• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
Contido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.net
Inicio Máis Deporte Atletismo

Tres medallas, catorce finalistas e tres récords absolutos autonómicos, balance galego no Campionato de España de atletismo ao aire libre

Ouro para Belén Toimil e prata para Lidia Parada | A cubana afincada en Galicia, Yulenmis Aguilar, lanzou a xavelina ata os 64.17m. e colócase sexta no ránking mundial

Redacción As Nosas por Redacción As Nosas
27/06/2022
en Máis Deporte, Atletismo
Lidia Parada, récord no lanzamento de xavelina / FEDERACIÓN GALEGA DE ATLETISMO

Lidia Parada no lanzamento de xavelina / FEDERACIÓN GALEGA DE ATLETISMO

694
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter

 

Un total de tres medallas individuais, dúas delas femininas, unha nos relevos, tres récords de Galicia e catorce postos de finalistas, foi o balance total da representación galega que acudiu esta fin de semana a tomar parte no Campionato de España de atletismo ao aire libre que se levou a cabo na localidade malagueña de Nerja.

A plusmarquista estatal Belén Toimil, confirmaba no círculo de lanzamentos a súa hexemonía sobre o sector impoñéndose claramente cun mellor intento de 17.80 m. a máis de dous metros da segunda clasificada e engadindo un novo título estatal ao seu palmarés. Repetía a nosa lanzadora olímpica a súa participación neste campionato no lanzamento de disco sobre o que tamén destacaba ao lograr unha sexta posición con 48.66 m.

 

Ver esta publicación en Instagram

 

Una publicación compartida de Belén Toimil (@belentoimil)

O tamén olímpico e finalista mundial Adrian Ben deparaba outra nova alegría para o atletismo galego logo de acadar unha meritoria medalla de prata sobre os 800 m. remontando nunha expléndida última recta e cedendo tan só ante o campión nacional Alvaro de Arriba quen marcaba 1:45.82 polos 1:46.01 do viveirense.

Prata para Lidia Parada en xavelina

A catro veces campioa de España absoluta Lidia Parada do Barbanza, logo da súa ausencia no nacional do ano pasado, volvía subir novamente a o podio grazas ao seu lanzamento de 53.29 m. que lle daban unha fantástica medalla de prata.

Nesta mesma modalidade a cubana afincada en Galicia Yulenmis Aguilar convertíase na protagonista ao lanzar ata nada menos que os 64.17 m. que a colocan no top mundial da xavelina, aínda que non entraba en competición (xa que aínda non conta con pasaporte español) a marca rexístrase e colócana nada menos que sexta no ránking mundial. Como ela mesma apuntaba, de contar xa coa nacionalidade española, tería batido o récord de España.

Ver esta publicación en Instagram

 

Una publicación compartida de Yulenmis Aguilar Martinez (@yulenmis_aguilar)

Nesta mesma disciplina e na que Paula Piñón do A.F. Celta con 47.32 m. e Carmen Sánchez do Unicaja Jaén con 46.17 m. lograban postos de finalistas na quinta e sexta posición respectivamente.

No resto de lanzamentos, a armada galega acadaba importantes postos de finalistas nas distintas modalidades. Así no concurso de martelo femenino Irene Gómez lanzaba ata os 56.02 m., polos 61.58 m. de Ignacio Fernández e os 61.60 m. do céltico Yago Araujo. Carlos Revuelta da Gimnástica era finalmente noveno con 60.14 m. e Blanca Pereira do Ourense Atletismo décima con 52.57 m.

Adi Iglesias, sexta e récord galego absoluto

Nas probas de velocidade o máis destacado foi a gran actuación da bimedallista paralímpica e plusmarquista galega Adi Iglesias. Novamente a lucense do Lucus daba mostras da súa enorme calidade logrando nas semifinais o récord de Galicia Absoluto con 24.10 que lle daban o acceso a toda unha final onde remataba sexta e na que tan só o vento a favor +2,5 impedíronlle rebaixar novamente a plusmarca galega ata os 24.00.

Seguindo ca velocidade, Adrián Pérez marcaba nas eliminatorias dos 100 m. un destacado crono de 10.56 malia que un pinchazo no aductor impediulle tomar parte nas semifinais. O internacional Mauro Triana do Playas de Castellón pola súa banda, avanzaba ata as series semifinais dos 200 m. logrando un crono de 21.34.

Sobre os 400 m. excelente comportamento dos nosos especialistas nas semifinais. Si Pedro Juncal do Celta recortaba décimas ao crono dos 400 m. con 47.39 que supoñen unha MMP, non menos destacada foi a marca lograda por Jacobo Soler con 47.56 quen ademáis contribuía a lograr a medalla de bronce do equipo navarro do Grupompleo Pamplona dos 4×400 m.

No medio fondo, María Carballido do Atletismo Friol nos 800 m. remataba a súa semifinal en 2:10.33 polos 4:28.32 (MMP) sobre os 1.500 m. da subcampioa de España indoor Sub20 Antía Castro do Ourense Atletismo .

Nos 5.000 m. importante representación galega na que tanto Carmela Cardama como Ester Navarrete daban mostras da súa calidade ocupando a cuarta e sexta posición con 16.14.37 e 16:20.09 respectivamente. Na competición masculina El Medhi El Naboaui remataba na final na décimo primeira posición cun rexistro de 14:05.87.

Cuarto posto e récord galego para Antía Chamosa

No sector de marcha moi destacada actuación das nosas e nosos atletas. Para comezar a medallista europea Sub23 Antía Chamosa remataba na cuarta posición cun rexistro de 45:14.10 o que representa unha nova plusmarca galega absoluta. Un récord galego máis que caía nesta cita.

 

Ver esta publicación en Instagram

 

Una publicación compartida de A n t í a 💫 C h a m o s a (@antichada)

Na categoría masculina o tamén gimnástico Daniel Chamosa establecía outro dos récords galegos absolutos con 41:14.82  que lle valían de igual modo para ser finalista. Por último, a internacional Carmen Escaríz do Ourense Atletismo, completaba un excelente campionato no que remataba nun sexto lugar con 46:36.47.

Nos valos David Vicente do Playas de Castellón e Santiago Rozas do Lucus lograban nas súas eliminatorias 14.64 e 14.95 polos 14.14 do venezolano con ficha galega polo Atletismo Narón Gerson Izaguirre quen chegaba ata as semifinais.

Na categoría femenina pola súa banda, excelente comportamento tanto de Lucía Ferrer da Gimnástica como de Teresa Rodríguez do Riazor Coruña ao marcar nas eliminatorias sendas MMP con 14.29 e 14.39. respectivamente. Nos valos baixos Claudia Rojo, recén chegada dos EE.UU., apiques estivo de baixar do minuto nas semifinais con 1:00.69.

No resto de actuacións, presenza da campioa de España do ano pasado Leticia Gil no foso de lonxitude, quen chegaba nesta ocasión ata uns destacados 6.17 m. nun concurso de gran nivel gañado con 6.34 m. A de Valdeorras lograba finalmente a quinta posición nunha modalidade na que tamén tomaba parte Olaia Guisela Becerril e Gerson Izaguirre do Narón os cales lograban posto de finalista con 5.78 m. e 7.34 respectivamente.

Sen abandonar a area, mal día para a finalista do estatal do ano pasado en triplo salto Alba Cuns quen non puido efectuar ningún salto válido. Uxía Paz do Celta pola súa banda lograba un moi bo noveno posto con 12.13 m. Nesta disciplina non puido participar debido a súa próxima maternidade Ana Peleteiro.

Continuando co repaso a atletismo galego neste Campionato de España ao aire libre cheo de récords, salientamos a importante actuación dos nosos combineros neste nacional. A campioa de España Sub23 indoor Eva Queimaño lograba a súa segunda mellor marca persoal con 4.923 puntos no heptathlon o que lle permitía acadar posto de finalista. Mesmo posto de finalista lograba Adolfo Sáinz Maza do Celta quen nun excelente momento, lograba estar novamente por encima da barreira dos sete mil puntos.

Resultados das atletas galegas no Campionato de España absoluto de atletismo ao aire libre 2022 / FEDERACIÓN GALEGA DE ATLETISMO
Resultados das atletas galegas no Campionato de España absoluto de atletismo ao aire libre 2022 / FEDERACIÓN GALEGA DE ATLETISMO
Etiquetas Adi Iglesiasaire libreAlba CunsAntía CastroAntía ChamosaatletismoBelén ToimilBlanca PereiraCampionato de EspañaCarmela CardamaCarmen EscarizClaudia RojoEster NavarreteEva QueimañoIrene GómezLeticia GilLidia ParadaLucía FerrerMaría CarballidoOlaia Guisela BecerrilPaula PiñónTeresa RodríguezUxía PazYulenmis Aguilar
Comparte3Chía2
Publicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As Nosas

Relacionado co tema

Blanca Pereira, medalla de ouro no lanzamento de martelo no Campionato de España Sub-23 de atletismo 2026 / RFEA - SPORTMEDIA

Galicia regresa con catro medallas do estatal de Sub-23 de atletismo

por Redacción As Nosas
13/07/2026
0

A expedición galega de 37 atletas, asinou unha excelente actuación no Campionato de España Sub23, celebrado esta pasada fin de semana...

A atleta Ainhoa Repáraz é unha das atletas que competirán no XLVI Campionato Xunta Sub-20 de Probas Combinadas pista cuberta / ATLETISMO GALEGO

Galicia acude con 38 atletas ao Campionato de España Sub-23 de Cáceres

por Redacción As Nosas
10/07/2026
0

Un total de 38 atletas de Galicia vanse desprazar esta fin de semana ata a Cidade Deportiva da Xunta de...

Equipos do Club Atletismo Sada e Samertolameu no Campionato de España mixto de Atletismo máster / FEDERACIÓN GALEGA DE ATLETISMO

Un milleiro de atletas de todo o país participarán esta fin de semana no Campionato de España Máster por equipos que acolle A Coruña

por Redacción As Nosas
10/07/2026
0

Esta fin de semana, A Coruña acollerá un novo evento deportivo de primeiro nivel: o Campionato de España Máster por Equipos....

Presentación da Axenda Deportiva lucense por parte da vicepresidencia da Deputación de Lugo / ZAR Belén Rodríguez Reyes Fernández Efrén Castro Alisa Urdaneta Uxía Folgueira Inés Mourenza Elena López Elsa Pena Tania Fernández Noa López Clara Carreira Carmen Carballada Silvia Rubal Sandra Pumares

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo pon en valor ás deportistas da provincia visibilizando as súas figuras cunha axenda deportiva que protagonizan 18 delas

por Redacción As Nosas
09/07/2026
0

  Esta Axenda Deportiva Tempada 2026-27 vaise distribuír ao longo do ano en actos institucionais ligados ao deporte. Os relatorios...

Xogos do Eixo Atlántico / CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

O Xogos do Eixo Atlántico, unha cita entre culturas en Compostela

por Redacción As Nosas
07/07/2026
0

As pistas da Universidade de Santiago de Compostela (USC) acolleron onte a celebración da XVI edición dos Xogos do Eixo...

Ver máis
KIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - Publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022
Blanca Pereira, medalla de ouro no lanzamento de martelo no Campionato de España Sub-23 de atletismo 2026 / RFEA - SPORTMEDIA

Galicia regresa con catro medallas do estatal de Sub-23 de atletismo

0
Plantilla do Viaxes Amarelle FSF na Copa da Raíña / VIAXES AMARELLE

O Viaxes Amarelle visita Esteiro para conseguir o liderado

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0
Blanca Pereira, medalla de ouro no lanzamento de martelo no Campionato de España Sub-23 de atletismo 2026 / RFEA - SPORTMEDIA

Galicia regresa con catro medallas do estatal de Sub-23 de atletismo

13/07/2026
Seleccións Galegas de fútbol gaélico na edición dos World Games de 2023 en Derry / AGFG

Galicia acude aos ‘World Games 2026’ de fútbol gaélico con catro equipos

11/07/2026
Circuíto 3x3 Urban Deputación de Pontevedra / FEGABA

A primeira parada do Circuíto de Baloncesto “3×3 URBAN – Deputación de Pontevedra” en Vilagarcía de Arousa reprográmase para os días 1 e 2 de agosto

10/07/2026
A atleta Ainhoa Repáraz é unha das atletas que competirán no XLVI Campionato Xunta Sub-20 de Probas Combinadas pista cuberta / ATLETISMO GALEGO

Galicia acude con 38 atletas ao Campionato de España Sub-23 de Cáceres

10/07/2026
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos

© 2019 As Nosas SL.