A Federación Galega de Baloncesto realizou o sorteo para a Fase Final da XXXVI edición da Copa Galicia Sénior Feminina.
A competición copeira Feminina para este 2023 iniciarase cunha Fase Previa protagonizada polos equipos galegos de Liga Feminina 2: CB Arxil, Maristas Coruña e Mariscos Antón Cortegada. Os tres disputarán unha liga a unha volta con data tope para a súa conclusión no 24 de setembro.
O mellor equipo desta previa clasificarase para Fase Final, en cuxas semifinais xa teñen un posto directo pola súa condición de equipos de LF Endesa: Durán Maquinaria Ensino, Celta Zorka Recalvi e Baxi Ferrol.
📣 A F. Final da Copa Galicia Sénior Feminina ⛹🏻♀️ xa ten 📅
🏀Con sede por determinar, as semis celebraranse o 2️⃣9️⃣ de setembro. A final o 1️⃣ de outubro!
En xogo👇@Celtabaloncesto @EnsinoLugoCB @UniFerrol @MaristasCoruna @ArxilCb @ADCORTEGADA
— FGB (@FGB_Baloncesto) July 31, 2023
O 29 de setembro disputaranse as semifinais que, tras o sorteo celebrado este luns, déixanos os duelos Durán Maquinaria Ensino vs Campión da Fase Previa e Baxi Ferrol vs Real Club Celta Recalvi. A hora de ambos os partidos comunicarase en próximos días.
A celebración da Final da Copa Galicia queda marcada para o 1 de outubro, en horario tamén por determinar.
Os encontros da Fase Previa da Copa Galicia viviranse nos pavillóns que indiquen os equipos locais en cada caso. Pola súa banda, a sede que acollerá a Fase Final darase a coñecer en vindeiras datas.