• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
Contido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.net
Inicio Balonmán Máis balonmán

Cinco triunfos e unha derrota para Galicia na primeira xornada do CESA 2023 de balonmán

Máis de 2.500 deportistas chegados de toda España cítanse ata o domingo en Costa Blanca

Redacción As Nosas por Redacción As Nosas
03/01/2023
en Balonmán, Máis balonmán
Selección de Galicia cadete feminina no CESA 2023 celebrando coa grada / FEDERACIÓN GALEGA DE BALONMÁN

Selección de Galicia cadete feminina no CESA 2023 celebrando coa grada / FEDERACIÓN GALEGA DE BALONMÁN

330
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter

 

Cinco triunfos e unha derrota para Galicia na primeira xornada do Campionato de España de Seleccións Territoriais 2023, que se está a celebrar na provincia de Alicante. Neste arranque de competición só perdou o combinado xuvenil feminino. Ademais, os catro equipos que están na Copa venceron no primeiro choque.

Máis de 2.500 deportistas, chegados de toda España, cítanse ata o domingo en Costa Blanca, onde ten lugar a nova edición do Campionato de España de Seleccións Autonómicas CESA. Alí están as seleccións galegas feminina e masculina de categorías infantil, xuvenil e cadete. Todos os encontros poden seguise ao vivo en directo por streaming na canle de YouTube da Federación Española de Balonmán.

A grada celebra os resultados de Galicia o primeiro día do CESA 2023 / FEDERACIÓN GALEGA DE BALONMÁN
A grada celebra os resultados de Galicia o primeiro día do CESA 2023 / FEDERACIÓN GALEGA DE BALONMÁN

O mellor do día, sen dúbida, foi o fantástico partido realizado pola selección galega infantil masculina ante Castilla La Mancha, co que confirma as boas sensacións que transmitiu durante estes meses de traballo. O peor, a dura derrota encaixada polo combinado xuvenil feminino ante Navarra. Ademais, os catro equipos que parten dende a Copa gañaron.

A selección galega infantil masculina vence 15-32 a Castilla La Mancha

Galicia arrincou o CESA ao grande, cun partido redondo no que venceu a Castilla La Mancha, tras facer unha primeira metade primorosa. Ver xogar á selección galega infantil masculina é un desfrute. Parece incrible que sexan nenos desta categoría, porque xogan como veteráns e parece que o fan de memoria.

Selección Galega infantil masculina no CESA 2023 / FEDERACIÓN GALEGA DE BALONMÁN
Selección Galega infantil masculina no CESA 2023 / FEDERACIÓN GALEGA DE BALONMÁN

Comezaron o partido cunha intensidade defensiva e unha anticipación nas accións que sorprendía e non só a Castilla La Mancha, que non sabía como frear esa avalancha. Na grada, a afección gozaba con cada acción.

Así pasaban os minutos e, a pesar de que o rival apertou e moito en defensa, parecía incapaz de superar ese contundente 6:0 defensivo galego, polo que se alcanzou o descanso cun impactante 3-15 no marcador. Na segunda metade, Galicia seguiu firme, contundente, cun xogo divertido, repartindo minutos entre todos os xogadores… pero máis terreal.

Así, Castilla La Mancha logrou, polo menos, marcar 12 goles na segunda metade e encaixou 17, polo que a diferenza seguiu medrando para desfrute da bancada, que estaba case chea de afección galega, que non deixou  e animar durante todo o encontro.

FICHA TÉCNICA

15) CASTILLA LA MANCHA: Alonso Ortega, Daniel Herrera (2), Adolfo Huertas, Julio Fis (2), Nicolás Calvo (2), Daniel Palomino, Ángel Esteban (1), Hugo de Lara, Álvaro Recaséns (2), Javier Sanz (1), Sánchez de la Nieta (1), Álvaro García (1), Rodrigo Ureña (2), Samuel Sánchez-Nieves, Alonso Mteos (1), Pablo Sánchez.

32) GALICIA: Hugo Carreira, Christian Ferradas, José Enrique Portas (2), Xurxo Otero (1), Xoan Canedo (1), Lucas Díaz (1), Martín Vázquez (7), Manuel Souto (5), Xoel Lago (4), Lois Alonso (5), Luis Martínez (1), Matías Gestido, Marcos Carlón, Saul Fuentefría (1), Dimitrije Doder (3), Pablo Pardo (1).

EQUIPO ARBITRAL: David Deniz e Diego Pastoriza. Excluíron dous minutos a Ángel Esteban e Sánchez-Nieves (Castela a Mancha) e aos galegos Manuel Souto, Xoel Lago e Pablo Pardo.

PARCIAIS CADA CINCO MINUTOS: 1-2, 1-7, 1-8, 2-12, 3-15 – descanso – 4-18, 8-21, 10-24, 12-29 e 15-32.

INCIDENCIAS: Partido correspondente á primeira xornada do Campionato de España Infantil Masculina, grupo a, celebrado no Pabellón Pau Gasol.

Mañá, Galicia-Catalunya (18:00 horas).

Contundente vitoria das infantís de Galicia ante La Rioja 29 – 5

Bo arranque das nosas minigalaicas no CESA 2023. Era o rival máis sinxelo nesta primeira fase da Copa de España, pero tamén era o primeiro partido, polo que nos primeiros minutos houbo os nervios típicos e máis na categoría infantil.

Selección Galega infantil feminina no CESA 2023 / FEDERACIÓN GALEGA DE BALONMÁN
Selección Galega infantil feminina no CESA 2023 / FEDERACIÓN GALEGA DE BALONMÁN

A pesar de todo, a diferenza entre ambos conxuntos quedou demostrada dende o inicio na cancha, logrando Galicia encaixar só 5 goles nos 50 minutos do choque.

Agora o equipo coa cabeza posta no choque de mañá ante Cantabria, que en caso de acadar a vitoria significaría o pase para a fase de ascenso ao Campionato de España.

FICHA TÉCNICA

29) GALICIA: Iria Alonso, Emma Rial (3), Candela Martínez (1), Gabriela Martins (4), Ana Cancelas (1), Noa Portela (1), Lorena Ngnipa (6), Iris Santana (5), Sara Limes (1), Raquel Muñiz, Alba del Valle (4), Leira Brun (3), Irene Rodríguez, Vera Sierra, Leyre Azurmendi e Raquel Blanco.

5) LA RIOJA: Alba Cervel, Leire Jiménez (1), Lucía Pollorena, Lucía Causape (1), Claudia Rubio, Izaro Jiménez (1), Claudia Álvarez, Paula Olarte (1), Nora Bermejo, Duna Altuzarra, Daniela López (1), Leyre Jiménez, Saioa Arina e Mara Sanz.

EQUIPO ARBITRAL: Pedro Segura e Alberto Moreno. Excluiron dous minutos a Candela Martínez e Noa Portela (Galicia) e as xogadoras da Rioxa Leire Jiménez e Claudia Álvarez.

PARCIAIS CADA CINCO MINUTOS: 3-0, 4-0, 7-1, 9-2, 13-2 – descanso – 16-2, 21-2, 23-4, 25-5 e 29-5.

INCIDENCIAS: Partido correspondente á primeira xornada da Copa de España Infantil Feminina, grupo B, celebrado no Pabellón Callosa D´en Sarriá.

Mañá, Cantabria-Galicia (11:00 horas).

Selección Galega infantil feminina no CESA 2023 / FEDERACIÓN GALEGA DE BALONMÁN
Selección Galega infantil feminina no CESA 2023 / FEDERACIÓN GALEGA DE BALONMÁN

Triunfo do equipo cadete feminino de Galicia por 32 – 18 ante Cantabria

Partidazo da selección galega cadete feminina no seu debut na Copa ante Cantabria. O equipo saíu moi concienciado da importancia do choque e iso apreciouse.

Vitoria da Selección Galega cadete feminina no CESA 2023 / FEDERACIÓN GALEGA DE BALONMÁN
Vitoria da Selección Galega cadete feminina no CESA 2023 / FEDERACIÓN GALEGA DE BALONMÁN

Dende o primeiro segundo, Galicia buscou a vitoria a través da  súa defensa 6:0, cun nivel de intensidade moi alto, que lle permitiu enseguida abrir distancias no marcador. E así, coa tranquilidade que dá verse por diante, todo saíu rodado.

Selección Galega cadete masculina no CESA 2023 / FEDERACIÓN GALEGA DE BALONMÁN
Selección Galega cadete masculina no CESA 2023 / FEDERACIÓN GALEGA DE BALONMÁN

Houbo minutos para todas as xogadoras e xa están a pensar no importante choque de mañá ante Murcia. Cunha vitoria, clasificadas para o cruce de ascenso.

FICHA TÉCNICA

32) GALICIA: Carmen Magallanes (2), Leire González (1), Isis Moreno (5), Iria López (1), Ainé Roca (1), Naihara Costas (6), Salma Aakcha, Celia Pérez (1), Alba Pérez (1), Paula Diéguez, Uxía Fernández (5), Iria Augusto (2), Alejandra Montenegro (3), Isabel Álvarez, Leticia Santos (1), Iria Benaches (3).

18) CANTABRIA: Jana Muñoz, Miriam Lavín (1), Sofía Fajardo, Daniela Marañón, Lucía Álvarez (4), Carla Gómez, Beatriz Peña (6), Carla Perales, Eva San Juan, Aitana Basabe (1), Daniela Hidalgo (4), Ana Goiria, Lucía Ayllón (1), Lydia Herrador, Carla Díaz (1).

EQUIPO ARBITRAL: Eneko López e Aitor García. Excluíron dous minutos a Naihara Costas, Alba Pérez, Alejandra Montenegro e Iria Benaches (2), por Galicia e a Carla Díaz por Cantabria.

PARCIAIS CADA CINCO MINUTOS: 4-1, 8-3, 10-4, 13-5, 14-6, 17-7 – descanso – 19-11, 22-12, 25-14, 26-17, 30-18 e 32-18 (final)

INCIDENCIAS: Partido correspondente á primeira xornada da Copa de España Cadete Feminina, grupo B, celebrado no Polideportivo Municipal de Sant Joan.

Mañá, Murcia-Galicia (13:00 horas).

Galicia vence a Canarias na categoría cadete masculina 32 – 28

A selección galega, superando os nervios do inicio, logrou a primeira vitoria  na Copa, fronte a unha gran selección canaria.

Selección Galega cadete masculina no CESA 2023 / FEDERACIÓN GALEGA DE BALONMÁN
Selección Galega cadete masculina no CESA 2023 / FEDERACIÓN GALEGA DE BALONMÁN

Nos primeiros minutos, os nervios mandaban no equipo galego, con moitos debutantes na categoría, e iso veuse reflectido nun parcial negativo (1-4, min. 5). Pouco a pouco foron deixando atrás os nervios e axustando a defensa 6:0 para iniciar a remontada.

Así lle deron a volta ao marcador e lograron distancias de ata seis goles en algún momento, fronte a un combinado no que destacaban os xemelgos Yanis e Yyaron Ramírez, que fixeron 16 goles entre os dous. A clave da vitoria foi parar o contragolpe do rival.

FICHA TÉCNICA

32) GALICIA: Alonso Martínez, Atalo Bello (3), Marcos Suárez (1), Nicolás Cancela (1), Yago López (5), Iván Sánchez (1), Manuel Hernández (1), Marcos Varela (2), Daniel Periscal (6), Roque Estévez, Pablo Pazos (2), Jaime Serrano, Samuel Seijas (8), Henrique Traba (1), Diego Mourelle (1) e Adrián Chapela.

28) CANARIAS: Borja Emilio Pérez (1), Samuel Cabrera (1), Hugo Manuel Gómez, Alejandro Peña, Yanis Ramírez (8), Saul Suárez (3), Javier Hernández, Aimar Luis (1), Diego García, Pedro Santiago Noda, Yyaron Ramírez (8), Eduardo Lorenzo, Álvaro Luis Díaz (6) e Daniel Martín.

EQUIPO ARBITRAL: Theo Obrador e Román Rodríguez. Excluíron dous minutos a Manuel
Hernández (2), Marcos Varela e Diego Mourelle, por Galicia e a Yyaron Ramírez, por
Canarias.

PARCIAIS CADA CINCO MINUTOS: 1-4, 6-5, 8-6, 10-8, 11-10, 14-11 – descanso – 17-15, 21-17, 22-19, 26-22, 29-
24 e 32-28.

INCIDENCIAS: Partido correspondente á primeira xornada da Copa de España Cadete Masculina, grupo A, celebrado no Polideportivo Municipal de Sant Joan.

Mañá, Cantabria-Galicia (11:00 horas).

Tropezo de Galicai en xuvenil feminina ante Navarra (24 – 38)

Duro inicio de Campionato para a selección galega xuvenil feminina. As nosas coñecían a complicación que tiña o rival, Navarra, pero o que ninguén esperaba foi a enorme cantidade de perdas de balón das galegas.

O partido comezou ben, igualado, e con Galicia metida no choque e concentrada. Así ata o minuto quince (7-8), cando Navarra meteu a toda a artillería no 40×20 e comezou o carrusel de erros do noso combinado, o que supuxo chegar ao descanso cun resultado case irrecuperable (12-20).

Selección Galega xuvenil feminina no CESA 2023 / FEDERACIÓN GALEGA DE BALONMÁN
Selección Galega xuvenil feminina no CESA 2023 / FEDERACIÓN GALEGA DE BALONMÁN

Na segunda metade, aínda que as rapazas dirixidas por Manu López saíron un pouco mellor, enseguida se foron apagando a medida que pasaban os minutos e se acababan as escasas opcións de remontada. Non houbo intensidade defensiva, moitos erros nos pases e Navarra foi letal á contra.

Toca recuperarse e pensar no partido de mañá ante Catalunya, decisivo, xa que ambos conxuntos perderon na primeira xornada do CESA.

FICHA TÉCNICA

24) GALICIA: Irene Ríos, Lucía Méndez (5), Ángela Vilaboa (1), Aroa Fernández, Lucía Villamarín (3), Nayara Pereira, Yaiza Gil (1), Inés Bernárdez (1), Nerez Patiño (8), Lucía Álvarez (1), Mencía Lorenzo (2), Carla Vidal, Nerea Arias, Lucía Lema, Sara Pereira (1) e Iria Sierra (1).

38) NAVARRA: Luana Cairo (3), Miren Martínez (4), Amaia Senosiain, Maialen Echegaray (2), Nahia Idoate (4), Iraia Pilart (1), Jone Goretti, Ane Zalguizuri (2), Lucía Ordoqui (3), Nerea Aguinagalde (3), Naroa Baquedano (1), Marina Prat, Estitxu Rodríguez (4), Silvia Gil (5), Kelly Nnonzie (4) e Lyndie Tchaptchet (2).

EQUIPO ARBITRAL: Álvaro López e Roberto Argiz. Excluíron dous minutos a Ángela Vilaboa, Nayara Pereira e Carla Vidal (Galicia) e a Marina Prat (2), por Navarra.

PARCIAIS CADA CINCO MINUTOS: 3-2, 4-5, 7-8, 7-11, 12-16, 12-20 – descanso – 13-25, 15-27, 17-31, 21-33, 22- 36 e 24-38.

INCIDENCIAS: Partido correspondente á primeira xornada do Campionato de España Xuvenil Feminina, grupo B, celebrado no Pavillón Camilo Cano (La Nucia).

Mañá, Galicia-Catalunya (10:00 horas).

Os xuvenís masculinos de Galicia gañan 25-22 ao combinado de La Rioja

Dous puntos moi loitados neste primeiro partido da selección galega xuvenil masculina, nun choque que deixou claro que hai moito que mellorar.

O combinado galego, asolado polas baixas, saíu á cancha sobreexcitado e iso veuse reflectido en falta de concentración e perdas de balón absurdas. Desta forma, Galicia non dominaba o partido, sen velocidade na circulación do balón, e A Rioxa estaba moi cómoda. Así o choque foi avanzando moi igualado ata o descanso.

Selección Galega xuvenil masculina no CESA 2023 / FEDERACIÓN GALEGA DE BALONMÁN
Selección Galega xuvenil masculina no CESA 2023 / FEDERACIÓN GALEGA DE BALONMÁN

A charla no vestiario non deu resultado inmediato, pero pouco a pouco, Galicia pasou a dominar, cunha defensa mixta sobre o central, mentres que parecía que A Rioxa se quedaba sen folgos.

O equipo galego chegou a irse de seis tantos e cando parecía todo decidido, volveron os erros para darlle unha emoción innecesario aos minutos finais. O mellor, o resultado, aínda que todos son conscientes de que hai moito que mellorar.

FICHA TÉCNICA

25) GALICIA: Mateo Pallas, Eduardo Alonso (5), Brais Martínez (3), Iago Rivas, Pablo Fernández (3), Alexandre Gallego, Denis Iglesias (3), Senén Garea, Xoan Fernández, Carlos Menduiña (1), David Failde, Nuno Loxo (2), Carlos Morales (4), Juan Rodríguez (4) e Manuel Soliño.

22) LA RIOJA: Javier Pascual, Martín Santamarina, Kenai González (1), Íñigo Olave (2), Lucas Iriarte (6), Miguel Pascual, Jorge Clavijo, Carlos Serván, Unai Sanz (6), Naim González, Marco López (4), Raul Palomo (1), Gabriel Saenz, Andrés López e Alex Calvo (2).

EQUIPO ARBITRAL: David Contreras e Jorge Mínguez. Excluíron dous minutos a Edu Alonso, Alex Gallego, Senén Garea e Carlos Morales, por Galicia e a Unai Sanz e Andrés López, por La Rioja.

PARCIAIS CADA CINCO MINUTOS:  1-2, 5-4, 6-5, 7-8, 9-11, 11-12 – descanso – 13-15, 16-17, 20-17, 22-17, 23 20, e 25-22.

INCIDENCIAS: Partido correspondente á primeira xornada da Copa de España Xuvenil Masculina, grupo B, celebrado no Pabellón Els Oms-Mutxamel.

Mañá, Asturias-Galicia (18:00 horas).

Etiquetas balonmáncadeteCESAGaliciainfantilxuvenil
Comparte1Chía1
Publicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As Nosas

Relacionado co tema

Fernando Reyes, novo presidente do At. Guardés, e Jesús López, anterior / ATLETICO GUARDÉS

Carta á afección de Fernando Reyes, novo presidente do Atlético Guardés

por Redacción As Nosas
06/07/2026
0

Fernando Reyes: “Superamos a tormenta, pero aínda queda unha parte da travesía difícil, na que todos teremos que facer esforzos”....

Galicia, fútbol sala / FUTGAL

A Galicia cae ante Cataluña no amigable entre seleccións absolutas de futsal disputado en Lugo (1-3)

por Redacción As Nosas
04/07/2026
0

Non puido ser. A Selección de Galicia absoluta feminina de fútbol sala despediuse de Lugo cunha derrota ante Cataluña no choque...

Fernando Reyes González / ATLÉTICO GUARDÉS

Fernando Reyes González é o novo presidente do CB Atlético Guardés

por Redacción As Nosas
01/07/2026
0

Fernando Reyes: “Se había que sacar isto adiante e podía colaborar en que o Guardés non rematase, quería aportar o...

Asamblea Atlético Guardés / ATLÉTICO GUARDÉS

O Atlético Guardés extrae un novo e positivo comezo da súa Asemblea Ordinaria

por Redacción As Nosas
01/07/2026
0

O pavillón da Sangriña acolleu este mércores a Asemblea Xeral Ordinaria para socios e abonados do Club Balonmán Atlético Guardés,...

Sabina Mínguez, porteira do Atlético Guardés, no Mundial Universiario / FISU

Sabina Mínguez, quinta no Mundial Universitario

por Redacción As Nosas
29/06/2026
0

A porteira do Guardés, Sabina Mínguez, xunto coas Guerreras Universitarias, finalizou o Campionato do Mundo 2026 en quinto lugar. O...

Ver máis
KIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - Publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
O Dépor ABANCA leva o Teresa Herrera 2026 ao vencer por 2-0 ao FC Porto

O Dépor ABANCA leva o Teresa Herrera 2026 ao vencer por 2-0 ao FC Porto

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0

O Ensino arrasa no Pazo Universitario

0
O Dépor ABANCA leva o Teresa Herrera 2026 ao vencer por 2-0 ao FC Porto

O Dépor ABANCA leva o Teresa Herrera 2026 ao vencer por 2-0 ao FC Porto

13/08/2026
Belén Toimil, acada o seu sétimo campionato de España de lanzamento de peso no absoluto ao aire libre 2026, na imaxe posa no podio coa medalla de ouro / RFEA - SPORT MEDIA

Oito medallas para o atletismo galego no Campionato de España Absoluto, a metade corresponden a atletas femininas

28/07/2026
RC Deportivo ABANCA vs Valencia CF / SABELA MOSCOSO

Tere Abelleira podería estar barallando o seu regreso ao Dépor ABANCA

26/07/2026
Antía Chamosa (prata), María Pérez (ouro) e Aldara Meilán (bronce) nos 10.000 metros marcha do Campionato de España de atletismo / RFEA SPORTMEDIA

Antía Chamosa e Aldara Meilán, prata e bronce nos 10.000 metros marcha do Campionato de España

25/07/2026
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos

© 2019 As Nosas SL.