• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga Iberdrola
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Primeira Nacional G1
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Hoquei
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga Iberdrola
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Primeira Nacional G1
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Hoquei
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
PUBLICIDADE - EN REFORMA PUBLICIDADE - EN REFORMA PUBLICIDADE - EN REFORMA
Inicio Fútbol Sala Primeira División Fútbol Sala

Tres puntos de ouro para o Viaxes Amarelle ante o Rayo Majadahonda AFAR 4 FSF

As coruñesas collen folgos logo de imporse 1-2 a un rival que marca os postos de salvación

Redacción As Nosas por Redacción As Nosas
01/05/2021
en Fútbol Sala, Primeira División Fútbol Sala
Banco do Viaxes Amarelle / SABELA MOSCOSO

Banco do Viaxes Amarelle / SABELA MOSCOSO

106
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter
En Reforma - PublicidadeEn Reforma - PublicidadeEn Reforma - Publicidade

 

O Viaxes Amarelle FSF afrontaba hoxe, sábado 1 de maio, un partido vital nas súas aspiracións durante a presente tempada ao enfrontarse contra un Rayo Majadahonda Afar 4 FSF. Trátase do rival que, actualmente, marca a permanencia na categoría. As herculinas souberon sufrir durante todo o partido a un contrario cun gran potencial ofensivo, e adiantáronse no marcador cun gol de Candela Soria. Aínda que as locais puxeron as táboas a oito minutos do final, Cris Lourés conseguía pór o 1-2 a falta de 47 segundos para o final do encontro, e conseguir así tres puntos de ouro para o tramo final da competición ligueira.

O partido empezaba cun Viaxes Amarelle FSF que iniciaba o encontro querendo ter o balón e levar a iniciativa, pero atopouse cun Rayo Majadahonda Afar 4 FSF que saía moi ben á contra, e moi pronto tería dúas ocasións moi claras sobre a portaría herculina, aínda que sen fortuna de face a gol.

Os minutos pasaban e as futbolistas coruñesas conseguía crear perigo en accións a balón parado, mentres que as locais facían traballar á meta galega para manter a súa portaría a cero. Os minutos pasaban e o partido terminaríase por ir ao tempo de asueto co 0-0 inicial.

Na continuación, o Viaxes Amarelle FSF atrasábase na súa liña de presión e buscaba tentar sorprender á contra; e aos dous minutos de xogo, Yaiza saca en longo a Candela Soria, que recibe en posición de pivote e vírase sobre o seu rival para enganchar un potente disparo cruzado que termina ao fondo da rede majariega para adiantar ao cadro dirixido por Jorge Basanta (0-1).

Leti Rojo / VIAXES AMARELLE FSF
Leti Rojo / VIAXES AMARELLE FSF

Con este gol por diante, as locais apertaron os dentes e foron cada vez máis a por a portaría visitante, pero un gran traballo defensivo e excelentes accións de Leti Rojo, baixo paus, permitían manter a vantaxe no marcador; ata que a falta de oito minutos para o final do encontro, Vero conseguía finalizar unha rápida contra, nunha xogada de unha para unha ante a meta galega (1-1).

Coa igualada xa no marcador, chegarían os minutos decisivos para o partido; onde os equipos tiñan que loitar polo tres puntos, pois o empate non convencía a ningún. Foi así como, a falta de seis minutos para o termo do partido, o Viaxes Amarelle FSF optaba polo xogo de cinco, e aínda que non conseguiron finalizar ningún ataque de forma prometedora, as majariegas tiveron que intensificar o seu defensa. Este cambio no xogo terminou por provocar dúas faltas de Pitu, que serían sancionadas con cartón amarelo, e deixaría ao equipo local cunha xogadora menos os últimos dous minutos e medio de partido.

A expulsión de Pitu deixaba ao Amarelle en vantaxa numérica sobre a pista

Coa opción de superioridade, sen necesidade do xogo de cinco, o conxunto dirixido polo técnico galego Jorge Basanta tentouno en varias ocasións sen fortuna. A falta de que cumprisen sete segundos para a sanción de 2 minutos das locais, chegaría un gol de Cris Lourés, que finalizaba no segundo pau un pase de Anna Escribano e puña o 1-2 no marcador.

Aínda quedaba 47 segundos de partido por diante, e o Rayo Majadahonda Afar 4 FSF era quen sacaba agora o xogo de cinco. As locais querían pelexar, como mínimo, por acadar un empate. O seu intento non obtiña froitos xa que a boa defensa galega conseguía manter con uñas e dentes unha vantaxe.

Este valiosísimo trunfo concélles as coruñesas tres puntos de ouro neste tramo final da competición ligueira onde as laranzas loitará pola permanencia na máxima categoría nacional.

Así está a táboa logo desta vitoria das coruñesas

Con este +3 no marcadora, o conxunto herculino consegue distanciarse en oito puntos das Adegas Sommos Intersala Promesas Zaragoza FSF, que actualmente marca o descenso directo; e nove puntos do Cidade de As Burgas FSF e o Gran Canaria FSF Teldeportivo. Quedan 15 puntos en xogo para o outro equipo galego e 18 puntos para mañas e canarias, ao ter un encontro aprazado cada un dos equipos.

Jorge Basanta, adestrador Viaxes Amarelle / SABELA MOSCOSO
Jorge Basanta, adestrador Viaxes Amarelle / SABELA MOSCOSO

Por outra banda, logo desta vitoria, as herculinas empatan a puntos, aínda que cun partido máis as galegas, co equipo que marca a permanencia, Rayo Majadahonda Afar 4 FSF, polo que se ve que se prevé unha segunda volta desta segunda fase da competición apaixonante para o conxunto herculino, na súa loita por manter a categoría na elite do fútbol sala feminino.

Na seguinte xornada as de Basanta repiten rival

Tras a disputa deste encontro aprazado da primeira volta da segunda fase da competición regular, o Viaxes Amarelle FSF regresará o luns aos adestramentos; e o próximo fin de semana terán un novo partido clave nas aspiracións pola permanencia na Primeira División Nacional Feminina de Fútbol sala.

O cadro herculino disputará a sexta xornada do subgrupo D, o sábado 8 de maio de 2021 ás 18:00 horas no Pavillón Municipal de Sagrada Familia (A Coruña) recibindo, precisamente ao Rayo Majadahonda Afar 4 FSF. Así que as madrileñas devolverán a visita desta fin de semana ás galegas

FICHA TÉCNICA

RAYO MAJADAHONDA AFAR 4 FSF: Lauri, Pitu, Coral, Vero e Moni – quinteto inicial – Tamén xogaron: Carmen, Marta, Chili, Pitxi e Cels.

VIAXES AMARELLE FSF: Leti Rojo, Cris Lourés, Candela Soria, Anna Escribano e Patri Romaní – quinteto inicial – Tamén xogaron: Lau Doce, Patri Corral, Yaiza, María Gómez, Tana e Sofía.

Goles: 0-1 Candela Soria (min. 22); 1-1 Vero (min. 32); 1-2 Cris Lourés (min. 40).

ÁRBITROS: Ignacio Del Olmo Martínez e Alejandro Jarque Ruíz do Colexio de Árbitros de Madrid. Mesa: Mónica Pérez García do Colexio de Árbitros de Madrid. Amonestaron: Pitu do Rayo Majadahonda Afar 4 FSF (Dobre cartón amarelo). Tana, Sofía, Diego Rodríguez e Jorge Basanta do Viaxes Amarelle FSF (cartón amarelo).

INCIDENCIAS: Partido aprazado correspondente á primeira xornada do Subgrupo D de la Primeira División Nacional Femenina de Fútbol Sala disputado o sábado 1 de maio, no Polideportivo Municipal de La Granadilla na cidade de Majadahonda (Madrid).

Etiquetas FSFfútbol salaJorge BasantaMajadahondaRAYO MAJADAHONDAviaxes amarelle
ComparteChía
Publicidade - Premios Deporte Galego 2019-2022 - Xunta de GaliciaPublicidade - Premios Deporte Galego 2019-2022 - Xunta de GaliciaPublicidade - Premios Deporte Galego 2019-2022 - Xunta de Galicia

Relacionado co tema

Poio Pescamar vs Pescados Rubén Burela / EMMA LOSADA - PRBFS

O Burela vence ao Poio Pescamar no primeiro partido da semifinal galega (3-1)

por Redacción As Nosas
04/06/2023
0

  O Pescados Rubén Burela FS obtén o primeiro punto na semifinal galega do play-off ao vencer na Seca ao...

Duelo no futsal galego entre Burela Pescados Rubén vs Poio Pescamar / PRBFS

A semifinal galega empeza na Seca cun novo ‘Derbi das Costas’ entre Poio e Burela

por Redacción As Nosas
03/06/2023
0

  Hoxe, sábado 3 de xuño a partir das 18:30 horas, o pavillón da Seca acolle o primeiro partido da...

Pescados Rubén Burela vs Poio Pescamar, pretempada 22-23 / PRBFS

O último partido da liga regular enfronta a Poio e Burela co segundo posto en xogo

por Redacción As Nosas
26/05/2023
0

  Mañá sábado día 27 de maio, ás 18.30 horas no Pavillón Municipal A Seca de Poio, xogarase o último...

Ascenso do Castro FSF á elite do futsalfem español / RFEF

Galicia terá seis equipos na élite do FutSalFem estatal na campaña 2023-24 ao ascender o Castro FSF e manterse o Viaxes Amarelle

por Redacción As Nosas
21/05/2023
0

  A Primera División do futsal feminino español ten 16 equipos. O vindeiro curso seis deles serán galegos. Esta fin...

Despedida Peque / BURELA FS

Vitoria 7-3, trofeo e despedida en Burela co adeus da capitá Peque

por Redacción As Nosas
21/05/2023
0

  Goles, lágrimas na despedida de Peque, e un novo trofeo que ofrecer á afección no último partido de Liga...

Ver máis
Premios Deporte Galego 2019-2022 - Xunta de Galicia - publicidadePremios Deporte Galego 2019-2022 - Xunta de Galicia - publicidadePremios Deporte Galego 2019-2022 - Xunta de Galicia - publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022
Dépor ABANCA vs CP Cacereño Femenino / SABELA MOSCOSO

Todo ou nada para o Dépor ABANCA en Abegondo

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0

O Ensino arrasa no Pazo Universitario

0
Dépor ABANCA vs CP Cacereño Femenino / SABELA MOSCOSO

Todo ou nada para o Dépor ABANCA en Abegondo

09/06/2023
Copa de España na Montefaro Enduro Race / RFEC

Cinco riders galegos coroáronse gañadores da Copa de España na Montefaro Enduro Race

09/06/2023
Lorena Patiño, ciclista do XSM, na proba de Tarancón da Copa de España de ciclocross / RFEC

Pontevedra e As Pontes, no calendario da Copa de España de Ciclocrós 2023

09/06/2023
BTT / FEDERACIÓN CICLISMO GALEGO

Xornada de Tecnificación FCG para Infantís de BTT

09/06/2023
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga Iberdrola
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Primeira Nacional G1
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Hoquei
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión

© 2019 As Nosas SL.