• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
Contido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.net
Inicio Fútbol Primeira División Nacional Fútbol

Cinco equipos galegos encabezan o grupo 1 da Primera Nacional

Friol, Interrías, Sárdoma, Umia e Dépor ABANCA B lideran a clasificación, xusto antes do ecuador da primeira fase

Carmen G. Mariñas por Carmen G. Mariñas
07/12/2021
en Fútbol, Primeira División Nacional Fútbol
O PM Friol é o líder da Primera Nacional / FRIOL IG

O PM Friol é o líder da Primera Nacional / FRIOL IG

140
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter

O ecuador da primeira fase da Primera Nacional está á volta da esquina, e o fútbol galego domina a táboa clasificatoria do grupo 1. Os primeiros cinco clasificados son conxuntos de distintos puntos de Galicia: PM Friol, Viajes Interrías, Sárdoma CF, Umia CF e Dépor ABANCA B.

Ademais, nesta categoría compiten outros catro equipos galegos, que ocupan da posición oitava á 14ª. O mellor clasificado deles é o Victoria CF, que é oitavo. Xa na zona baixa, a UD Mos ocupa a 12ª posición, mentres que Victoria FC e SD Villestro están na zona de descenso, nos postos 13º e 14º.

O Friol cede un punto ante o Olímpico de León

Na última xornada, o líder da táboa da Primera Nacional, o PM Friol, desprazábase a León para xogar contra o Olímpico, equipo da zona media da clasificación que porén tratou de ti a ti ás galegas.

A presión local pasoulle factura ás lucenses na primeira media hora, na que non lograban crear ocasións de gol fronte a portería leonesa. A insistencia do Friol tivo premio no minuto 39, pouco antes do descanso, cun gol de Alicia Martínez. Antes de que o árbitro anunciara a pausa, o Olímpico de León soubo responder á ofensiva lucenses, cun gol no minuto 42, obra de Alba Gordillo desde o punto de penalti.

Co resultado completamente aberto, a segunda metade deixou un espectáculo digno da igualdade no marcador. O Friol seguía insistindo para adiantarse no electrónico, e conseguiuno no 78, cun golazo de Nerea Rodríguez. Pero como xa pasara na primeira parte, o Olímpico de León respondeu con outro gol aos poucos minutos, desta vez de Claudia Blanco, poñendo o 2-2 final.

Goleada do Interrías ante o Sporting de Gijón B

O Interrías segue en busca de recuperar o liderado que o Friol lle roubou na Primera Nacional. As de Portonovo marchan segundas, a un punto das lucenses, pero cun partido menos disputado, ao ter que aprazar o encontro co Olímpico de León polas malas condicións meteorolóxicas.

Así, na última xornada disputada, as galegas recibían en casa ao Sporting de Gijón B, nun partido que dominaron de principio a fin. O primeiro gol da tarde non se fixo esperar e chegou no minuto 10 da man de Catarina Moreira.

O Interrías daba así un golpe na mesa, deixando claro o seu control do encontro, e controlando ás asturianas desde a defensa. Antes de que chegara o descanso, as galegas anotaron de novo, desta vez con outra Catarina, Da Silva, que marcaría gol no minuto 32.

Co partido case decidido, as de Portonovo afianzarían a súa vitoria no minuto 60, cun terceiro gol, anotado por Andrea Villadeamigo, e deixando ao filial do Sporting sen opcións de remontada. Con estes tres goles, as xogadoras adestradas por Luis Treviño volveron á senda da vitoria, despois de tres semanas sen coñecer o triunfo.

As cebras lévanse o derbi coruñés

Na Coruña, a 12ª xornada traía un derbi coruñés na Primera Nacional, entre o Victoria CF e o Dépor ABANCA B. O partido resolveuse nun emocionante tramo final, coas cebras cambiando a vitoria de bando.

Desde o primeiro momento este derbi perfilouse como un pulso entre dous equipos fortes, que loitaban por sumar tres puntos para seguir escalando postos na táboa clasificatoria. Así, a primeira metade rematou sen gol e sen ocasións claras para ningún dos dous bandos.

Na segunda parte, as deportivistas comezaron a coller ritmo, controlando momentáneamente o partido, pero o primeiro gol sería do Victoria CF no minuto 82, cun tanto de Candela Vázquez. Responderon as branquiazuis cun disparo de Paula Monteagudo no 84, poñendo o 1-1 no electrónico. Porén, as cebras non deixarían escapar a ocasión de vitoria, e volveron anotar no 89, cun gol de Alba Suárez que sentenciaría o partido.

Despois de catro derrotas consecutivas en casa, o Victoria CF volveu a gañar ante a súa afección.

O Umia imponse ao Versalles A

O cuarto clasificado, o Umia CF tamén sumou tres puntos na última xornada. As galegas recibían encasa ao Veralles A, equipo da zona baixa da táboa, que con todo deu guerra ás locais.

Na primeira parte, o duelo mantíñase moi igualado, rematando cun 0-0 no marcador, proba do equilibrio de nivel entre ambos bandos. Para a segunda metade, as galegas golpearon primeiro, cun gol de Eva López no minuto 56.

Pouco despois, no 68, Natalia Sánchez anotaría o segundo tanto para o Umia, que lideraba tranquilamente xa no partido. Con todo, o Versalles non desistiu e anotou o seu primeiro gol no minuto 73. Unha reacción que chegou tarde e que non impediu a traballada, pero merecida vitoria galega.

O Victoria FC pon terra de por medio co SD Villestro

Na zona baixa do grupo 1 da Primera Nacional, dous equipos galegos loitaron por sumar e alonxarse do pozo. O partido entre o Victoria FC e o SD Villestro resultou en vitoria para as de primeiras, que sumaron tres necesarios puntos para seguir soñando coa permanencia na categoría.

Despois de doce xornadas, as xogadoras do Victoria por fin puideron celebrar un triunfo coa súa afección, que valeu dobre, ao ser ante outras santiaguesas. O encontro comezou con moita intensidade entre ambos conxuntos, con ocasións en ambas porterías.

Con todo, o Victoria FC non tardaría en facerse co control, xerando ocasións de perigo que transformarían en gol no minuto 37, cun tanto de Lau a pase de Ánxela nun saque de esquina.

 

Ver esta publicación en Instagram

 

Una publicación compartida de Victoria F.C. Féminas (@victoriafcfem)

Para a segunda parte, as vermellas souberon interpretar o ritmo do partido, mantendo o dominio do balón. Así, manterían ao Villestro a raia, logrando sentenciar o encontro a tres minutos da finalización, cun gol de Marta, de novo tras un saque de esquina de Ánxela.

As xogadoras do conxunto gañador dedicaron o partido á súa compañeira Carla, quen marcha en xaneiro a Estados Unidos para xogar cunha beca deportiva en Alabama. Tamén ao outro lado do charco está outra futbolista galega, procedente dun Victoria, pero coruñés: Laura Cetina.

Laura Cetina: “En Eastern temos que ter un 7 en todas as materias para poder xogar os partidos”

A UD Mos cae ante o Gijón FF

No apartado de derrotas galegas, a UD Mos visitaba na nova xornada de Primera División ao Gijón FF. No encontro, as visitantes golpearon primeiro, pero finalmente a vitoria foi para as asturianas.

O primeiro gol do encontro chegou no minuto 21, obra de Joana Montouto para o UD Mos. Con todo, esta sería a única vantaxe que lograrían as galegas no duelo, que lograrían manter do seu lado ata os minutos finais da primeira parte.

No minuto 43, as asturianas marcaron o seu primeiro tanto a través de Cristina Menéndez, que igualaría o marcador. Na segunda metade, as forzas manteríanse equilibradas entre ambos equipos, ata que a un minuto do pitido final, Libertad Hernández marcaría o gol da vitoria para o Gijón.

O Sárdoma empata ante o Oviedo B

Finalmente, a xornada para as galegas rematou cun empate entre o Sárdoma e o Oviedo B, nun encontro no que as visitantes anotaron primeiro, cun gol de Noelia Pereira.

As asturianas non conseguían atoparse co gol, pero seguiron presionando ata o final, cando no minuto 87 lograrían anotar o tanto do empate. Reparto de puntos na capital asturiana.

Etiquetas Dépor ABANCA BfútbolPM FriolPrimeira División NacionalPrimera División NacionalSárdoma CFSD VillestroUD MosUmia CFViajes InterríasVictoria CFVictoria FC
ComparteChía
Publicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As Nosas

Relacionado co tema

RC Deportivo ABANCA vs Valencia CF / SABELA MOSCOSO

Tere Abelleira podería estar barallando o seu regreso ao Dépor ABANCA

por Redacción As Nosas
26/07/2026
0

Tere Abelleira está sen equipo e o Dépor ABANCA podería estar negociando a súa volta ao conxunto branquiazul. Segundo informaba a...

Campos de fútbol de San Pedro de Visma / CONCELLO DA CORUÑA

O Concello da Coruña inicia os traballos de renovación do céspede artificial nos campos municipais de fútbol de San Pedro de Visma

por Redacción As Nosas
21/07/2026
0

O Concello da Coruña iniciou xa o plan de melloras previsto nos campos municipais de fútbol de San Pedro de Visma,...

O Dépor ABANCA continuará un ano máis na elite do fútbol feminino nacional | @wykazszkowski

Así e o Dépor ABANCA que afronta a Liga F 2026-27 buscando asentarse na elite do futfem estatal

por Redacción As Nosas
18/07/2026
0

O Dépor ABANCA retomou os adestramentos de cara á cada vez máis próximo inicio da tempada 2026-2027 da Liga F....

'A nosa bóla', balón personalizado para o fútbol galego que presenta a RFGF / FUTGAL

As principais ligas femininas galegas darán comezo a fin de semana do 12-13 de setembro

por Redacción As Nosas
14/07/2026
0

Xa se coñecen as datas de inicio das ligas femininas galegas para o curso 2026-27. A Real Federación Galega de...

Lúa Arufe e Lucía Rivas, campioas Sub-19 de Europa coa Selección Española / FUTGAL

As futbolistas galegas Lúa Arufe, Lucía Rivas, campioas de Europa Sub-19 con España

por Redacción As Nosas
13/07/2026
0

Nesta fin de semana catro futbolistas galegos conseguían proclamarse campións de Europa na categoría Sub-19. Coa Selección Española feminina levantaron...

Ver máis
KIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - Publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
O Dépor ABANCA leva o Teresa Herrera 2026 ao vencer por 2-0 ao FC Porto

O Dépor ABANCA leva o Teresa Herrera 2026 ao vencer por 2-0 ao FC Porto

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0

O Ensino arrasa no Pazo Universitario

0
O Dépor ABANCA leva o Teresa Herrera 2026 ao vencer por 2-0 ao FC Porto

O Dépor ABANCA leva o Teresa Herrera 2026 ao vencer por 2-0 ao FC Porto

13/08/2026
Belén Toimil, acada o seu sétimo campionato de España de lanzamento de peso no absoluto ao aire libre 2026, na imaxe posa no podio coa medalla de ouro / RFEA - SPORT MEDIA

Oito medallas para o atletismo galego no Campionato de España Absoluto, a metade corresponden a atletas femininas

28/07/2026
RC Deportivo ABANCA vs Valencia CF / SABELA MOSCOSO

Tere Abelleira podería estar barallando o seu regreso ao Dépor ABANCA

26/07/2026
Antía Chamosa (prata), María Pérez (ouro) e Aldara Meilán (bronce) nos 10.000 metros marcha do Campionato de España de atletismo / RFEA SPORTMEDIA

Antía Chamosa e Aldara Meilán, prata e bronce nos 10.000 metros marcha do Campionato de España

25/07/2026
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos

© 2019 As Nosas SL.