A Federación Española de Patinaxe (FEP) cita a trece deportistas na Coruña para un adestramento e partido de control na modalidade de Hoquei sobre Patíns para xogadoras que teñan nacido no ano 2007. Están citadas sete xogadoras de clubs de Asturias, catro de Galicia e dúas do Bierzo para vindeiro domingo 20 de marzo.
As patinadoras galegas convocadas proceden do HC RESA Cambre, Celia Pinacho Asenjo, Club AA Dominicos, Claudia Sanjurjo Riquelme, e HC Deportivo Liceo, Mencía Mosquera Blanco e Inés Temprano Veiga.
A hora da convocatoria para o adestramento son as 10:45H. O traballo realizarse de 11:15 a 13:00 horas. O escenario será o Polideportivo de Monte Alto, na cidade coruñesa. Xa na tarde, contra ás 18:30 horas, xogarase un partido entre as 19:00 e as 20:30 horas no Pavillón Elviña II, tamén na Coruña.
Este é o listado completo de xogadoras convocadas pola FEP para esta cita:
- Lucía Sala Arroyo (P.) Telecable H.C.
- Noa Freije Sanchez Telecable H.C.
- Noa Alvarez Sanchez Telecable H.C.
- Manuela Lopez Alvarez (P.) C.P.Cuencas Mineras
- Ines Mata Casado Centro Asturiano de Oviedo
- Paula Peña Garcia C.P. La Corredoria
- Claudia Molano Vega A.D. Patinalon
- Mencía Mosquera Blanco (P) Deportivo Liceo
- Inés Temprano Veiga Deportivo Liceo
- Claudia Sanjurjo Riquelme Club AA Dominicos
- Celia Pinacho Asenjo H.C. RESA Cambre
- Sara Merayo Marqués C.D.Toni Sariol
- Julia Rodriguez Galán C.D.Toni Sariol
Desde a APG Bembibre CD Toni Sariol salientaba a convocatoria das patinadoras bercianas Sara Merayo e Julia Rodriguez sinalando: “Todo o esforzo ten recompensa. Son as primeiras xogadoras bercianas en recibir esta chamada”.