Novo triunfo do Conservas Orbe Rubensa BM Porriño, esta vez na casa ante o Grafometal Sporting La Rioja (26-21). Xa van cinco vitorias seguidas. As galegas mantéñense firmes na zona noble da táboa clasificatoria. Levaban ocupando a 4ª posición da Liga Guerreras desde a sexta xornada, agora suben á 3ª praza, aínda que hai que matizar que xogaron un partido máis cas súas rivais. Empatan a 14 puntos coas primeiras, Supera Amara Bera Bera, e as segundas, o Rocasa Gran Canaria, e teñen un punto máis cas cuartas, o Costa del Sol Málaga.
💚 ¡Disfruta de las mejores imágenes del partido adelantado de la Jornada 10! 🔛
👉🏻 @BmPorrino 26:21 @SportingLR
📈 ¡El equipo gallego encadena cinco victorias seguidas!
#SheLovesHandball #LigaGuerrerasIberdrola pic.twitter.com/1CnCxW3PT0— Liga Guerreras Iberdrola (@IberdrolaDHF) December 11, 2022
O Pavillón Municipal do Porriño volvía acoller esta fin de semana un novo partido da liga Guerreras Iberdrola. O Grafometal Sporting La Rioja, equipo recentemente ascendido visitaba as terras galegas no partido adiantado da décima xornada e con necesidades de puntuar. Pola súa banda, o Conservas Orbe Rubensa BM Porriño volvían xogar en casa e gañaba 26-21.
O partido deu comezo e ambos os equipos empezaron cunha gran enerxía e dinámica. Paulina Buforn poñería o primeiro tanto no marcador para as locais, pero non tardaría en responder o Grafometal Sporting La Rioja e poñerse en igualdade.
As visitantes propoñían unha defensa 6:0 moi pegadas á liña de seis metros que permitía ao Conservas Orbe Rubensa BM Porriño atacar en posicional e movendo o balón con rapidez. Pola súa banda, o equipo galego propoñían a mesma defensa, pero apostaban polas disuasiones nos laterais evitando que lanzasen desde o exterior. Pasados o primeiros dez minutos e as porriñesas mandaban no resultado cun 7-4.
Ao ver isto, as rioxanas pasaron a unha defensa 5:1 cun avanzado que impedía xogar a Malena Vales con comodidade na zona central. As porriñesas estaban a saber xestionar ben o que se lles propoñía cun xogo moi dinámico coas súas segundas liñas. No minuto 12:23, o técnico do Grafometal Sporting La Rioja pediu tempo morto para reordenar ao seu equipo, o cal tivo o seu efecto tras o ataque efectuado e o que Carla Rivas acabou transformando.
Final do encontro e a victoria quédase no Porriño. As nosas continúan coa boa racha e xa pensan no último partido do ano ‼️
Conservas Orbe Rubensa Bm Porriño 26🆚 @SportingLR 21
📷 @xoelgil #LigaGuerrerasIberdrola pic.twitter.com/8zNyE0e76l
— Club Balonmano Porriño (@BmPorrino) December 10, 2022
A defensa das porriñesas estaba a facer un gran traballo e con grandes intervencións en portería de Fátima Ayelén, que estaba a axudar a manter a distancia no resultado. Con todo, o Grafometal Sporting La Rioja non quedou cos brazos cruzados e no minuto dezasete, tras o gol de Blanca Benítez, recortou distancias e púxose a dous goles de diferenza.
A falta de dez minutos para o final e tras un bo traballo defensivo, o Conservas Orbe Rubensa BM Porriño volvía coller diferenza cun 11-7. No equipo rival, Marina González estaba a se botar o ás costas a faceta goleadora, pero as porriñesas atopábanse máis acertadas a pesar dos erros que estaban a cometer.
Nestes últimos minutos, o Conservas Orbe Rubensa BM Porriño quería continuar tendo as rendas do encontro. Continuou coa mesma liña defensiva que dificultaba o ataque das rioxanas e na faceta ofensiva optando por un ataque posicional que lles asegurase o gol. Chegou o final da primeira parte e o resultado mantíñase a favor das xogadoras que adestra Isma Martínez cun 13-11.
O segundo tempo deu comezo co Conservas Orbe Rubensa BM Porriño poñendo en xogo o balón e que Paulina Buforn transformaría o gol desde os sete metros. En defensa, as locais saíran máis intensas, pero o Grafometal Sporting La Rioja tiraba de recursos para non irse do partido. Ante iso, o equipo local cambiou o seu defensa a un 5:1 con Aitana Santomé no avanzado para dificultar o ataque dos seus rivais. Chegou o minuto cinco e o marcador estaba 16-13 a favor das locais.
A defensa do Grafometal Sporting La Rioja estaba a saber presionar moi ben a primeira liña porriñesa e estáballes ocasionando problemas ás locais ao provocarlle diversos erros. As locais estaban a compensar a falta de dinamismo en ataque cunha defensa dura.
O Grafometal Sporting La Rioja colócase a un punto
Tras a penetración de Andrea Loscos na defensa porriñesa, Isma Martínez pediu tempo morto, xa que os seus rivais poñíanse a tan só un tanto de diferenza. O Conservas Orbe Rubensa BM Porriño atopouse cunha defensa moi presionante por parte dos seus rivais, pero Malena Vales poñería a diferenza de dúas desde a súa especialidade, a zona de penalti.
Desde ese momento, o partido estaba a ser un tira e afrouxa. As rioxanas estaban inspiradas en ataque e estaban a atopar ocasións favorables para converter os seus ataques en gol. Minuto quince e o marcador posicionábase a favor das locais con 19-18. As rioxanas tiñan balón para empatar, pero a defensa local volveu aparecer.
Entrado no últimos dez minutos, o Conservas Orbe Rubensa BM Porriño mantiña o marcador do seu parte (22-21) e cun ataque para poñerse a dous tantos de diferenza e así foi. Sarai Samartín estaba a saber ler ben a defensa do Grafometal Sporting La Rioja e co seu xogo sen balón estaba a ser unha das xogadoras do partido.
Ayelén estaba a marcar a súa presenza en portería e sendo unha salvadora na defensa local. As xogadoras porriñesas habían entrado na recta final e estaban a saber pausar o partido. Chegou o final do partido e o Conservas Orbe Rubensa BM Porriño quedaba con estes dous novos puntos cun 26-21.
FICHA TÉCNICA
26) CONSERVAS ORBE RUBENSA BM PORRIÑO: Micaela Casasola (3), Alicia Campo, Malena Valles (6), Inés Hernández, Aitana Santomé, Ariana Portillo (1), Maider Barros (1), Sarai Samartín (6), Paulina Buforn (6), Carmen Prelchi (3), Lucía Méndez, Estela Carrera e Fátima Ayelén.
21) GRAFOMETAL SPORTING LA RIOJA: Tatiana Lozano, Lorena Pérez (3), Mariia Boklashchuk (5), Blanca Benítez (3), Edina Demic, Elena Navarro, Cristina Viñuela (1), Rebeca García, Damljana Bosnjak (1), Carla Rivas (2), Marina González (3), Gema Trujillo (2), Lucía Ladrera, Andrea Loscos (1) e Ariana Medeot.
MARCADOR CADA CINCO MINUTOS: 3-2, 7-4, 9-5, 11-7, 11-9, 13-11 – descanso -, 16-13, 17-14, 19-18, 22-21, 24-21, 26-21.
EQUIPO ARBITRAL: A parella arbitral estivo formada por Óscar Gutiérrez e Jorge Monjo. Na mesa estiveron José Rodríguez Hernández e Sara Iglesias Hernández. Por parte do Conservas Orbe Rubensa Bm Porriño excluíron ás xogadoras: Inés Hernández, Aitana Santomé, Sarai Samartín e Carmen Prelchi. Pola banda do Grafometal Sporting La Rioja foron excluídas as deportistas: Tatiana Lozano, Lorena Pérez, Andrea Loscos e tamén Juan José González.
INCIDENCIAS: Partido correspondiente á décima xornada da Liga Guerreras Iberdrola disputado no pavillón municipal do Porriño.