• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
Inicio Máis Deporte

Catro ouros femininos para o CH Coruña na Copa Federación de Clubs estatal de halterofilia Sub 16 e Sub 18

As halteras galegas Ruth Fuentefría (Sub 16) e Irene Branco Tarela (Sub 18) impuxéronse nas súas respectivas categorías | O CH Coruña alzouse ao primeiro lugar do podio por equipos feminino en Sub 16 e Sub 18, así como no masculino Sub 18 | Tamén participou desde Galicia CH Pabellón

Redacción As Nosas por Redacción As Nosas
08/02/2020
en Máis Deporte, Máis disciplinas deportivas
Expedición CH Coruña / CH CORUÑA

Expedición CH Coruña / CH CORUÑA

211
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter
En Reforma - PublicidadeEn Reforma - PublicidadeEn Reforma - Publicidade

 

O Pavillón Central do Consello Superior de Deportes de Madrid acollía hoxe, sábado 8 de febreiro, a celebración da XV Copa Federación de Clubs Sub 16 e a VI Copa Federación de Clubs Sub 18. Á competición acudían dous clubs galegos: CH Coruña e CH Pabellón. As coruñesas volveron con catro ouros, os dous individuais de Ruth FuenteFría en Sub 16 e Irene Branco Tarela en Sub 18, e o ouro por equipos en ambas as modalidades para a categoría feminina. O club, puido sumar un quinto ouro por equipos en Sub 18 masculino.

Un total de 75 deportistas (35 halterófilos e 40 halterófilas), déronse cita nesta competición que definiría aos mellores clubs nacionais en categorías Sub 16 e Sub 18.  O campionato celebrábase en catro bloques, Sub 16 e Sub 18, masculino e feminino.

Ruth Fuentefría, podio Sub 16 / CH CORUÑA
Ruth Fuentefría, podio Sub 16 / CH CORUÑA

Á cita podían acudir o primeiros cinco equipos clasificados nas súas respectivas categorías da liga Nacional do ano anterior, neste caso a edición de 2019. Desde Galicia clasificáronse un total de seis equipos para este evento deportivo. Cinco competían desde o Club Halterofilia Coruña (sub 16 e sub 18 masculino, sub 16 A e B feminino, e sub 18 feminino). O sexto participante galego foi o conxunto Sub 18 feminino do Club Halterofilia Pabellon de Ourense.

Esta cita está considerada un Campionato de España de clubs de categorías de base na halterofilia e foi un éxito total para a halterofilia galega. En tres do catro clasificacións por equipos triunfou o conxunto do CH Coruña e na cuarta finalizou no terceiro posto. A iso hai que sumar os éxitos individuais das halteras do CH Coruña Ruth Fuentefría e Irene Blanco Tarela.

Vitoria do CH Coruña na Sub 16 feminina

Na categoría Sub 16 feminina o dominio coruñés do CH Coruña foi esmagador. As deportistas herculinas sumaron máis de 100 puntos sinclair fronte  ao segundo, o Molins de Cataluña, exactamente 682 fronte aos 575.

Máis apertada foi a competición Sub 18 feminina, onde as halteras do CH Coruña conseguiron un triunfo axustado con 17 puntos de diferenza diante do equipo de Salamanca.

Podio por equipos Sub 18 masculino / CH CORUÑA
Podio por equipos Sub 18 masculino / CH CORUÑA

Pola súa banda, o CH Coruña B Sub 16 feminino e o CH Pabellón Sub 18 feminino, finalizaron a competición en quinto lugar na clasificación por equipos nas súas respectivas categorías.

No sub 16 masculino o club coruñés do CH Coruña conseguiu unha vitoria de sorpresa fronte ao favorito, Molins. Mentres, os sub 18 masculinos aliñáronse nunha posición complicada xa que o máximo expoñente do equipo, Alejandro Méndez sufriu unha lesión na semana do evento e non puido participar, anulando así a posibilidade da vitoria dos galegos. Aínda así, despois dunha dura competición o CH Coruña acadou un sitio no podio tamén nesta categoría.

Irene Branco Tarela podría ir con España ao Mundial Junior

Esta Copa Federación celebrada en Madrid constituía á vez un test da dirección técnica da Federación Española de cara ao próximo Campionato do Mundo Junior. A competición celebrarase o próximo mes de marzo en Romanía. Tras estes resultados, e á espera da decisión dos técnicos, é moi probable que a nova haltera coruñesa Irene Branco Tarela, do CH Coruña, estea seleccionada e acuda con España ao Mundial.

Irene Blanco Tarela, no podio Sub 18 / CH CORUÑA
Irene Blanco Tarela, no podio Sub 18 / CH CORUÑA

Así quedaron as galegas na táboa clasificatoria

En categoría Sub 16 participaron estas halteras galegas que consigueron os seguintes postos:

  • 1 Ruth Fuentefría CH Coruña
  • 2 Vega García  CH Coruña
  • 4 Jennifer Tocuyo CH Coruña
  • 10 Paula Canedo CH Coruña
  • 13 Carol Ángela Abeleira CH Coruña
  • 14 Laura Martínez CH Coruña
  • 16 Ariadna Ayala CH Coruña
  • 17 Lucía López  CH Coruña

Grazas a su concurso, como indicábamos anteriormente, o Club Halterofila Coruña proclamouse campión da XV Copa Federación de Clubes Femenina Sub 16 con 682,49 puntos, seguido do Terhalte con 575,11 e o CH Molins con 558,27.

Na VI Copa Federación de Clubs Sub 18 feminina contouse coa participación das seguintes halteras galegas das que detallamos tamén o posto obtido na clasifcación.

  • 1 Irene Blanco  CH Coruña
  • 7 Dariana Abigail Arancibia CH Coruña
  • 9 Ana Arufe CH Coruña
  • 11 Mª Ángeles Hernández CH Coruña
  • 16 Iria Guevara CH Pabellón
  • 17 Eyen Díaz CH Pabellón
  • 19 Carla Cid CH Pabellón
  • 20 Lucía Vargas CH Pabellón

Na clasificación por clubs Sub 18 femenino, o CH Coruña foi o campión con 735,08 puntos, seguido do CH Salamanca con 718,28 e o Asturias Weightlifting con 647,18. As galegas do CH Pabellón finalizaron a competición en quinto lugar con 485,59 puntos.

CONSULTA AQUÍ TODA A CLASIFICACIÓN

Etiquetas halterofiliaIrene BlancoRuth Fuentefría
Comparte8Chía1
Publicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As Nosas

Relacionado co tema

Xiana Pérez Brión, campioa no estatal Sub-17 de halterofilia / CLUB HALTEROFILIA CAMBRE

Digna Silo e Xiana Pérez, campioas de España de halterofila Sub-17

por Redacción As Nosas
03/06/2025
0

  Dúas halteras galegas acadan o título de campioas de España para a categoría Sub-17: Digna Silo (CH Coruña) (-77kg)...

As galegas Irene Blanco e Uxía Romero coas medallas acadadas no Campionato de Europa de halterofilia Sub-23 e Junior respectivamente / FEDERACIÓN GALEGA DE HALTEROFILIA

Irene Blanco, campioa de Europa Sub-23 de halterofilia en arrancada e total olímpico en -76kg

por Redacción As Nosas
03/11/2024
0

  A haltera galega Irene Blanco do Club Halterofilia Coruña conseguiu proclamarse campioa de Europa Sub-23 en -76kg nas modalidades...

Irene Blanco, Irene Martínez, Digna Silo, Martín Liste co seu adestrador Ferenc Szabo / CLUB HALTEROFILIA CORUÑA

Irene Martínez, Irene Blanco, Digna Silo e Martín Liste, na Copa de España de Halterofilia

por Redacción As Nosas
21/04/2024
0

  Os halteras do Club Halterofilia Coruña Irene Martínez, Irene Blanco, Digna Silo e Martín Liste particiaparon na Copa de...

Expedición coruñesa á Soroksár Cup / CLUB HALTEROFILIA CORUÑA

Éxito na participación do Club Halterofilia Coruña na Copa Soroksár de Budapest

por Redacción As Nosas
14/04/2024
0

  O Club Halterofilia Coruña participou con éxito na Copa Soroksár con dúas halteras femininas e dous masculinos.  Budapest, a...

Irene Martínez e Víctor Castro, no Campionato de Europa de Halterofilia / CH CORUÑA

Irene Martínez remata 15ª no Europeo Absoluto ao que acudiu logo de saír da súa lesión de cadeira

por Redacción As Nosas
14/02/2024
0

  A cidade de Sofía acolleu o Campionato de Europa Absoluto de Halterofilia (EWF). Na cita estiveron dous galegos do...

Ver máis
KIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - Publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022
Teresa Portela nos Xogos Olímpicos / RFEP

Teresa Portela, Medalla Emilia Pardo Bazán 2025

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0

O Ensino arrasa no Pazo Universitario

0
Teresa Portela nos Xogos Olímpicos / RFEP

Teresa Portela, Medalla Emilia Pardo Bazán 2025

11/07/2025
Belén Feal, nova adestradora do Burela FS / BURELA FS

Belén Feal é a nova adestradora do Burela FS

11/07/2025
Sara del Castillo, en Vejen / CLUB DEL MAR DE SAN AMARO

Sara del Castillo, entre os 7 españois que están no Team Europe Summer Camp en Vejen, Dinamarca

09/07/2025
Dépor ABANCA - Granada CF correspondente á 27 xornada da Liga F / @wykaszkowski

O Dépor ABANCA 2025-26 toma forma

09/07/2025
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos

© 2019 As Nosas SL.