Tras o parón dunha semana, a liga Guerreras Iberdrola volvía ao Pavillón Municipal do Porriño ao grande. O Conservas Orbe Rubensa Bm Porriño e o Caja Rural Aula Valladolid, rivais directos na clasificación, enfrontábanse no Partido Estrela da xornada.
Con Malena Vales no centro, o Conservas Orbe Rubensa BM Porriño poñía en marcha o balón co primeiro ataque errado, que á súa vez respondería unha gran defensa que permitiría sumar o primeiro tanto ao marcador local. O Caja Rural Aula Valladolid empezou atopando serios problemas para atacar a defensa porriñesa.
Cumpridos o primeiros cinco minutos, o marcador estaba 2-1 a favor das de Ismael Martínez. O equipo do Val dá Louriña estaba a facer un gran traballo en defensa con especial protagonismo baixo paus, onde Estela Carrera mostraba todo o seu potencial.
Pasados os dez minutos, o Conservas Orbe Rubensa Bm Porriño estaba a xogar con dobre superioridade, tras as dúas exclusións no sete das valisoletanas. O Caja Rural Aula Valladolid tivo que xogar coa portería baleira e a través do seu pivote, Irene Botella, romperían a seca na que se vía mergulladas.
Os minutos pasaban e o Conservas Orbe Rubensa Bm Porriño continuaba loitando por manter a diferenza no marcador, pero María O´Mullony botouse a faceta goleadora ás costas e comezou a recortar distancias no marcador. Así no minuto 19:33, o equipo visitante conseguiu empatar o partido cun 9-9, tras os erros nos pases das porriñesas que permitiron correr ao Caja Rural Aula Valladolid.
A falta de cinco minutos para terminar este primeiro tempo, o electrónico volveu estar a favor do Conservas Orbe Rubensa BM Porriño cun 13-10. As porriñesas volveran a aumentar a súa intensidade en defensa con Sarai Samartín e Aitana Santomé defendendo no centro. Ademais, Mica Casasola estaba a ser totalmente efectiva para portería. Chegou o descanso e o Conservas Orbe Rubensa BM Porriño levou a primeira parte con 13-10.
Chégase ao descanso con Conservas Orbe Rubensa por diante
O Conservas Orbe Rubensa BM Porriño comezou a segunda parte defendendo cunha gran intensidade. Desta forma, a Caja Rural Aula Valladolid tiña que traballar moito máis os seus ataques diante o 6:0 que presentaban as porriñesas.
O equipo porriñés estaba a facer un gran traballo en ataque, tendo especial importancia as primeiras liñas como Casasola, Vales ou Buforn na faceta goleadora. O ritmo de xogo nesta segunda parte estaba a ser moi rápido, sen apenas descanso. Chegado o minuto dez, o resultado continuaba a favor do conxunto porriñés cun 21-16.
O Conservas Orbe Rubensa BM Porriño estaba a loitar cada balón e iso estábase vendo no resultado final. Pola súa banda, o Caixa Rural non estaba no seu mellor momento e por mor de varias imprecisións en ataque permitiu ao equipo galego poñer terra polo medio. A falta de dez minutos para a conclusión, o Conservas Orbe Rubensa BM Porriño mantiña o marcador cun 27-20.
O tempo seguía correndo e con el, o conxunto porriñés. No últimos cinco minutos, o equipo dirixido por Ismael Martínez mantiña a súa intensidade en defensa e en ataque. Finalizou o encontro e o Conservas Orbe Rubensa Bm Porriño non fallou en casa, sumando así outros dous puntos ao seu marcador cun resultado de 33-27.
FICHA TÉCNICA
33) CONSERVAS ORBE RUBENS BM PORRIÑO: Carolina Bono, Micaela Casasola (8), Alicia Campo (1), Malena Valles (9), Inés Hernández, Aitana Santomé (1), Ariana Portillo, Maider Barros (1), Sarai Samartín, Paulina Buforn (6), Carmen Prelchi (3), Thais Fermo (4), Carme Castro, Estela Carrera, Begoña Otero y Fátima Ayelén.
27) CAJA RURAL AULA VALLADOLID: Elba Álvarez (2), Jimena Laguna (3), Fiorella Corimberto, Lydia Blanco (1), Inoa Lucio (6), María O´Mullony (5), Caterina Benedetti (1), Irene Botella (3), Teresa Álvarez, Laura Bazco, Savina Bergara (4), Amaia González de Garibay (2), Carmen Sanz y Alba Badás.
MARCADOR CADA CINCO MINUTOS: 2-1, 5-1, 8-4, 10-9, 11-10, 13-10 (descanso) 17-12, 21-16, 25-19, 27-20, 31-23 e 33-27.
EQUIPO ARBITRAL: Miguel Martín Soria e Jesús Álvarez. Excluíron, por parte do Conservas Orbe Rubensa Bm Porriño, a Sarai Samartín e Carmen Prelchi. Polo bando do Caja Rural Aula Valladolid excluíron a María O´Mullony, Teresa Álvarez, Savina Bergara e ao técnico Miguel Ángel Peñas.
INCIDENCIAS: Partido correspondiente á quinta xornada da Liga Guerreras Iberdrola.