Partidazo no Municipal do Porriño. Ou polo menos iso pinta sobre o papel. Xogan dous equipos empatados puntos na segunda posición e coas espadas sen alto para quedarse con ese posto en solitario. Falamos do Conservas Orbe Rubensa Bm Porriño e do Málaga Costa del Sol. En xogo neste encontro están moitas cousas: o xa citado segundo posto, os dous puntos obvios da xornada, pero tamén o golaverage de cara a posibles empates no final de competición nesta Liga Guerreras Iberdrola.
Este sábado, 18 de febreiro, ás 18:00 horas, o Pavillón Municipal do Porriño acollerá o encontro entre o Conservas Orbe Rubensa Bm Porriño e o Málaga Costa del Sol. A cita deportiva corresponde á 15ª xornada da liga Guerreras Iberdrola.
Ambos os equipos atópanse na mesma situación con 14 partidos xogados, deles conseguiron nove vitorias, un empate e catro derrotas. Por tanto, sitúanse na táboa cun total de 19 puntos. A única diferenza é que, no partido da ida, as malagueñas impuxéronse como locais ao equipo galego pola mínima (27-26).
En canto ao Málaga Costa del Sol., a modo de recordatorio da última xornada xogada impúxose con contundencia ao Zubileta Evolution Zuazo Barakaldo cun resultado de 31-24. Pola súa banda, o Conservas Orbe Rubensa Bm Porriño sufriu na pista do Gurpea Beti-Onak Azparren Gestión, pero na que finalmente obtivo unha nova vitoria cun 28-32.
Ismael Martínez: “Estamos nun posto privilexiado, gustaríanos mantelo”
Para este novo encontro, o técnico do Conservas Orbe Rubensa Bm Porriño, Ismael Martínez, fala das sensacións que hai no grupo que adestra: “afrontamos o partido do sábado con moitísima ilusión. Ao final, estamos nun posto privilexiado e gustaríanos mantelo, ou mesmo se podemos, coller algo de vantaxe que sería incrible”.
En canto ao seu rival, destaca do conxunto malagueño todo o potencial que teñen. “Málaga é un equipo chamado a estar nos postos nobres”. Cre que o bloque de xogadoras do Málaga Costa del Sol é un dos mellores da liga e que “é un equipo que a nivel creativo é do mellor da liga, é dicir, xoga moi libre fomentando a creatividade das súas xogadoras”.
Explica o adestrador do Conservas Orbe Rubensa BM Porriño que a clave do partido pasará por “tentar que non sentan cómodas, cortar a circulación de balón e tentar xogar as nosas bazas para levarnos os dous puntos”.
Ademais, Ismael Martínez chama a toda a afección a asistir a este partido, debido a que o conxunto porriñés necesitará todos os ánimos posibles para afrontar este novo reto no Pavillón Municipal do Porriño. “Necesitamos toda a axuda que podamos da nosa xente”.
Suso Gallardo, adestrador do Costa del Sol: “É das saídas máis complicadas do ano”
O técnico do Málaga Costa del Sol, Suso Gallardo declaraba que o cruce co conxunto galego é un “partido dos que presta xogar.
Gallardo non dubidaba en mostrar a transcendencia dun triunfo ante as galegas. “Tal e como está a clasificación o que gañe conseguirá unha vantaxe de dúas e o golaverage”.
Admitía o adestrador das malagueñas que “cada partido é unha final e se encima enfrontámonos entre nós aínda máis. Pero isto é moi longo, hai que xogar este sábado e ir a por todas, son dous puntos craves, aínda que se logo non seguimos facendo os deberes de nada servirán estes”.
Para a brasileira do Málaga Costa del Sol Gabi Pessoa o cruce co conxunto do Porriño “É unha das saídas máis complicadas do ano. O grupo é consciente diso”, explicaba na web do club andaluz.
Pesso declaraba que as vermellas “están arriba e este ano van e pelexan con todo. O traballo debe ser impecable para levaronso esos dous puntos que van ser moi duros, aseguraba a primeira liña do Málaga. O partido contra do Porriño é moi importante debido a que están xogando moi ben esta tempada. Queremos sacar os dous puntos e seguir no segundo lugar”, apuntaba a brasileira.
Gabi Pessoa, xogadora do Málaga Costa del Sol: “Queremos sacar os dous puntos e seguir no segundo lugar”
Nesta xornada 15ª hai outro cruce interesante na zona alta que será ao que enfronte ao Rocasa Gran Canaria e ao Atticgo BM Elche. As primeiras están un punto por debaixo de malagueñas e galegas, e as segundas dous.