• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
Contido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.net
Inicio Máis Deporte Sobre rodas

Catro vitorias galegas na proba de Karrantza da Copa de España de ciclocróss

A cadete Lorena Patiño, a júnior María Filgueiras, a máster-40 Marina González e a máster-50 Isabel Castro venceron na quinta xornada da competición | Irene Trabazo foi sétima entre as corredoras Elite-Sub23 | Andrés Calvete acariciou a vitoria nos máster-40

Redacción As Nosas por Redacción As Nosas
06/11/2022
en Máis Deporte, Sobre rodas
A ciclista galega cadete Lorena Patiño (XSM) / RFEC

A ciclista galega cadete Lorena Patiño (XSM) / RFEC

143
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter

 

Con só un día de diferencia coa proba de categoría C1 de Llodio, a Copa de España de ciclocróss celebrou a súa quinta xornada sen saír de Euskadi. Houbo póker de triunfos galegos nesta ocasión con catro vitorias que corresponderon ás ciclistas Lorena Patiño (XSM) (cadete), María Filgueiras (XSM) (junior), Marina González (Illas Cíes) (Máster-40) e Isabel Castro (Condado Bike) (Máster-50).

A ciclista galega cadete Lorena Patiño (XSM) / RFEC
A ciclista galega cadete Lorena Patiño (XSM) / RFEC

O XXIX Ciclocross Internacional de Karrantza, evento de clase C2 no calendario da Unión Ciclista Internacional (UCI) para juniors e elite-sub23, resolveuse este domingo coa mesma cifra de podios para a expedición galega que na véspera, pero con maior número de vitorias. De dous triunfos pasouse a catro e todos eles asinados por mulleres: a cadete Lorena Patiño (XSM), a júnior María Filgueiras (XSM), a máster-40 Marina González (Illas Cíes) e a máster-50 Isabel Castro (Condado Bike). A ese cuarteto estivo a piques de unirse Andrés Calvete (Monte Xalo), segundo por mor dunha avaría nos máster-40.

A fin de semana comezou para María Filgueiras en Namur (Bélgica) debutando coa Selección Española da RFEC no Campionato de Europa. E da cita continental á doméstica. A fin de semana pechouse coa betanceira vestíndose de líder da Copa de España na provincia de Biscaia.

A ciclista galega de ciclocrós María Filgueiras do XSM, na Copa de España / RFEC
A ciclista galega de ciclocrós María Filgueiras do XSM, na Copa de España / RFEC

A ponteareá Uxía Soto (Supermercados Froiz) non participou na proba de Karrantza da Copa de España e a súa ausencia aproveitouna a do XSM para desbancala do primeiro posto da xeral. A corredora de primeiro ano na categoría júnior impúxose por 39″ de diferenza respecto á cántabra Natalia Alonso (Bicicletas Meta) e o podio completouno a catalá Laia Bosch (Costa Brava). Sarela Conde (Academia Postal-Maceda), terceira o día anterior, finalizou novena e tamén obtivo puntos UCI.

O outro triunfo do XSM acadouno a líder cadete do certame estatal. A marinense Lorena Patiño continúa esta temporada sen coñecer outro posto que non sexa o primeiro. 24 horas despois de gañar en Llodio, dominou por 46″ de vantaxe á valenciana Leyre Almena (Fundación Teika) e a terceira posición correspondeu á castelá-leonesa Lidia Castro (Meruelo). As galegas Alejandra Neira (Cambre) e Alba Gregores (Ponteareas) fixeron sétima e undécima, respectivamente, mentres que na carreira cadete masculina Xián Alvariño (Ponteareas) rematou sexto, Raúl Puelles (Caimanes Betanzos), sétimo, e Santiago Otero (XSM), décimo.

A ciclista máster-40 Marina González (Illas Cíes) / RFEC
A ciclista máster-40 Marina González (Illas Cíes) / RFEC

Marina González repite triunfo nunha proba da Copa de España

A xeira de vitorias que tampouco se corta é a da máster-40 Marina González, quen nas súas tres últimas aparicións na Copa ergueu os brazos na liña de meta. A verinesa, vencedora na véspera, superou en Karrantza por 16″ a Veerle Cleiren (Montbrio) e a líder Ruth Moll (Oviedo.es) concluíu terceira, polo que o seu colchón de puntos na xeral sobre a ciclista do Illas Cíes queda reducido a 12.

Na quenda máster tamén subiu ao máis alto do caixón Isabel Castro. A ponteareá non estivo en Llodio, onde perdeu a camisola de líder do grupo de idade dos 50 anos, unha prenda que recuperou este domingo. A corredora do Condado Bike bateu con comodidade a súa principal rival na xeral Raquel Montañés (Fuenlabrada), segunda, e a Sonia Ortega (Grupo Salvaje).

O quinto podio galego da xornada obtívoo nos máster-40 Andrés Calvete nun desenlace cruel para o cambrés. Cando saía primeiro da última curva e tiña todo a favor para gañar, caéuselle a cadea do último piñón, un problema mecánico que lle outorgou a vitoria ao líder da xeral Isaac Suárez (Nesta). O representante do Monte Xalo repetiu o resultado colleitado no arranque da fin de semana, aínda que cun sabor de boca moito máis amargo, e Moisés Leboso (G.D. 10) clasificouse sexto.

En canto, aos máster-30, Miguel Porto (Ponteareas) terminou cuarto, quedando a 15 segundos da terceira praza.

Irene Trabazo, sétima entre as corredoras Elite-Sub23

Seis puntos UCI apañou a corredora galega Irene Trabazo (XSM) na carreira Elite-Sub23. A vixente campioa de Galicia cruzou a liña de meta na sétima posición, a 3’14” da neerlandesa Manon Bakker, primeira por diante de Lucía González (Nesta).

Pola súa banda, Samuel González (Máis Que Bicis) conseguiu o mellor resultado dos galegos (18º) nos elite-sub23 masculinos.

A Copa de España continuará a vindeira fin de semana na localidade manchega de Tarancón.

  • Máis información e clasificacións da proba de Karrantza.
  • Mira a galería de fotos da RFEC na competición en Karrantza.
  • Consulta a páxina da Copa de España de ciclocróss 2022.
Etiquetas ciclismociclocrosCopa de EspañaIrene TrabazoIsabel CastroLorena PatiñoMaría FilgueirasMarina GonzálezUCIUxía Soto
ComparteChía
Publicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As Nosas

Relacionado co tema

Campionato de Galicia BTT Resistencia / FEDERACIÓN CICLISMO GALEGO - LUZ IGLESIAS

Lara Lois e Ángel Maneiro aumentan a súa colección de títulos galegos co de BTT Resistencia

por Redacción As Nosas
16/02/2026
0

Lara Lois foi a única muller que sumou nove voltas. A ciclista do Xesteiras ten gañado os campionatos de Galicia...

Lorena Patiño no podio / RFEC - LUZ IGLESIAS

Lorena Patiño acada o 2.º ouro da Selección Galega no Campionato de España de Ciclocrós

por Redacción As Nosas
11/01/2026
0

O Campionato de España de Ciclocrós 2026 pechouse este domingo con catro carreiras e en todas elas houbo presenza galega...

Laura Mira, na Copa Galicia de ciclocrós / LUZ IGLESIAS

Coñece o calendario das 10 probas da Copa Galicia de Ciclocrós vén pedindo paso coa chegada do outono

por Redacción As Nosas
02/10/2025
0

  O outono vén de comezar e o ciclocrós comeza a pedir a paso. A conta atrás para o inicio...

Xornada de Tecnificación da Federación Ciclismo Galego en Miño da que saíu a lista da Selección Galega / FCG

Unha ducia de riders compoñen a Selección Galega para o Campionato de España de Pump Track en Monzón

por Redacción As Nosas
01/10/2025
0

  Doce riders representarán á Selección Galega o 11 de outubro no Campionato de España de Pump Track que este ano...

Alejandra Neira co resto da Selección Española junior ciclismo composta polas corredoras Paula Ostiz, Lidia Castro, Leyre Almena e Irati Aranguren maila seleccionadora Gemma Pascual / FEDERACIÓN ESPAÑOLA DE CICLISMO

A junior Alejandra Neira amosa un gran nivel no Mundial de Kigali sendo debutante

por Redacción As Nosas
30/09/2025
0

  Un Mundial dos máis esixentes da historia confirmou que o ciclismo galego pode presumir de ter a dúas das...

Ver máis
KIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - Publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022
Banco do Durán Maquinaria Ensino / CAB ESTEPONA - FLORIN NOVA

Ensino e BAXI, á procura de ser o galego mellor situado na Liga Femenina Endesa

0
Plantilla do Viaxes Amarelle FSF na Copa da Raíña / VIAXES AMARELLE

O Viaxes Amarelle visita Esteiro para conseguir o liderado

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0
Banco do Durán Maquinaria Ensino / CAB ESTEPONA - FLORIN NOVA

Ensino e BAXI, á procura de ser o galego mellor situado na Liga Femenina Endesa

22/02/2026
Imaxe de arquivo da Selección Galega de técnica / FEDERACIÓN GALEGA DE TAEKWONDO

A Selección Galega, á procura de revalidar o seu título de campioa de España de Poomsae e Freestyle

20/02/2026
O encoro de Pontillón de Castro, Verducido, acollerá unha formación superior dentro das previstas para a artellar a Rede de Voluntariado naútico seguro/ RFEP

“Padexa con nós”, unha rede galega de voluntariado náutico seguro que aspira a poñer en marcha a FEGAPI captando a 100 persoas

20/02/2026
Presentación Campionato Galego Xunta de Galicia K1 C1 5000 metros de piragüismo / FEGAPI

Máis de 550 deportistas estarán no Campionato Galego CGI K1/C1 5.000 mts de piragüismo

20/02/2026
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos

© 2019 As Nosas SL.