• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
Contido publicitario | EnReforma.net Contido publicitario | EnReforma.net Contido publicitario | EnReforma.net
Inicio Máis Deporte Máis disciplinas deportivas

Tres medallas e tres diplomas, os éxitos das nosas catro paralímpicas

Dous ouros, unha prata e un trío de diplomas son a colleita que Adi Iglesias, Susana Rodríguez, Desirée Vila e Vicky Alonso traen baixo o brazo logo do seu paso por Tokyo 2020, ningunha volveu sen premio ao seu esforzo

Silvia Carregal por Silvia Carregal
07/09/2021
en Baloncesto, Atletismo, Máis Basket, Máis Deporte
As Nosas Paralímpicas

As Nosas Paralímpicas

249
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter

Catro deportistas galegas competiron nos Xogos Paralímpicos en cinco modalidades que deron como colleita un total de tres metais e tres diplomas. O paso por Tokyo 2020 das nosas paralímpicas so se pode cualificar de exitoso. Adi Iglesias, Susana Rodríguez, Desirée Vila e Vicky Alonso, son todo un cuarteto de deportistas paralímpicas galegas e bravas.

A lucense de adopción e natural de Mali, Adiaratu Iglesias Forneiro, é quen trae maleta máis cargada de metais. A velocista fíxose cunha medalla de ouro nos 100m T13 e coa prata nos 400m T13. Por raro que pareza a segunda podería considerarse aínda máis meritoria que a primeira. O  motivo é que estamos diante dunha distancia á que Adi Iglesias aínda se está afacendo, de feito, na recta final dos 400m pode verse como a atleta do  Lucus Caixa Rural vai perdendo a súa vantaxe aos poucos.

🥈 #GaliciaOlímpica 🏃‍♀️ #Atletismo 400m T13
🔹 #PREMIO🔹
Esta prata🥈, sumada ao 🥇ouro nos 100m T13 son o premio ao esforzo de todos os anos que @AdiIglesias leva preparándose para ser mellor atleta.
Parabéns‼️
📸 EFE pic.twitter.com/owDpEuAR52

— fundaciondeportegalego (@fdeportegal) September 5, 2021

Nos 100m T13 Adi Iglesias xa partía como unha das grandes favoritas por tempos e non defraudou. Nas dúas probas paralímpicas a saída non foi a mellor, pero nas dúas remontou cun punto de velocidade digno das máis grades.

🥇#GaliciaOlímpica 🏃‍♀️#Atletismo 100m T13
🔹 #OBXECTIVO 🔹
Feito. Obxectivo cumprido. Ouro. Campioa. Brava!
📸EFE pic.twitter.com/yqzs5NyOz1

— fundaciondeportegalego (@fdeportegal) September 1, 2021

Susana Rodríguez Gacio, ouro, diplome e hito entre as paralímpicas española 

O outro nome propio destes Xogos Paralímpicos é, sen dúbida, o dunha loitadora galega que fixo historia non so por acadar un ouro e un diploma, que tamén, senon por ser a primeira deportista española paralímpica en competir nuns mesmos Xogos en dúas disciplinas deportivas diferentes: tríatlon e atletismo. Como seguramente xa caíchedes na conta, falamos de  Susana Rodríguez Gacio.

A viguesa foi ouro en tríatlon PTVI, cunha autoridade enorme diante das súas competidoras. Xunto coa súa deportista de apoio, Sara Loehr cruzou a liña de meta cunha clara vantaxe con respecto á segunda clasificada.

🇪🇸 ¡La emoción de un país! Susana Rodríguez (@SuRGAcio) y Sara Loehr se cuelgan la medalla de oro en triatlón PTVI #ParalímpicosRTVE28A

📺 https://t.co/RhDvCcdM4q pic.twitter.com/dkJdXS3mlE

— Teledeporte (@teledeporte) August 28, 2021

Desde a primeira proba, a natación, Susana Rodríguez Gacio foi ganándolle tempo ás outras deportistas paralímpicas, fíxoo tamén sobre o tandem na proba de ciclismo e, finalmente na carreira a pé.

Na liña de meta chegaron por detrás, a 3:56, o dúo de triatletas conformado pola deportista italiana Anna Barbaro e a súa guía Charlotte Bonin, que se fixeron así coa medalla de prata. Na terceira posición, 4:30 de Susana Rodríguez, acadaba o bronce a francesa Annouck Curzillat que tiña por deportista de apoio a Celine Bousrez.

🥇 #GaliciaOlímpica 🏊‍♀️🚴‍♀️🏃‍♀️ #Tríatlon PTVI
🔹 #SORRISO🔹
Tras recibir a medalla de ouro, recompensa ao traballo feito, @SuRGAcio e Sara Loehr posaban así de sorrintes.
📸EFE pic.twitter.com/52MPFDlKRM

— fundaciondeportegalego (@fdeportegal) August 29, 2021

Con moi pouco tempo de recuperación logo de afrontar toda unha proba de tríatlon en condicións de calor e humidade complicadas, Susana Rodríguez Gacio plantáballe cara aos 1.500 m T11 co tamén galego Celso Comesaña como deportista de apoio. E conseguiu diploma! Foi quinta cun tempo de 4:52.67.

Foi a final máis rápida dos 1.500m da historia duns Xogos Paralímpicos. A mexicana Mónica Oliva Saavedra, ouro, tumbou o récord do mundo cun crono de 4:37.40. 

🏃‍♀️ #GaliciaOlímpica
Quinto posto e Diploma paralímpico para @SuRGAcio e @CelsoComesana na final do 1.500m T11 de #Tokyo2020 cun tempo de 4:52.67.
A final foi a máis rápida da historia. A mexicana Mónica Oliva Saavedra, ouro, bateu o récord do mundo cun crono de 4:37.40!
📸EFE pic.twitter.com/uHjW2JXUyW

— fundaciondeportegalego (@fdeportegal) August 30, 2021

Desirée Vila, diploma en salto

A galega de Gondomar, Desirée Vila, competía en atletismo en dúas modalidades: o salto de lonxitude e os 100m. En ambos os dous casos na categoría T63.

A deportista galega acadou o sexto lugar na competición de salto de lonxitude T63 cun mellor salto de 4.02 m.  A súa competición foi: 3.99, 3.83m, 4:00m, 3.81m, 4.02m e 3.59m.

🏃‍♀️👟 #GaliciaOlímpica
Así é un salto de @desivila98 #Tokyo2020
FOTO 📸 EFE pic.twitter.com/D1WsDKOdZt

— fundaciondeportegalego (@fdeportegal) September 3, 2021

Desirée Vila quería mellorar a súa marca persoal  nestes Xogos pero non puido ser. Se cadra por iso a deportista non remataba de estar satisfeita da súa actuación neste concurso. Amosaba así, con bágoas nos ollos as súas sensacións logo da competición de salto.

🏃‍♀️ @desivila98 foi sexta en salto de lonxitude e diploma @Paralimpicos‼️

☺️ Bágoas de emoción nos seus ollos‼️

🎙️»Estou moi contenta e tamén amolada porque quixen facelo mellor. Pero estou contenta por todo o apoio, as mensaxes…grazas a todos» 👏👏👏 pic.twitter.com/YJOGywhvuN

— En Xogo tvG2 (@EnXogo_tvG2) September 2, 2021

Pola contra, nos 100m T63, Desi Vila non conseguía meterse na final paralímpica, quedaba sen diploma pero si que batía a súa mellor marca. A velocista galega remataba a súa quenda no sétimo lugar cun tempo de 16.84.

🏃‍♀️ #GaliciaOlímpica
Nos 100M T63, a velocista galega @desivila98 rematou a súa quenda no 7º lugar cun tempo de 16.84 conseguindo unha das súas metas en #Tookyo2020 que era mellorar a súa marca persoal.
Con todo, non puido meterse na final.
📸 EFEhttps://t.co/R1Yq4AWYcF pic.twitter.com/hak2coytXZ

— fundaciondeportegalego (@fdeportegal) September 4, 2021

Diploma para Vicky Alonso no baloncesto en cadeira de rodas

Desde terras viguesas a xogadora Vicky Alonso foi parte integrante da Selección Española de baloncesto en cadeira de rodas que acadou o seu pase a cuartos de final e con iso adxudicouse un diploma paralímpico, o terceiro dos acadados polas deportistas galegas. Desta volta, non deporte de equipo que Vicky Alonso leva anos practicando.

🏀 #GaliciaOlímpica
Alemaña foi superior a España nos cuartos de final (57-33). O resultado por parciais foi: 16-13 / 8-6 / 19-5 e 14-9.
🗓️ O seguinte partido das españolas será polo 7º posto o xoves 2 de setembro ás 8:00 h.
▶️Consulta as estatísticas👇https://t.co/n7RmpGaunW pic.twitter.com/GQFAa0teP9

— fundaciondeportegalego (@fdeportegal) August 31, 2021

Etiquetas Adi IglesiasAdiaratou Iglesiasatletismobaloncesto en cadeira de rodasCelso ComesañaDESIREÉ VILASara LoehrSusana Rodríguez GacioTokyo 2020triatlónVicky AlonsoXogos ParalímpicosXX.PPXXPP
Comparte1Chía1
Publicidade - subscrición ao boletín de As Nosas Publicidade - subscrición ao boletín de As Nosas Publicidade - subscrición ao boletín de As Nosas

Relacionado co tema

Podio feminino do Campionato Galego de atletismo sub-20 de clubs 2026 / FEDERACIÓN GALEGA DE ATLETISMO

Sanysec-Ourense e Atletismo Sada, campións galegos Sub-20

por Redacción As Nosas
13/10/2026
0

As pistas do Centro Galego de Tecnificación Deportiva (CGTD) de Pontevedra acolleron o pasado 10 de outubro unha nova edición...

Mélanie Mariño ganadora da carreira do Ventorrillo do Circuíto Coruña Corre da A Coruña / CONCELLO DA CORUÑA

Aberta a inscrición na carreira popular do Ventorrillo na Coruña

por Redacción As Nosas
09/10/2026
0

O barrio do Ventorrillo acollerá o vindeiro domingo 25 a penúltima carreira popular desta tempada do circuíto Coruña Corre, que...

As atletas competirán nas pistas da USC / FEDERACIÓN GALEGA DE ATLETISMO

Seis atletas galegos estarán no Mundial Máster de Maratón de Zagreb

por Redacción As Nosas
06/10/2026
0

Seis atletas galegos e galegas participarán o vindeiro 11 de outubro no Campionato do Mundo Máster de Maratón, que se...

Presentacion do libro 'Chámome Julia', de Isidoro Hornillos, no que se conta a historia da atleta galega Julia Vaquero / FEDERACIÓN GALEGA DE ATLETISMO

“Chámome Julia”, o libro de Isidoro Hornillos que conta a historia da atleta galega Julia Vaquero

por Redacción As Nosas
29/09/2026
0

Logo de ser protagonista dalgúns dos grandes momentos da historia do atletismo español, Julia Vaquero volveu situarse no centro da...

Carreira da Muller na Coruña / CONCELLO DA CORUÑA

Preto de 7.000 mulleres participaron na Carreira da Muller na Coruña

por Redacción As Nosas
27/09/2026
0

Case 7.000 mulleres participaron este domingo nunha nova edición da Carreira da Muller, que volveu tinguir de rosa as rúas...

Ver máis
KIA - Corgal Automóviles - Publicidade KIA - Corgal Automóviles - Publicidade KIA - Corgal Automóviles - Publicidade
Plugin Install : Widget Tab Post needs JNews - View Counter to be installed
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0

O Ensino arrasa no Pazo Universitario

0
Baxi Ferrol no encontro fronte o Pozuelo / BAXI FERROL

O Baxi Ferrol e o Celta Zorka Recalvi acadan sendos triunfos na novena xornada da Liga Feminina 2 de Baloncesto

0
CRAT Residencia Rialta contra o CR Olímpico de Pozuelo na 6 xornada de liga

O CRAT segue invicto e axexa os postos de ‘play off’

0
Minuto de silencio en memoria de María del Carmen Díaz, socia nº 49 do RCD, e Jesús de Miguel, futbolista do CD Tenerife, antes da disputa do partido Dépor ABANCA vs Valencia CF Femenino, Liga F, partido disputado no Estadio ABANCA - Riazor / S.M.

Infortunio para o Dépor ABANCA que non atina co gol e acaba derrotado en Riazor ante un Valencia que colle folgos (0-2)

10/11/2026
Podio feminino do Campionato Galego de atletismo sub-20 de clubs 2026 / FEDERACIÓN GALEGA DE ATLETISMO

Sanysec-Ourense e Atletismo Sada, campións galegos Sub-20

13/10/2026
Vitoria do Durán Maquinaria Ensino en Lugo na LF Endesa / ENSINO LUGO

Vitorias para Ensino e BAXI na 3.ª xornada da LF Endesa na que o Celta colleita a súa 3.ª derrota

11/10/2026
A Selección Española, campioa do mundo de hoquei a patins feminino nos World Skate Games con María Sanjurjo nas súas filas / FEP

María Sanjurjo repite como campioa do mundo de hoquei a patíns coa Selección Española

11/10/2026
Contacta co departamento de publicidade - As Nosas Contacta co departamento de publicidade - As Nosas Contacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos

© 2019 As Nosas SL.