As Nosas por Redacción As Nosas
24/05/2022
en Liga Iberdrola Volei, Voleibol
Ainara Burgo, Lidia Figueira, Candela López, Uxía García e Alejandra Pérez, militarán no primeiro equipo do CV Arenal Emevé a vindeira tempada / CV ARENAL EMEVÉ

Ainara Burgo, Lidia Figueira, Candela López, Uxía García e Alejandra Pérez, militarán no primeiro equipo do CV Arenal Emevé a vindeira tempada / CV ARENAL EMEVÉ

139
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter

 

  • Á renovación xa anunciada polo CV Arenal Emevé de Carolina Camino, súmase a continuidade de Ainara Burgo e Lida Figueira Candela López, Uxía García e a recentemente incorporada da CAEP Soria, Alejandra Pérez, formarán parte do primeiro equipo a tempada que vén.
  • O seu adestrador Manuel Blanco afirma que “a ideoloxía deste club é formar xogadoras con proxección, como é o caso de todas elas, que deron o salto ao noso equipo de Superliga. Estamos moi contentos de que o fagan subindo desde a base”.

A filosofía de promoción das categorías inferiores do CV Arenal Emevé segue dando os seus froitos. O mellor exemplo é que ata seis das integrantes do equipo que logrou o bronce esta fin de semana, no Campionato de España Júnior, disputarán a liga Iberdrola co primeiro equipo a próxima campaña.

A primeira renovación confirmada foi a de Carolina Camino, que defenderá as cores do conxunto lucense por terceiro curso consecutivo. Xunto á “Perla da Ribeira Sacra” tamén estenderán a súa vinculación contractual co club dous das súas compañeiras no equipo de Superliga este ano: Lida Figueira e Ainara Burgo.

⚔️

LIDA FIGUEIRA @lidiaafigueira
“A #loitadora dá Barbanza”, líbero das Junior de Bronce, renova o seu compromiso e a súa aposta polo @arenalperfumes Emevé.
1⃣° vértebra da nosa columna ✅
❤ pic.twitter.com/JKBtB1AWUU

— Arenal Emevé (@cvemevelugo) May 23, 2022

A líbero de Boiro vén de confirmarse como unha das grandes revelacións do campionato na súa primeira tempada con ficha profesional, o que lle valeu a convocatoria para a lista de preparación da Selección Española Absoluta para a participación na European Golden League.

Pola súa banda, Burgo experimentou un enorme crecemento como colocadora á beira de Yael Castiglione nun curso no que tamén exerceu como segunda capitá do equipo. Ainara, xunto ao resto de Loitadoras, protagonizou unha campaña histórica para o CV Arenal Emevé co subcampeonato de Copa da Raíña como maior fito.

⚔️

AINARA BURGO @ainaraaa14
A colocadora que dirixiu con extraordinario acerto ás Junior de Bronce faranos gozar outra tempada máis con grandes minutos aos mandos do @arenalperfumerias Emevé.
3⃣° vértebra da nosa columna ✅
❤ pic.twitter.com/4BSyNID0tG

— Arenal Emevé (@cvemevelugo) May 23, 2022

Desde a Concentración Permanente da Selección Española en Soria sumáronse ao equipo Xuvenil primeiro, e ao Júnior despois, Candela López e Alejandra Pérez.

⚔️

CANDELA LÓPEZ
De Soria ao ceo, debeu de pensar a nosa Central das Junior de Bronce ao confirmar que a proxima tempada xogará co primeiro plantel do @arenalperfumes Emevé na Superliga Feminina.
2⃣° vértebra da nosa columna ✅
❤ pic.twitter.com/wn9FLPjy0a

— Arenal Emevé (@cvemevelugo) May 23, 2022

⚔️

ALEJANDRA PÉREZ @aleeplzz
Outra Junior de Bronce que se une ao primeiro equipo. Unha aposta segura de presente e futuro que chega para reforzar ao sector máis “novo” do @arenalperfumes Emevé na Superliga.
4⃣° vértebra da nosa columna ✅
❤ pic.twitter.com/Eq5lNfXqYI

— Arenal Emevé (@cvemevelugo) May 24, 2022

Dobre medalla de bronce (Campionato de España Xuvenil e Campionato de España Júnior) para dous das xogadoras máis prometedoras do vóley nacional que estarán ás ordes de Manuel Blanco para disputar a liga Iberdrola.

CAMPIONATO DE ESPAÑA JUNIOR
Medalla de Bronce para as #loitadoras Junior nun Campionato dun extraordinario nivel, e que demostra o inmenso compromiso e esforzo deste grupo humano.
Parabéns Campioas!!!!
❤ pic.twitter.com/iUGUctx3z7

— Arenal Emevé (@cvemevelugo) May 21, 2022

A central lucense regresa a casa despois de tres anos dentro do plan de formación da Real Federación Española de Voleibol, no que compartiu equipo coa receptora leonesa durante os dous últimos cursos. Candela López ingresou na canteira do CV Arenal Emevé en idade alevín e permaneceu nos equipos de formación do club lucense ao longo de catro anos antes de formar parte da Concentración Permanente. A Soria chegou Alejandra Pérez despois de comezar a súa traxectoria no mundo do Vóley en el Cuestra Piedra de Tenerife, co que chegou a debutar en Superliga 2.

E o sexto elemento da ecuación será Uxía García. A carreira da central lucense desenvolveuse de forma paralela á da súa amiga e compañeira de equipo, Candela López. Como ela, tamén deu os seus primeiros pasos no alevín do CV Arenal Emeve e pertenceu aos equipos de formación un total de sete tempadas.

⚔️

UXÍA GARCÍA
Central da nosa #policanteira e das Junior de Bronce salta por primeira vez ao 1° equipo.
Xogadora tan nova como prometedora, caracterízase pola súa garra, a súa entrega e a súa condición física.
5⃣° vértebra da nosa columna ✅
❤ pic.twitter.com/RE962n7oQV

— Arenal Emevé (@cvemevelugo) May 24, 2022

Manuel Blanco, técnico do CV Arenal Emevé: “a ideoloxía deste club é formar xogadoras con proxección”

Todas elas estarán ás ordes de Manuel Blanco a próxima tempada. O técnico, que tamén as dirixiu na consecución do bronce no Campionato de España Júnior destaca que “a ideoloxía deste club é formar xogadoras con proxección, como é o caso de todas elas, que deron o salto ao noso equipo de Superliga. Estamos moi contentos de que o fagan subindo desde a base”.

O técnico venezolano, ao incorporar á columna vertebral das Júnior ao seu equipo, conta xa con nove integrantes do equipo de Liga Iberdrola confirmadas : Lucía Prol, Jimena Fernández Gayoso, Carolina Camino, Mame Diouf, Ainara Burgo, Lida Figueira, Candela López, Uxía García e Alejandra Pérez.

Etiquetas Ainara BurgoAlejandra PérezCandela LópezCarolina CaminoCV Arenal EmevéjúniorLida FigueiraUxía GarcíavoleiVoleibolYael Castiglione
ComparteChía
Publicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As Nosas

Relacionado co tema

O CV Arenal Emevé de Lugo milita na Liga Iberdrola / CV EMEVE IG

Triunfo do CV Arenal Emevé 3-2 ante o CV Sayre

por Redacción As Nosas
26/11/2025
0

Na Liga Iberdrola, o CV Arenal Emevé conseguiu unha xustada vitoria por 3-2 ante o CV Sayre Centro C. La...

As xogadoras do CV Zalaeta da SLF2 de voleibol súmanse á campaña NON á Violencia de Xénero da Xunta de Galicia / CV ZALAETA IG

SLF2 | Vitoria do Aceites Abril (3-0) e derrota do CV Zalaeta (0-3)

por Redacción As Nosas
26/11/2025
0

Os conxuntos galegos que compiten na Superliga 2 (SLF2) afrontan a tempada dende perspectivas moi diferentes. Aínda que non está...

CV Arenal Emevé vs JCV JAV Olímpico Gran Canaria / RFEVB.COM

Tres sets foron abondo para que o CV Arenal Emevé superase ao Emalsa Gran Canaria

por Redacción As Nosas
26/10/2025
0

O CV Arenal Emevé: de David a un Ciclón que levou por diante ao Goliat Emalsa Gran Canaria. O conxunto...

Aceites Abril Voleyourense vs Madrid Chamberí na SLF2 / VOLEYOURENSE

O Aceites Abril Voleyourense non pode vencer na súa estrea na casa e perde co Madrid Chamberí 0-3

por Redacción As Nosas
12/10/2025
0

O Aceites Abril Voleyourense non puido sumar no seu primeiro partido como local da tempada e caeu por 0-3 diante...

CV Zalaeta vs Extremadura Arroyo na SLF2 / RFEV

O Zalaeta agasalla a súa afección cunha rotunda vitoria no seu debut en casa

por Redacción As Nosas
12/10/2025
0

Segunda xornada desta nova tempada da Superliga Feminina 2, e segunda vitoria para o equipo que dirixe Jorge Barrero. As...

Ver máis
KIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - Publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022
Presentación da Liga de Inverno de Cruceiros Cíes - Rande / XUNTA DE GALICIA

A Xunta gaba a oferta deportiva desestacionalizada de Galicia coa Liga de Inverno de Cruceiros

0
Plantilla do Viaxes Amarelle FSF na Copa da Raíña / VIAXES AMARELLE

O Viaxes Amarelle visita Esteiro para conseguir o liderado

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0
Presentación da Liga de Inverno de Cruceiros Cíes - Rande / XUNTA DE GALICIA

A Xunta gaba a oferta deportiva desestacionalizada de Galicia coa Liga de Inverno de Cruceiros

14/01/2026
Esperanza Segade e Nerea Vilas son árbitras de loita / CEDIDA

No tapiz elas tamén mandan: Esperanza Segade e Nerea Vila, dúas xeracións na arbitraxe galega de loita

13/01/2026
A árbitro de loita Nerea Vila dirixindo un combate / CEDIDA ROBERTO ÉCIJA / @difusion_sport

Nerea Vila, árbitro de loita: “Cando falo coa xente da loita olímpica, a maioría non sabe nin o que é, e pensa que nos pegamos”

13/01/2026
Esperanza Segade, 1.ª árbitro de loita olímpica en España: “Tiven a sorte de ter apoios importantes e iso axudoume moito”

Esperanza Segade, 1.ª árbitro de loita olímpica en España: “Tiven a sorte de ter apoios importantes e iso axudoume moito”

13/01/2026
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos

© 2019 As Nosas SL.