• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
Contido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.net
Inicio Máis Deporte Atletismo

Galicia acude con 38 atletas ao Campionato de España Sub-23 de Cáceres

Redacción As Nosas por Redacción As Nosas
10/07/2026
en Atletismo, Máis Deporte
A atleta Ainhoa Repáraz é unha das atletas que competirán no XLVI Campionato Xunta Sub-20 de Probas Combinadas pista cuberta / ATLETISMO GALEGO

Ainhoa Repáraz é unha das atletas que competirán no XLVI Campionato Xunta Sub-20 de Probas Combinadas / ATLETISMO GALEGO

55
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter
  • Un total de 38 atletas de Galicia vanse desprazar esta fin de semana ata a Cidade Deportiva da Xunta de Extremadura, en Cáceres, para participar no Campionato de España Sub-23 de atletismo, unha das grandes citas do calendario estatal da categoría e que reunirá durante o sábado e o domingo a máis de 700 participantes chegados de todos os recunchos do Estado.

A representación galega afronta este campionato con ambición e con nomes destacados en practicamente todos os sectores do programa, desde a velocidade e os valos ata os concursos, os lanzamentos, as probas combinadas e as remudas.

Entre os nomes propios da expedición galega sobresae Fabián Parada, do Barbanza, que competirá nos 400 metros lisos nun excelente momento de forma. O atleta barbanzán chega á cita cacereña cun estado físico e competitivo moi prometedor, ata o punto de que podería poñer en perigo o histórico récord galego de Isidoro Hornillos, vixente desde o ano 1979 cun rexistro de 46.24.

Ollo a Ainhoa Reparaz que aspira a medalla nos 100 m

Outra das grandes referencias galegas na velocidade será Ainhoa Reparaz, que recentemente establecía o récord galego absoluto dos 100 metros cunha marca de 11.47. A atleta chega a Cáceres nun momento óptimo e aspira a pelexar de maneira directa polas medallas na proba raíña da velocidade.

Nos valos, Galicia tamén contará con opcións destacadas. David Vicente, xa medallista de bronce no pasado campionato indoor, preséntase como un dos atletas con claras aspiracións grazas á súa marca acreditada de 14.31. Pola súa banda, Nerea Amigo, do CAPEX e ex plusmarquista galega Sub-23, terá unha boa oportunidade para volver achegarse á súa mellor versión, rebaixar os 14.14 e loitar por un posto de privilexio.

Na proba de 3.000 metros obstáculos, Pilar Rojo, do Riazor Coruña, acode ao campionato avalada pola oitava mellor marca das participantes, circunstancia que lle permite aspirar a un papel destacado nunha disciplina sempre moi esixente desde o punto de vista táctico e físico.

Nos saltos, o campión galego absoluto de lonxitude, Unai Loureiro, do Riazor Coruña, será outro dos atletas a seguir de preto. O coruñés competirá tanto en lonxitude como en triplo salto, dúas probas nas que buscará situarse nos postos de cabeza e nas que terá como reto mellorar os seus rexistros desta tempada, 7,31 metros e 14,90 metros, respectivamente.

Tamén nos concursos, Manuela Blanco, do Sanysec-Ourense, afronta no seu primeiro ano como atleta Sub-23 unha cita de gran esixencia na que tratará de achegarse á barreira dos 4 metros.

Atletas de lanzamentos

Nos lanzamentos, Galicia volverá presentar candidaturas de nivel. Xiana Lago, do Ría Ferrol, e Fernando Vallines, do Atletismo Portugalete, intentarán repetir presenza no podio, tal e como xa fixeran no pasado Campionato de España indoor, no que lograron a prata e o bronce, respectivamente.

Ademais, Nicolás Ortega, do Atletismo Portugalete, en disco, e Daniel Villanueva, do Sanysec-Ourense, en martelo, parten con algunhas das mellores marcas nos seus respectivos concursos, polo que se perfilan como aspirantes a pelexar polos postos de honra.

Precisamente no lanzamento de martelo feminino, a ourensá Blanca Pereira preséntase como unha das grandes favoritas ao título de campioa de España, despois de liderar con autoridade o ranking estatal grazas a un mellor lanzamento de 63,70 metros.

A lanzadora de martelo galega Blanca Pereira campioa de España sub16 RFEA
A lanzadora de martelo galega Blanca Pereira nunha imaxe de arquivo / RFEA

As probas combinadas volverán ser outro dos focos de interese para a participación galega. A internacional Lucía Sánchez del Valle, da Gimnástica, chega en moi bo estado de forma e sitúase como unha das aspirantes máis firmes ao título de campioa de España. Sen saír desta modalidade, tamén competirán sobre o sintético cacereño Carlota Salgado, do Celta Atletismo, e o subcampión de España indoor Xoel Otero, do Mazí, dous atletas cuxas marcas os colocan igualmente na loita polas medallas.

Lucía Sánchez del Valle / FEDERACIÓN ATLETISMO GALEGO
Lucía Sánchez del Valle / FEDERACIÓN ATLETISMO GALEGO

A presenza galega nesta edición, péchase coas remudas, apartado no que estará o Marineda Atlético que presentan ao seu equipo masculino de 4×100 metros, co obxectivo de ofrecer unha boa actuación e pelexar por un posto destacado nunha proba sempre aberta e de gran esixencia competitiva.

  • Tes máis información sobre o Campionato de España Sub-23, nesta ligazón á RFEA
Etiquetas Ainhoa ReparazatletismoBlanca PereiraCarlota SalgadoLucía Sánchez del ValleManuela BlancoNerea AmigoPilar RojoXiana Lago
ComparteChía
Publicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As Nosas

Relacionado co tema

Belén Toimil, acada o seu sétimo campionato de España de lanzamento de peso no absoluto ao aire libre 2026, na imaxe posa no podio coa medalla de ouro / RFEA - SPORT MEDIA

Oito medallas para o atletismo galego no Campionato de España Absoluto, a metade corresponden a atletas femininas

por Redacción As Nosas
28/07/2026
0

Grande actuación do atletismo galego no Campionato de España absoluto de atletismo celebrado en Málaga esta fin de semana. Galicia...

Antía Chamosa (prata), María Pérez (ouro) e Aldara Meilán (bronce) nos 10.000 metros marcha do Campionato de España de atletismo / RFEA SPORTMEDIA

Antía Chamosa e Aldara Meilán, prata e bronce nos 10.000 metros marcha do Campionato de España

por Redacción As Nosas
25/07/2026
0

As galegas Antía Chamosa e Aldara Meilán asinan a medalla de prata e a de bronce, respectivamente nos 10.000 metros...

Presentación da C10 con cartel de Antón Lezcano / CONCELLO DA CORUÑA

A carreira popular C10 estreará meta nesta vixésima edición: a praza de María Pita

por Redacción As Nosas
25/07/2026
0

A  alcaldesa do Concello da Coruña, Inés Rey, avanzou hoxe os primeiros detalles da próxima C10, a carreira popular máis...

Blanca Pereira, medalla de ouro no lanzamento de martelo no Campionato de España Sub-23 de atletismo 2026 / RFEA - SPORTMEDIA

Galicia regresa con catro medallas do estatal de Sub-23 de atletismo

por Redacción As Nosas
13/07/2026
0

A expedición galega de 37 atletas, asinou unha excelente actuación no Campionato de España Sub23, celebrado esta pasada fin de semana...

Equipos do Club Atletismo Sada e Samertolameu no Campionato de España mixto de Atletismo máster / FEDERACIÓN GALEGA DE ATLETISMO

Un milleiro de atletas de todo o país participarán esta fin de semana no Campionato de España Máster por equipos que acolle A Coruña

por Redacción As Nosas
10/07/2026
0

Esta fin de semana, A Coruña acollerá un novo evento deportivo de primeiro nivel: o Campionato de España Máster por Equipos....

Ver máis
KIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - Publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022
Belén Toimil, acada o seu sétimo campionato de España de lanzamento de peso no absoluto ao aire libre 2026, na imaxe posa no podio coa medalla de ouro / RFEA - SPORT MEDIA

Oito medallas para o atletismo galego no Campionato de España Absoluto, a metade corresponden a atletas femininas

0
Plantilla do Viaxes Amarelle FSF na Copa da Raíña / VIAXES AMARELLE

O Viaxes Amarelle visita Esteiro para conseguir o liderado

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0
Belén Toimil, acada o seu sétimo campionato de España de lanzamento de peso no absoluto ao aire libre 2026, na imaxe posa no podio coa medalla de ouro / RFEA - SPORT MEDIA

Oito medallas para o atletismo galego no Campionato de España Absoluto, a metade corresponden a atletas femininas

28/07/2026
RC Deportivo ABANCA vs Valencia CF / SABELA MOSCOSO

Tere Abelleira podería estar barallando o seu regreso ao Dépor ABANCA

26/07/2026
Antía Chamosa (prata), María Pérez (ouro) e Aldara Meilán (bronce) nos 10.000 metros marcha do Campionato de España de atletismo / RFEA SPORTMEDIA

Antía Chamosa e Aldara Meilán, prata e bronce nos 10.000 metros marcha do Campionato de España

25/07/2026
Presentación da C10 con cartel de Antón Lezcano / CONCELLO DA CORUÑA

A carreira popular C10 estreará meta nesta vixésima edición: a praza de María Pita

25/07/2026
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos

© 2019 As Nosas SL.